CD As Pontes Feminino

GALA GALEGA DE VELA AS PONTES 2022

Tivo lugar este venres á noite no Cine Alovi

Este venres á noite, e coa presencia da Tvg, As Pontes tivo o luxo de organizar a tradicional Gala Anual que premia aos mellores regatistas galegos deste deporte, que non son poucos, durante o ano 2022.

Nun Alovi ateigado a pesar das moitas ausencias polas competicións, premiados como mellores regatistas foron o vigués Nico Rodríguez, bronce en Tokio 2020, e a ourensá Tamara Echegoyen, ouro en Londres 2012 e moi inxustamente cuarta en Río 2016 e Tokio 2020.

A nivel local foron galardonados, Paula Boquete, bronce no Campionato de España Sub22, e María Lefler, Subcampiona de España, e da Copa de España, ambas de Vaurien.

Tamén o Clube de Vela e Pepe Guerreiro, pola súa labor na promoción do deporte, e Endesa polo proxecto de recuperación do Lago de As Pontes.

Tamén foron premiados vellos coñecidos de competicións disputadas no Lago Pontés como Marta Torres, Cristina Cerqueira, Mencía García, Pablo e Isabel Cabello e David Fernández, Jorge Maciel, Tone Pérez e Laura Llópiz, ou as irmás Paula e Paloma González, entre outros.

Entregaron os premios o Alcalde Valentín Formoso, os Concelleiros Elena López e Chicho Tembrás, e Manuel Villaverde da Federación Galega, entre outros, na Gala presentada por Terio Carrera.

Esta foi a quinta gala consecutiva da Vela galega, despois das de Sanxenxo 2018, A Coruña 2019, Vigo 2020 e Vilagarcía 2021.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 0 – CLUB LEMOS 1

Partido este domingo á tarde no Poboado

Grave paso atrás do As Pontes que no partido de hoxe perdeu ante un rival directo coma o Lemos por 0-1.

Sin xogar un gran partido dispuxeron de mellores ocasións os locais, pero non estiveron atinados no último remate Brais, Montes, Tijan ou Rogerio.

Non dispuxeron de tantas os visitantes, pero as súas tiveron e a falta de cinco minutos, completamente so, picou o balón Mauro Busi ante a saída de Valentín, e o balón tras botar no chan acabou entrando, dando os tres puntos aos de Monforte (86´).

Tivo a peor derrota do ano como local o As Pontes, incluso peor que a do Mugardos, ante o cadro que lle rouba a sexta praza por detrás, o equipo co que comezou a racha de 15 partidos sen gañar, e que este ano lle ganou os dous duelos, 2-0 e 0-1.

Moi complicado panorama para un equipo que agora mesmo é quinto pola cola con 27 puntos, o primeiro dos arrastres, é ao que lle agardan dúas visitas moi complicadas contra Boiro e Dubra.

Xogaron Valentín, Criado, Mascareña, Felauto, Montes, Traba, Rogerio, Alberto, Jaime, Tijan, Brais (Luis Carlos 67´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA GALEGA BENXAMÍN GRUPO NORTE 1. HC AS PONTES 10 – CH OLEIROS ATALAYA 0

Partido este domingo á mañá en A Magdalena

O As Pontes rematou a competición ligueira na casa con un contundente triunfo 10-0 ante o equipo de Oleiros, quinto clasificado, con sete goles de Sergio Balsa (25), dous de Manuel Soto (24), e un de Xisco Purriños.

Magníficas cinco vitorias por tres derrotas, na terceira praza. Quedanlle dous partidos para acabar a Liga, a disputar a vindeira fin de semana en terras herculinas, ante o líder Dominicos Rojo, e o cuarto, o Riazor, á espera dos posteriores play offs.

Xogaron Mauro, Xisco, Manuel, Alex, Olivia, Sergio, Roi, Unai e Xos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA PONTESA DE VETERANOS 2022-23

Continúa a emoción no alto da táboa a falta de dúas xornadas

Décimo sexta xornada da Liga porntesa de Veteranos e non houbo sorpresas entre os de arriba.

O Estanco Mari Carmen goleaba 4-0 ao MMYPEM, e A Cepa gañaba folgadamente 3-1 a Jeycar. Máis apuros os de Muebles Eume 1-0 ante Bar Encanto, pero segue na pomada.

No duelo máis interesante da xornada entre os dous equipos de abaixo Electricidad J&O gañaba 2-1 a As Pontes 74.

Asía as cousas, Estanco Mari Carmen e A Cepa asaltan o liderato con 33 puntos, aproveitando o descanso de La Galaxia Venus que queda con 31, por 30 de Muebles Eume.

Bar Encanto Lecar 712 suma 19, MMYPEM 16, Jeycar 13, Electricidad J&O 6, e pecha sen ningún punto As Pontes 74.

Dúas últimas xornadas nas que os duelos da Cepa contra La Galaxia e Estanco Mari Carmen semellan decisivos, co Muebles Eume ao acecho.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s