CD As Pontes Feminino

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 4 – CD SANTABALLÉS 0

Triunfo rotundo no derbi no Poboado

Importante vitoria do As Pontes na súa pelexa por evitar o descenso no que tras tres empates no que vai de tempada hoxe foi claramente superior no derbi co Santaballés.

Pronto se adiantaban por medio do goleador Lucki, que xa leva oito, o que máis do equipo, incorporado en inverno, e antes do descanso Sergio dribla no borde da área a un defensa e acaba marcando ante a saída do porteiro.

Remataron a conta no segundo tempo Dani Bellas tras disparar cruzado un centro dende banda dereita e o recén saído Iván que cabeceou ao fondo das mallas unha xogada de estratexia.

Boiro 19, Xallas 17, As Pontes 15, Santaballés 7, Escairón 1, último clasificado que visita o Poboado na vindeira xornada, que non ten fortuna este ano co equipo pontés pois perdeu 0-5, 3-0 e 0-4.

Xogaron Paco, Criado, Berto (Iván 64´), David (Brais 71´), Montes, Traba, Lucki (Edgar 73´), Toni, Vilela (Jaime 71´), Sergio e Bellas (Moreda 73´).

Nova cortesía Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s