CD As Pontes Feminino

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 7 – CAFÉ CANDELAS O PARRULO B FS 4

Gran remontada do equipo pontés nos últimos minutos conseguindo tres valiosos puntos

Derbi este sábado as 17h, e partido moi interesante entre O Esteo e O Parrulo B, coma o Liceo-Voltregá da mesma hora, e o ambiente no pequeno Monte Caxado era de gala, como así o necesitaba o cadro pontés. Puidose ver ao ex adestrador do mítico Autos Puentes, o gran Pablo Prieto.

No tocante ao encontro gran e sufrida vitoria, como non podía ser menos, do Esteo 7-4 ante o filial parrulo. Novamente foi a remolque o cadro local ante un conxunto que está a realizar unha gran campaña, pois está sexto clasificado a un so punto do play off.

Os ferroláns puxeronse por diante dende o inicio e chegaron a estar 1-3 e 2-4, pero outra vez, coma a semana pasada co Guardo, o Esteo anotou tres tantos nos útimos tres minutos, daquela serviu para empatar 7-7, e hoxe os goles de Cokito, Jhony e un desafortunado de Alonso cabeceando cara atrás deron un triunfo vital aos de Senén.

Os locais quedan undécimos, sextos pola cola, con 20 puntos, cun colchón de cinco sobre o descenso, pero a vindeira xornada toca outra batalla, duelo directo ante o Unión Arroyo de Valladolid, antepenúltimo con 12 puntos.

O ESTEO FS. Xeito, Cokito, Héctor, Jhony, Jandro – Troncho, Eloy, Adrián, Guillán.

CAFÉ CANDELAS O PARRULO B FS. Daniel Gabeiras, Alejandro, Alonso, Miguel, Noel – Borja, Yago, Daniel, Aarón, Iván, Mathias.

GOLES. 0-1, Aarón (3´), 1-1, Jandro (4´), 1-2, Mathias (6´), 1-3, Daniel (10´), 2-3, Cokito (18´). 2-4, Caeiro (24´), 3-4, Jhony (25´), 4-4, Héctor (32´), 5-4, Cokito (37´), 6-4, Jhony (38´), 7-4, Alonso, pp (39´).

Incidencias. Amarelas a Héctor, Cokito, Adrián, Miguel, Noel. Expulsado o porteiro visitante Daniel Gabeiras con vermello directo (16´). Máis de 100 espectadores no Monte Caxado.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN GALEGA CORUÑA – FERROL – LUGO. GRUPO B. CB AS PONTES 69 – CB OLEIROS 59

Brillante primeira vitoria do equipo pontés

O equipo pontés de baloncesto logrou unha importante vitoria ante o cadro coruñés do CB Oleiros no encontro disputado na noite do sábado no Monte Caxado por 69-59.

Ao descasno chegabase cun axustado 31-37, e ao último cuarto con 44-48. Pero cun fulgurante 25-11 nos últimos dez minutos os locais lograron unha clara vitoria, anotando Alejandro Pardo 26 puntos.

Próxima xornada, so quedan catro, visita a La Goleta de Betanzos, cuarto clasificado.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 6 – COVIRÁN QUIROGA FS 8

Partido este domingo á noite no Monte Caxado

Primeiro partido do Lago DVSport neste 2023, en As Pontes, pois a semana pasada gañaron en Sarria 4-6 a Os Meigallos.

Non puido ser no encontro deste domingo onde o cadro pontés foi sempre a remolque todo o partido, non podendo conseguir ningún punto, a pesar dos tantos de Rober (2), Dani (2), Borja, e Santi.

Rematan a primeira volta sétimos con 24 puntos, antes de iniciar a segunda recibindo ao histórico Troula de Betanzos, segundo clasificado.

Curioso bagaxe do cadro pontés que gañou 8 partidos con 7 derrotas e ningún empate, pero é que ademais é igual de efectivo en casa como fora, con catro vitorias locais e outras catro a domicilio.

Xogaron Sergio, Borja, Diego, Adrián Bellas, Dani; Jacobo, Santi, Rober Paz.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA DE VETERANOS DE AS PONTES 2022-23

Disputouse esta fin de semana a primeira xornada deste 2023

Primeira xornada deste 2023, e poucas sorpresas na Liga pontesa de Veteranos. Na zona alta o líder La Galaxia gañou 2-0 a Jeycar, mesmo resultado de A Cepa contra MMYPEM.

A goleada da xornada foi o 6-0 do Estanco Mari Carmen a Electricidad J&O, e no outro encontro da fin de semana 4-0 venceu o Bar Encanto a As Pontes 74.

Lidera La Galaxia Venus con 26 puntos, seguido de Estanco Mari Carmen con 24, e A Cepa 23, con Muebles Eume 19 pero un encontro menos.

Bar Encanto Lecar 712 ten 13, Jeycar 10, e MMYPEM 8. Na parte baixa Electricidad J&O suma 3 puntos e menos un o As Pontes 74.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s