CD As Pontes Feminino

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 5 – CD SEGOSALA 5

Partido este sábado á tarde no Monte Caxado

Non foi o encontro soñado polo Esteo o deste sábado á tarde no Monte Caxado ante o colista, pero visto o transcurso do encontro pode dar por bo o empate ante un rival directo.

Antes de nada, caprichos do calendario, o feito de facer de local na segunda volta e non na primeira impediu ver a Daniel Ibañes por As Pontes, quen xa estivera nun amistoso co Burela na Fraga en 2016, pero tiña o seu aquel poder ver a un Campión do Mundo, top 20 dos mellores da historia, no coqueto Monte Caxado, pero antes do Nadal marchou a Italia.

Como dicamos Esteo e ir a remolque este ano son sinónimos, i é que pese a que os locais se adiantaban no marcador tras un saque de banda que un defensa desvía cara á súa porta, os visitantes marcharon 2-5 ao descanso co encontro medio sentenciado.

Tirou de casta o equipo local e cun gran Jonhy poñíanse co 5-5 faltando apenas dous minutos, tempo no que os visitantes sacaron o porteiro xogador e tiveron dous goles na palma da man, e tamén Troncho, que a porta baleira mandou o balón rozando o pau.

Sen tempo para máis O Esteo rescata un punto insuficiente, pois é quinto pola cola con 22, e do sexto para arriba xa están moi distanciados, e salvo o colista Segosala con 13, Universidade Valladolid 18, Ribeira 19, e Sala Ourense 22, están moi preto e so se vai salvar un.

Trascendental encontro a vindeira semana ante un Leis de Pontevedra xa máis desafogado, sétimo con 32 puntos.

O ESTEO FS. Xeito, Cokito, Héctor, Troncho, Jandro – Guillán, Jhony, Paulo, Eloy.

CD SEGOSALA. Adrián, Álvaro, Eduardo, Javier, Pedro – David, Guillermo, Samuel, Óscar, Pablo, César.

GOLES. 1-0, César, pp (4´), 1-1, Pablo (6´), 1-2, César (7´), 1-3, Álvaro (11´), 2-3 Jhony (15´), 2-4, Pablo (17´), 2-5, Eduardo (19´). 3-5, Jhony (26´), 4-5, Guillán (28´), 5-5, Jhony (38´).

Incidencias. Amarela a Javier. Uns 50 espectadores no Monte Caxado.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 5 – CASTROVERDE FS 4

Partido este sábado á noite no Monte Caxado

Gran vitoria do equipo do Lago 5-4 no último minuto no partido disputado este sábado á noite no Monte Caxado ante o Castroverde, penúltimo.

Mellor non podían comezar as cousas pois situabanse 3-0 cun trallazo de A.Meizoso tras saque de córner, unha vaselina de Rober, e nunha xogada entre o propio A.Meizoso e o pequeniño Sergio Vázquez este último marcaba a pracer.

Pero o equipo do Lago é como unha montaña rusa, e antes do descanso igualaron os verdes 3-3. No segundo período Jacobo poñía o 4-3 e voltaban a empatar os visitantes ata que a falta dun minuto Diego Pellón situaba o 5-4 definitivo para os de Vinicius.

Son novenos con 32 puntos antes de visitar ao Concello de Friol, sexto con 35. Xogaron Kevin, Jacobo, Diego, Adrián Bellas, Dani; Pelu, Adrián Meizoso, Rober, Destaw e Sergio.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA FERROL XUVENIL. CD AS PONTES 7 – SDCR NARÓN O FREIXO 3

Partido este sábado á tarde no Anexo José

Goleada do Xuvenil pontés 7-3 nun partido moi estrano no que semellaba estar finiquitado ao descanso, pero que os visitantes no segundo tempo chegaron a poñerse 4-2 e 5-3, e que ao final, con dez amarelos se elevou o marcador ata o 7-3 definitivo.

Goleada contra un gran equipo que iba catro puntos por riba dos azuis, magoa que o equipo local non ten o mesmo rendemento nos partidos de fora que nos da casa. Dous goles de Jandro López, Xoel Purriños, Anxo Blanco, e un de Xandre Fernández.

Cuartos con 53 puntos próxima visita á Cultural Maniños, colista con tres. Xogaron Mario, Adrián, Bruno, Samuel, Diego, Carlos, Xoel, Xandre, Blanco, Jandro, Antón, e despois Fraga, Rey, Mateo e Ángel.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA GALICIA VETERANOS. CD AS PONTES 4 – BETANZOS NORTE 1

Partido sábado á tarde no Evaristo Puentes

Vitoria rotunda aínda que sufrida dos veteranos do CD As Pontes ante o Betanzos Norte, sétimo clasificado, por 4-1.

Semellaba que encarrilaban o encontro os locais cos tantos tempraneiros de Narciso e Púas, pero mediado o segundo tempo recurtaban distancias os vermellos.

Pero dous tantos no último tramo de Iván e Borja deron os tres puntos aos locais que siguen segundos con 41 puntos con próxima xornada de descanso.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA GALEGA CADETE. OS TRES MONOS LAGO DVSPORT 6 – HORMIGONES LARACHA O PARRULO B 7

Partido este domingo á noite no Monte Caxado

Derbi o vivido este domingo á noite no Monte Caxado entre o equipo Cadete do Lago e O Parrulo.

Non tiveron o seu mellor día os locais que perderon 6-7 ante o Parrulo, antepenúltimo e undécimo clasificado, pero equipo moi peleón, que salvo o 5-4 foi sempre por diante.

Goles de Sergio Vázquez (2), Hugo Cartelle, Destaw Pellón, Alejandro Díaz e Xavi Regueiro. Son quintos con 37 puntos antes de visitar ao Concello de Begonte, noveno.

Xogaron Anxo, Destaw, Hugo, Sergio, Daniel; David, Xavi, Nicolás, Alejandro e Adrián.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s