—
PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 2 – ATLÉTICO ESCAIRÓN 0
Cuarto triunfo da tempada ante o cadro de Monforte

Vitoria 3-0 do As Pontes na penúltima xornada de Liga, último encontro da temporada na casa.
A primeira metade rematou con 2-0 e case un hat trick de Sergio, que marcou coa punteira un centro de Jaime e de cabeza outro de Criado, desde ambas bandas. Anularonlle un golazo pola escadra nunha falta lateral por consideralo libre indirecto o colexiado.
Xa no desconto redondeou Brais o marcador para un definitivo 3-0, o segundo 3-0 como local este ano ante o Escairón, por un 0-5 e 0-4 a domicilio.
Boiro 22, As Pontes 18, Xallas 17, Santaballés 7 e Escairón 1. Próxima visita ao mítico Campo de Barraña.
Xogaron Paco, Criado (Berto 68´), David, Iván, Montes, Traba, Lucki, Jaime (Edgar 65´), Vilela, Sergio (Moreda 76), Bellas (Brais´76´).
















































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
TERCEIRA CORUÑA VETERANOS. CD AS PONTES 8 – GALICIA GAITEIRA 0
Partido este domingo á mañá no Evaristo Puentes

Triunfo rotundo do equipo veterano pontés ante o Galicia Gaiteira por 8-0, xa ao descanso se chegou con seis goles no peto, tantos de Iván Ferreiro (4), Juan Rodríguez (2), Borja Pellón e Púas.
Aproveitando o descanso do anterior líder, os azuis situanse primeiros con 53 puntos por 51 dun Sigras que ben é certo que lle quedan tres partidos de aquí ao final de Liga.
Aos ponteses tan so lles restan dous, ademais, a domicilio, visitando ao Ural, sétimo, e Rodis, noveno, polo tanto finalizan os seus partidos na casa con esta vitoria.




































































Nova cortesía Xose Ferreiro
—