CD As Pontes Feminino

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-CD SEGOSALA (5-4)

Vitoria do Esteo nas Somozas ante un rival directo, nun encontro no que pasou do 3-1 ao 3-4, para lograr un 5-4 nun último minuto trepidante

O Esteo comezaba este sábado, tamén nas Somozas, a segunda volta da Liga recibindo ao equipo do Segosala, herdeiro do mítico Caja Segovia, que fora Campión de Europa e da Intercontinental en 2000.

Marchaban ao descanso os locais 2-0 con tantos de Guillán e o canteirán Eloy, e co encontro encarrilado, pero de pouco lles serviu pois nun parsimonioso saque de centro moi listo estivo Monir para roubar o balón, regatear a Failde e marcar por alto apenas transcurridos cinco segundos da segunda parte.

Tras un bo servicio de Alberto anotaba Guillán o 3-1, pero faltando cinco minutos, co porteiro xogador anotaba o 3-2 Alex pola escadra e pouco despois tras unha mala finalización de xogada na contra empataba César.

E gracias, porque Failde salvou varias e un xogador baixo paus. Tamén é certo que Jhony picou un balón ante a saída do porteiro e por desgracia foi ao longueiro.

Pero os últimos 65 segundos de encontro foron trepidantes. Tras ser expulsado Jandro os visitantes anotaban ao pouco tempo da superioridade por medio de Óscar de tiro cruzado pegado ao poste. Pero ao pouco de saír o Esteo co porteiro xogador Faílde anotaba o 4-4 chegando só ao segundo pau.

Faltando 50 segundos arriscaron os casteláns leoneses co porteiro xogador pero os ponteses roubaron un balón e cando Guillán se dispoñia a rematar a porta baleira é empurradoo por detrás decretando os colexiados penalti que o propio xogador se encargou de transformar de forte disparo restando 25 segundos, anotando o 5-4 definitivo e o seu particular hat trick.

Tres puntos de ouro do Esteo ante un rival directo ao que xa alonxa en seis puntos, situándose con 23, a mesma distancia que a súa próxima visita, o Coruxo, da gran localidade olívica, estando ambos rivais cun encontro menos.

O ESTEO FS. MFailde, Guillán, Alberto, Jhony, Troncho – Héctor, Jandro,  JFailde, Dani, Eloy.

CD SEGOSALA. Ángel, Polonio, Óscar, César, Alex – Monir, Samu, Marcos, Guille, Unai.

GOLES. 1-0, Guillán (6´), 2-0, Eloy (9´). 2-1, Monir (20´), 3-1, Guillán (25´), 3-2, Alex (35´), 3-3, César (36´), 3-4, Óscar (39´), 4-4, Javi Failde (39´), 5-4, Guillán, de penalti (40´).

Incidencias. Amarelas a Héctor e Marcos. Expulsado con vermello directo Jandro (39´). Uns 50 espectadores no Pavillón das Somozas.

Nova Cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

PREFERENTE NORTE. CD SANTABALLÉS 1 – CD AS PONTES 1

O As Pontes araña un punto nun derbi no que xogou cun menos casi toda a segunda parte

Vibrante derbi o vivido este domingo á tarde en Santaballa que rematou con empate a 1-1. Vellos coñecidos no equipo da parroquia vilalbesa, como o mítico Iago Castro, Jandro ou Josiño.

Comezaron chegando máis os locais e dun centro de banda dereita, Iago, en posición franca na área pequena mandou o balón por riba do longueiro (13´). Si anotou máis adiante de penalti tras apreciar o colexiado que Rey o derrubou dentro da área enganando a Paco (23´).

A raíz do gol o As Pontes subiu liñas e tras unha falta lateral botada por Bellas rematou de cabeza Iván Pérez establecendo o empate pouco antes do descanso (43´). Incluso puido facer un segundo o cadro pontés nunha boa xogada de Moreda por banda dereita que lla sirve a Toni que manda a bola a rentes do pau (46´).

No segundo tempo complicabanselle as cousas ao As Pontes cando o central Iván vía a segunda amarela e quedaba cun home menos (57´). Por riba a Paco deulle un sol potente na cara no último tramo e incluso acabou renqueante.

Pero xogar con dez espoleu aos ponteses que dominaron máis neste segundo acto, e os branquiazuis nos últimos minutos, pero sen grandes ocasións para ningún dos dous equipos que acabaron por dar por boa a igualada.

Cuarto partido oficial entre ambos conxuntos, e terceiro empate. Na 2009-10 do ascenso pontés a Terceira, 0-0 no Poboado, e 0-4 na Liga na segunda volta, tantos de Jorge Parada (2), Iván González e Álvaro.

Nesta campaña, 2-2 en As Pontes, e 1-1 esta tarde en Santaballa que deixa aos ponteses con 17 puntos antes de recibir ao Foz nun partido vital. Os lucenses teñen 12 antes de visitar ao Betanzos.

CD SANTABALLÉS. Ivo, Rubén, Chechu, Muñiz, Nito, Martín, Palomo (Jandro 75´), Ferreiro, Yago, Vérez (Óscar 89´), Casas (Hugo 65´).

CD AS PONTES. Paco, Criado, David (Jaime 82´), Iván, Montes, Rey (Pájaro 45´) Brais (Traba 58´), Toni, Moreda (Edgar 82´), Sergio, Bellas (Vilela 67´).

Goles: 1-0, Iago Castro, de penalti (23´), 1-1, Iván Pérez (43´).

Árbitro: Eduardo Rodríguez Penas. Auxiliado por Bermúdez Seoane e Zas Suárez. Amarelas a Rey, Chechu e Ferreiro. Expulsado por dobre cartón Iván Pérez (57´).

Incidencias. Campo de A Liga. Uns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s