CD As Pontes Feminino

LIGA FERROL FEMININA. CD AS PONTES 2 – SCD A CAPELA 0

Vitoria no derbi este venres á tarde no Evaristo Puentes

Vitoria do equipo feminino 2-0 no derbi ante A Capela no encontro que poñía fin á Liga no que respecta aos partidos como local no Puentes Durán.

No primeiro período Carol adiantaba de penalti ás locais e no segundo tempo poñía terra de por medio Paula Baamonde co segundo tanto. Entremedias destacar unha ocasión moi perigosa das verdibrancas que salva o pulmón Yoli, que está a todos os balóns, a Marta Torrejón do equipo azul, baixo paus.

O As Pontes suma 18 puntos, por 20 do previsible campión Maniños, e 13 do Caranza, equipo co que presumiblemente se xogarán o segundo posto na derradeira xornada.

Aínda cun último partido e a Copa pendente, moi boa temporada do cadro de Iván, Alex e Cascudo, sobre todo ao ter que contar con poucos efectivos partido tras partido.

Que tempos aqueles, apenas en 2008, con tanto gusto feminino pontés polo balonpé que houbo que facer equipo de fútbol once e fútbol oito, con preto de 40 cativas.

Así que ben polas que sacaron a tempada e o equipo adiante. Xogaron, a gran Silvia de porteira, Yoli, Indira, Noelia, Paula Castro, Carlota, Carolina e Paula Baamonde.

Nova cortesía Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-CIDADE DE NARÓN (1-4)

Derrota do Esteo antes de pechar a Liga en Santiago

Afrontaba o Esteo a derradeira xornada como teórico local, si ben é certo que nesta campaña xogou os 30 partidos de Liga todos a domicilio, trece deles nas Somozas.

Pero no derbi deste sábado o dominador foi o Cidade de Narón, que xa marchou ao descanso con 0-2 en ambos despistes defensivos, no primeiro nun doble remate so de Guillermo no que Failde fixo o que puido, e o segundo nunha xogada de estratexia que anotou completamente so Diego co tempo cumprido.

A pesar de recurtar distancias Troncho a pouco do reinicio, o segundo tempo so serviu para que o equipo azul aumentase o marcador con tantos de Pablo e o ex pontés Jacobo, e case igualase a ventaxa de catro goles do Esteo na ida.

Complicada situación do equipo pontés de cara a entrar no play off, no que necesitaría gañar na capital galega ao histórico Santiago, segundo, pois o Segosala está a un so punto e recibe a un Ribeira que non se xoga nada. Si ben é certo que tal e como comezou a Liga o equipo pontés a temporada xa está máis que conseguida.

O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Guillán, Héctor, Troncho – JFailde, Eloy.

CIDADE DE NARÓN. Buxía, Diego, Brais, Rubén, Jacobo – Eric, Guillermo, Roberto, Iván, Fernando, Pablo.

GOLES. 0-1, Guillermo (17´), 0-2, Diego (20´). 1-2, Troncho (22´), 1-3, Pablo (33´), 1-4, Jacobo (37´).

Incidencias. Amarelas a JFailde, Héctor, Guillermo. Expulsado con doble cartón Guillán (39´). Máis de 100 espectadores no Pavillón das Somozas.

Nova cortesía Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – XALLAS FC 1.

Taboas entre o segundo e terceiro clasificado

Empate entre As Pontes e Xallas de Santa Comba no encontro disputado na tarde de hoxe no Poboado. Rápido chegaron os goles, por medio Carlos e despois empatou Lucki, apenas alcanzado o cuarto de hora de partido, que nin un nin outro equipo souberon resolver ao seu favor.

Con Boiro xa virtualmente salvado (19), Escairón descendido (0), e alonxado o Santaballés (6), semella que As Pontes (12) e Xallas (11), se van xogar a segunda, e sobre todo a terceira praza, con posible arrastre, dependendo tamén dos puntos que fagan os terceiros dos outros grupos, de momento Pobra (9) e Boimorto (10).

 Próxima xornada descanso. Xogaron Paco, Criado, David, Iván, Montes, Traba (Brais 67´), Lucki, Jaime (Rey 60´), Vilela, Sergio, Bellas (Edgar 85´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo feminino C.D. As Pontes, Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s