—

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-LEIS PONTEVEDRA FS (4-2)
O Esteo situase cuarto e garante a salvación
Gran vitoria do Esteo 4-2 ante o Leis de Pontevedra para apuntalar a cuarta praza e pelexar polos postos de play off nestas seis xornadas restantes, pero sobre todo para garantir a salvación no peor dos casos con 41 puntos, que non é pouco para un equipo que chegou a ir de último.
Nun encontro no que visitaba Somozas o histórico Leis de Pontevedra que xogara na Primeira División na 2007-08, empatado a puntos cos ponteses, adiantabanse os de Marcos e Senén tras un forte disparo de Alberto, e a poucos segundos do descanso era Héctor quen marcaba internándose polo segundo pau. Entremedias empatara Simón dun bo disparo pola escadra.
Na segunda parte o Esteo adicouse a manter a ventaxa con apenas ocasións de perigo visitante ben desbaratadas polo gardameta, ata que a falta de sete minutos sorprendía Saúl cun disparo a media altura a MFailde.
Pero cando parecía que o encontro camiñaba cara a igualada, Jandro, e Héctor ao borde do final poñían o 4-2 en sendas contras para os locais, que se sitúan cuartos con 41 puntos antes de visitar ao perigoso Universidad de Valladolid.
Gran partido con animación e agasallos nas Somozas, con moita cativería por primeira vez, i é que por desgracia a rapazada nesta campaña 2021-22 non puido disfrutar de fútbol sala en As Pontes.
O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Héctor, Alberto, Jhony – Jandro, JFailde, Troncho, Eloy.
LEIS PONTEVEDRA FS. Álvaro, Nico, Mario, Joni, Cley – Adri, Arturo, Alberto, Saúl, Simón, Raúl.
GOLES. 1-0, Alberto (14´), 1-1, Simón (17´), 2-1, Héctor (20´). 2-2, Saúl (33´), 3-2, Jandro (36´), 4-2, Héctor (39´).
Incidencias. Amarelas a Héctor, Troncho, JFailde, Joni, Álvaro, Adri. Máis de 100 espectadores no Pavillón das Somozas.






























































Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández
—

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 0 – RIBADEO FC 1
Inxusta derrota do As Pontes no último minuto
Derrota dolorosa do As Pontes na tarde de hoxe ante o Ribadeo, que coma na ida, voltou gañar no último minuto.
O segundo período foi de total dominio local, e sen ter ocasións moi claras, si cabe resaltar dous lanzamentos por riba de Bellas, unha cabezada de Brais por riba do longueiro, un man a man de Moreda e outro de Lucki co gardamallas visitante, ou un balón que se pasea pola área pequena que termina en remate bombeado de Sergio.
O Ribadeo buscaba as contras, sen apenas perigo, pero foi expulsado Criado no desconto, e ir todo o equipo local cara arriba que quedou a retaguardia desguarnecida e no último suspiro anotou completamente só Santi ante Paco, que salvara outra antes, e nada puido facer.
O equipo da Mariña fixo o Agosto esta campaña co pontés, pois xa na ida, gañando todo o encontro 0-1, ao quedar cun máis empataron co tempo cumprido e logo gañaron no último minuto.
De feito esta é a segunda vitoria en As Pontes do Ribadeo, por doce do As Pontes. As dúas últimas visitas, 5-0 na 2017-18 e 4-0 na 2018-19.
Corenta anos habería que remontarse para a única vitoria do Ribadeo no Poboado, 1-2 na Preferente da 1981-82. Último partido da primeira fase ante o Residencia de Lugo.
CD As Pontes. Paco, Criado, Berto, Iván, David (Toni 62´), Traba, Lucki, Jaime (Moreda 62´), Brais (Pájaro 69´), Vilela, Bellas.
Ribadeo. Diego, Proxi, Xairo (Antón 80´), Roi, Hermida, Santi, Iván (Matelo 66´), Jacob (Samu 90´), Cris, Andrés, Núñez.
Goles: 0-1, Santi (94´).
Árbitro: Beatriz Cuesta Arribas (A Coruña). Auxiliada por Gil Soriano e Costas Rodal. Amarelas a Santi, Xairo, Antón, Vilela. Expulsou con vermello directo a Sergio Criado (92´).
Incidencias. Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores.

























































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

LIGA FERROL FEMININA. CD AS PONTES 2 – CULTURAL MANIÑOS SD 3
O As Pontes mereceu o empate tras marchar ao descanso con 0-3
Derrota do equipo feminino este domingo á mañá no campo artificial por 2-3 ante a Cultural Maniños.
As de Fene comezaron como un ciclón e apenas aos dez minutos xa se puxeron 0-3 con tantos de María por dúas veces e Lorena.
Pero no segundo período as azuis foron a por todo e recurtaban distancias tras unha boa xogada de Paula Castro que remataba a capitana Carlota de cabeza ao fondo das mallas.
Logo era Indira a que anotaba un golazo pola escadra tras un disparo dende banda esquerda. Dispuxo de ocasións o cadro local para acadar o empate, coma un remate de Nuria que sacou con apuros a gardamallas, pero o marcador non se moveu.
O equipo de Iván Rodríguez chegaba cun empate 0-0 ante o Rosalía de Vilaboa e unha vitoria 2-1 ante o Discalzas de Cedeira.
Xogaron Iria, Yoli, Indira, Noelia, Paula, Carlota, Carolina, Silvia e Nuria. Cuartas con catro puntos. Próxima xornada complicada visita á Capela.








































































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

LIGA GALEGA XUVENIL. CD AS PONTES 1 – OLÍMPICO DE RUTIS CF 1
Partido este martes no Anexo José
Bo Empate do xuvenil pontés neste martes festivo chuvioso ante o segundo clasificado, que se adiantou xusto antes do descanso, pero viu como a falta de cinco minutos perdía o liderato cun desafortunado tanto en propia meta do seu porteiro.
Con esta igualada, o Olímpico queda a un punto do líder Caranza, e o As Pontes segue noveno con 17 puntos, antes de visitar ao Polvorín, que suma 9.





































Nova cortesía Raimundo Carballo
—