CD As Pontes Feminino

ÍKER ARES CONVOCADO POLA SELECCIÓN GALEGA

Pra uns adestramentos no combinado infantil

O xogador pontés do Lago Íker Ares López ven de ser incluido na preselección galega infantil para uns adestramentos a levar a cabo este venres en Boqueixón.

Nun grupo B da Liga Galega no que o Ensino Lago DVSport marcha quinto clasificado, Íker é o máximo goleador da competición con 30 dos 53 goles anotados polo seu equipo.

Compatibiliza o fútbol sala co Racing de Ferrol de Liga Galega co que marcha cuarto clasificado, con 6 goles no seu haber.

Desta preselección sairán os 12 representantes no Campionato de España a disputar en Abril en Catalunya.

Nova cortesía Diego Paz e XF

ZAIRA ARDAO CONVOCADA COA SELECCIÓN GALEGA

Para uns adestramentos da vindeira semana

A xogadora pontesa do Lago DVSport, Zaira Ardao Barbosa, ven de ser incluida na preselección galega infantil feminina para uns adestramentos que se levarán a cabo o vindeiro mércores en Boqueixón.

Zaira xoga no equipo infantil masculino mixto que compite na Liga Galega, co que disputou oito partidos, e que acabou esta primeira fase en quinta posición.

Xa fora convocada hai dous anos coa Selección Galega Alevín, aínda que finalmente non competira en ningún campionato por mor da pandemia.

As 12 seleccionadas definitivas disputarán o Campionato de España a mediados de Abril.

Nova cortesía Diego Paz Romero e XF.

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 0 – RIBADEO FC 0

Empate no encontro disputado domingo á tarde no Poboado

Reparto de puntos no partido disputado na tarde soleada e fría deste domingo no Campo do Poboado entre dous históricos como o As Pontes e Ribadeo.

As ocasións máis reseñables foron para o equipo local un disparo de Brais moi axustado ao pau (65´), e polos visitantes unha falta ao borde da área do gran Xaime (42´), un remate de Criss sao lateral da rede (80´) e unha cabezada do propio xogador preto da escadra (90´).

A xogada polémica do partido foi xusto antes do descanso, tras saque lateral de Alberto que dentro da área cabecea a gol Jerome ao pau contrario, que o colexiado anulou por suposto fora de xogo.

Os locais son sextos pola cola con 21 puntos antes de visitar ao colista Fisterra nun partido no que os puntos son vitais.

CD As Pontes. Valentín, Criado, Mascareña (David 86´), Felauto (Luis 71´), Montes, Traba, Rogerio (Brais 58´), Alberto, Jerome (Jandro 71´), Tijan (Jaime 71´), Martínez.

Ribadeo FC. Trabada, Prosi (Coki 71´), Roi, Xaime, IvánG (Criss 64´), Santi (Antón 77´), Meitín (Diego 88´), Xairo, Isma, Aitor, IvánR.

Árbitro. Arredondas Fernández (Vigo). Auxiliado por Rodríguez Covelo e Bastos Francisco. Amarelas a Felauto, Criado, Tijan, Jaime, Mascareña, IvánR.

Incidencias. Máis de 100 espectadores en tarde fría e soleada no Campo do Poboado.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 4 – SALA OURENSE 4

Partido sábado á tarde no Monte Caxado

O Esteo logrou rescatar un punto no encontro disputado este sábado no Monte Caxado no partido da xornada 18.

Enfrontabanse dous equipos necesitados, sobre todo os visitantes, penúltimos, cos locais tamén bordeando a zona de descenso.

Sen ser un resultado satisfactorio para os locais, nun partido moi igualado preto do final un gol de Héctor serviu para rescatar un punto.

Si ben aínda ata o final puido marcar calquera dos dous equipos, un trallazo de Jandro foi ó longueiro, e Iván cun control casi regatea a Xeito.

Os locais son sextos pola cola cun marxe de tres puntos sobre o descenso, con próxima complicadísima visita ao Lugo Sala.

O ESTEO FS. Xeito, Cokito, Héctor, Ayala, Troncho – Jandro, Guillán, Adrián, Eloy.

SALA OURENSE 2014. Pablo, Raúl, Iván, Santi, Iago – Joel, Gustavo, Arturo, Adrián, Ángel.

GOLES. 1-0, Cokito (4´), 1-1, Arturo (8´), 2-1, Cokito (13´), 2-2, Arturo (18´). 2-3, Santi (27´), 3-3, Jandro (31´), 3-4, Gustavo (32´), 4-4, Héctor (35´).

Incidencias. Amarelas a Eloy, Adrián, Héctor, Santi, Iván, Gustavo, Pablo. Expulsado con vermello directo Guillán (28´), e Fran. Uns 100 espectadores no Monte Caxado.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moises Fernández

SEGUNDA GALICIA VETERANOS. CD AS PONTES 4 – IMPERÁTOR OAR 0

Partido este sábado á noite no Evaristo Puentes

Gran triunfo do equipo de Veteranos do CD As Pontes ante o tradicional conxunto coruñés de canteira, sétimo clasificado.

Xa marchaban ao descanso 3-0 os hoxe dirixidos por Peruzzi, cos goles de Narciso (2) e Alberto, e Javi preto do final poñía o cuarto e definitivo.

Situanse segundos con 28 puntos antes de visitar ao colista Crendes, que suma 6, no penúltimo partido da primeira volta.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN GALEGA CORUÑA – FERROL – LUGO. GRUPO B. CB AS PONTES 51 – CD XERION 58

Partido este domingo á mañá no Monte Caxado

O CB As Pontes xogou este domingo á mañá na 12ª xornada de Liga no monte Caxado.

Recibía ao Xerión coruñés, sexto clasificado, equipo veterano e experimentado que foi aumentando diferencias co paso dos cuartos, 12-16, 17-36 ao descanso, e aos últimos dez minutos chegabase con 23-48.

Pese a un fulgurante parcial de 28-10 do voluntarioso e xove equipo local, os visitantes acabaron logrando a vitoria por un axustado 51-58.

Quédalles aos ponteses recibir ao Montrove e visitar a ADFRO antes do remate da Liga.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s