—

PRIMEIRA AUTONÓMICA. PINTURAS GRANDAL LAGO DVSPORT 0 – SD A GAIOLA 2
Partido este sábado á tarde no Monte Caxado
Dous goles ao comezo de cada tempo, de Alejandra e Andrea, deron a vitoria as santiaguesas da Gaiola, quinto clasificado, na súa visita ao Monte Caxado.
Incluso nos últimos minutos estrelaron un balón no poste e Paula salvou unha falta directa. Xogaron Paula Baamonde, Uxía Cupeiro, Carolina, Andrea, Carla; Natalia, Uxía Rodríguez, Nerea, Paula Castro e Carol.
O equipo de Jacobo Barro é oitavo con 20 puntos antes de visitar ao Rodeiro, cuarto, e logo recibirá ao xa campión matemático con pleno de triunfos, Villestro, para rematar a Liga.





















































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

LIGA PONTESA DE VETERANOS
A Cepa impúxose no gran partido da xornada
Partido trepidante o desta mañá as 12:00 no artificial, simultáneo ao do Muebles Eume, i é que A Cepa podía sentenciar a Liga valendolle un empate, ou gañando Estanco Mari Carmen resultaría campión de tropezar o Muebles Eume.
Definitivamente resolveu a dúbida A Cepa gañando 2-1 conseguindo o título de Liga máis igualado dos últimos tempos con 39 puntos, por 36 de Muebles Eume, 34 de La Galaxia Venus, e 33 do Estanco Mari Carmen.
Pois no resto dos partidos La Galaxia impúxose 3-0 a As Pontes 74, e non xogaron por partido aplazado o Jeycar e Electricidad J&O.
Asi, Bar Encanto Lecar 712 sumou 22 puntos ao remate da Liga, MMYPEM 16, Jeycar 13 e Electricidad J&O 6, ambos cun partido menos, e pecha As Pontes 74 con 3 puntos.














































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

LIGA PONTESA DE VETERANOS. MUEBLES EUME 1 – MMYPEM 0
Doble partido este domingo á mañá no Evaristo Puentes
Interesantísima última xornada da Liga Pontesa de Veteranos, con ata tres equipos que poderían ser campións.
O Muebles Eume apurou as súas opcións ao título, porque no caso do triplo empate a 36 puntos resultaría campión por sumar unha vitoria e un empate tanto contra A Cepa como contra o Estanco Mari Carmen, e por tanto ter mellor goal average entre os tres.
Os eternos campións de Basoa cumpliron con un apurado 1-0 ante o MMYPEM, por fin nun partido coa claridade do día, pero definitivamente remataron segundos clasificados con 36 puntos.








































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—