CD As Pontes Feminino

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1- CLUB LEMOS 0

Vitoria pontesa en sábado de Entroido

Triunfo do As Pontes no partido disputado este sábado de Entroido nos últimos minutos, tal como acontecera hai 15 días co Victoria, o equipo que saiu con máis esmero acabou atopando o triunfo no último suspiro, nesta ocasión foi Javi Rey que aproveitou moi ben un balón morto e unha defensa algo contemplativa tras saque de córner de Vilela para anotar o tanto dos tres puntos.

Anteriormente neste segundo período resaltar dous bos zapatazos de Vilela, e incluso nas postrimerías puido sentenciar Pajaro cun remate dentro da área, mentes que polos de Alberto López apenas resaltar algún tímido acercamento nas botas de Sidibe.

O equipo situase quinto con 33 puntos antes de visitar ao líder Sarriana. Decimo quinto encontro oficial no Poboado e sétimo triunfo local, por tres visitantes e cinco empates.

Ultima vitoria visitante foi 0-2 na 2004-05, que respondeu o cadro azul cun 0-3 na segunda volta nese sprint final no que subiu a Terceira o Atlético Mineiro (actual Xallas) e Lemos, quedando ás beiras, terceiro, o As Pontes, ao que o valor doble dos goles na eliminatoria entre o Bouzas e Móstoles, 2-2 e 1-1, afastou ao cadro olívico da Segunda B, e aos azuis da Terceira por un suspiro.

CD As Pontes. Kike, Criado (Berto 82´), David, Iván, Montes, Vilela, Lucki (Traba 91´), Jaime (Rey 73), Moreda (Pájaro 65´), Sergio, Bellas (Brais 82´),

Lemos. Pablo, Guitián (Asier 84´), Rubén (Mauro 32´ Miguel 89´), Dafonte, Armesto, Nacho, Alamiz, Jorge (Daniel 68´), Álvaro, Side, Castro (Varda 84´).

Goles: 1-0, Javi Rey (87´).

Árbitro: Rodríguez Campos (A Coruña). Auxiliado por Cusset Ramírez e Bermúdez Seoane. Amarelas a Montes, Brais, Rey, Guitián, Mauro, Side.

Incidencias. Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores en tarde fría e soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-A ESTRADA FUTSAL (1-2)

Derrota do Esteo nas Somozas en sábado de Entroido

Derrota do Esteo no pavillón das Somozas 1-2 ante un Estrada que lle ten tomada a medida este ano pois tamén ganou na ida 6-5.

Décimo partido do Esteo en Somozas, máis dous en Fene, no que os visitantes aproveitaron un mal pase de Javi que lle custou un gol a seu irmán, que nada puido facer, obra do ferrolán Caínzos, e un segundo gol que entrou tras petar nos dous paus.

Por parte pontesa apenas puido recurtar distancias Héctor cun gran gol de tiro cruzado, desperdiciando os verdes moitas ocasión no segundo período.

Seguen os de Marcos e Senén quintos con 35 puntos, e necesitan un triunfo máis, ou catro puntos, que lle dean tranquilidade. Difícil será que os consigan en sendas visitas consecutivas a Coruxo e Albense, que se xogan o descenso, pero hai nove partidos para facelo.

O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Guillán, Jhony, Troncho – Jandro, Héctor, JFailde, Alberto.

A ESTRADA FUTSAL. Yago, Pablo, Samu, Moro, Caínzos – Jorge, Pepe, Marcos, Alex, Rober.

GOLES. 0-1, Caínzos (12´), 1-1, Héctor (17´). 1-2, Moro (23´).

Incidencias. Amarelas a Guillán, Jhony e Jorge. Uns 60 espectadores no Pavillón das Somozas en partido que alternaba co Somozas-Viveiro.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

LIGA GALEGA XUVENIL. CD AS PONTES 1 – SCDR GALICIA DE CARANZA 2

Partido este sábado á mañá no Anexo José

Derbi comarcal o vivido esta mañá de sábado nos Campos do Poboado, no que o As Pontes se adiantou por medio de Xoel, pero no segundo tempo remontaron os ferrolás con tantos de Pedro e Mathias.

Con esta sufrida vitoria o líder invicto Caranza suma 40 puntos, mentres o As Pontes segue oitavo con 16 antes de visitar ao Polvorín, que suma 9.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s