—

PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 3 – BIGMAT LUCAS ALTO DO VENTO FS 3
Partido este domingo á noite no Monte Caxado
Reparto de puntos no encontro disputado este día de Feira do Grelo que deixou moi mal sabor de boca aos locais.
Co 2-1 ao descanso, no inicio do segundo período dous tantos tempraneiros para cada equipo situaban o 3-2 no electrónico. Resaltar dous en propia meta dos santiagueses e un de Diego Pellón.
No segundo período foi algo máis superior o cadro local, pero non soubo sacar ningún proveito dunha superioridade de 4 para 3 que podía servir para sentenciar.
Tamén destacar unha vaselina de Rober ao longueiro e un balón que se paseou pola porta baleira que acabou saíndo fora por pouco.
Boas intervencións de Sergio por outra parte. Pero non soubo o cadro local agotar a posesión final, e tras un roubo de balón e unha contra, pitouse un moi dubidoso penalti a Borja por suposta man a falta de 5 segundos que igualaron os visitantes.
A desilusión serviu, iso si, para ver o segundo empate da tempada, primeiro na casa, tralo 3-3 en Agolada, para un equipo que suma 9 vitorias e 8 derrotas na novena posición antes de visitar ao líder Rábade.
Xogaron Sergio, Borja, Diego, Adrián Meizoso, Dani; Pelu, Rober, Adrián Bellas.



























































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

SEGUNDA GALICIA VETERANOS. CD AS PONTES 2 – UNIÓN CAMPESTRE 1908 0
Partido este sábado á tarde noite no Evaristo Puentes.
Sufrido triunfo do equipo de Veteranos do CD As Pontes ante o penúltimo clasificado, o equipo de Montrove, quen pese a xogar sen suplentes os 90 minutos plantou cara a súa derrota.
E tanto, porque pese a que se adiantou o equipo local cun forte disparo baixo de Javi que superou ao gardamallas, anteriormente os vermellos estrelaron un balón na cruceta.
O As Pontes foi mantendo a súa esquiva ventaxa durante todo o encontro ata que xa no desconto foi Púas quen sentenciou a vitoria.
O cadro local asentanse na segunda praza con 37 puntos cun magnífico rendemento con 12 triunfos nos últimos 14 encontros, cinco dos últimos consecutivos.
Próximo partido un complicado derbi na Capela, quinto clasificado con 28 puntos.






































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

LIGA FERROL XUVENIL. CD AS PONTES 5 – CCRD PERLÍO 1
Partido este sábado á tarde no Anexo Jose.
O Xuvenil pontés gañou este sábado nunha tarde soleada ao Perlío de Fene por 5 goles a 1.
Ao descanso marchaban 2-1 cos tantos de Anxo Blanco e Xoel Purriños, recurtado no desconto cun penalti transformado por Pedro.
Pero tralo reinicio tres tantos consecutivos, novamente de Xoel e Anxo, e un quinto de Jandro, deron os tres puntos aos locais.
Cuartos con 50 puntos tentarán prolongar a boa racha de cinco vitorias consecutivas nun campo difícil como o do Ánimas, oitavo con 40.
Xogaron Regueiro, Adrián, Bruno, Samuel, Fraga, Carlos, Xoel, Xandre, Blanco, Jandro, Antón, e despois Diego, Rey, Sergio e Ángel. Arbitrou o pontes Iago Expósito.

















































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—