CD As Pontes Feminino

OURO DE ALVARIÑO EN TURQUÍA

Esta fin de semana na primeira proba da Copa do Mundo

Xenial o arqueiro pontés Miguel Alvariño García que sumou este domingo un novo éxito ao seu palmarés co ouro na Copa do Mundo de Antalya (Turquía).

Xa nas calificatorias Maikel marcara o segundo mellor rexistro con 673 puntos, so un por debaixo do representante de Taipei, Chih Chun Tang. 

Nas roldas eliminatorias Maikel foise desfacendo sucesivamente do sueco Sjoberg (7-3), o finés Vikstrom (6-2), o puertoriqueño Muñoz (6-4), o belga De Smedt (7-3), o gran Brady Ellison (6-5, 10-9 na frecha de desempate) nas semifinais,  e cun sobrado 6-0 ao australiano Tyack na gran final.

A piques estivo de lograr outro éxito en forma de metal na proba mixta, coa catalana Elia Canales, pero tras gañar a Francia (5-4) e China Taipei (5-3), caeron coa posterior campiona India en semifinais (3-5) e con Estados Unidos (3-5) na loita polo bronce.

Na competición por equipos, Alvariño, Acha e Ken Sánchez (por desgraza Dani foi o cuarto dos españois), perderon na primeira eliminatoria 6-0 con Ucraina.

Nova cortesía XF. Foto cortesía RFETA

Esta entrada foi publicada en Deportistas destacados/as ponteses/as. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s