—

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – SIGUEIRO FC 1
Partido este domingo á tarde no Campo do Poboado
Reparto de puntos no encontro deste domingo soleado no Campo do Poboado entre As Pontes e Sigueiro.
Comezaron adiantandose os visitantes tras un disparo axustado ao pau de Iván Calvo dende o borde da área (17´).
Pero antes do descanso empatou o equipo azul nunha gran incorporación de Jandro por banda dereita, que a trompicóns acaballe deixando o balón a Tijan que fusila ao porteiro (32´).
No segundo tempo ataques para un e outro equipo sen chegar a culminar nos últimos metros, pero a mellor ocasión sen dúbida foi nun pase de Rogerio a Tijan que se interna por banda esquerda e o seu forte disparo vai ao corpo do porteiro.
Sen tempo para máis reparto de puntos que non sirve a ningún dos dous equipos, pero satisface máis aos visitantes.
Os azuis son cuartos pola cola con 31 puntos antes de visitar ao Betanzos, terceiro.
CD AS PONTES. Valentín, Criado, Mascareña, Martínez (Brais 70´), Montes, Traba, Felauto, Alberto, Luis (Rogerio 53´), Tijan, Jandro (Jaime 64´).
SIGUEIRO FC. Isra, Anxo (Alberto 72´), Mario, Borja, Axel (Ozores 72´), Santi (Guille 86´), Jorge, Luis (Óscar 59´), Iván (Cristian 86´), Hugo, Manu.
Goles: 0-1, Iván (17´), 1-1, Tijan (32´).
Árbitro. Pérez Rodríguez (Lugo), auxiliado por Méndez López e Lagos Yoseph. Amarelas a Felauto, Rogerio, Montes, Santi e Borja.
Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde soleada.


















































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

LIGA PREMIUM D1. CB AS PONTES 49 – TIGRES MÁIS DESCANSO 82
Partido este sábado á noite no Monte Caxado
Este sábado disputabase a terceira xornada de seis desta última liguiña na que o equipo de As Pontes recibía ao conxunto de Rábade, tralo 42-74 ante o Xerión e o 125-52 ante o Montrove.
Foron superiores os lucenses que no primeiro cuarto xa marchaban 15-28, e cun aínda esperanzador 28-41 chegouse ao descanso.
Pero o terceiro período xa se foi a un 37-60, ata o definitivo 49-82 final coa vitoria do equipo líder desta liguiña, destacando polos locais Alejandro Pardo con 24 puntos, case a metade do equipo.
Aos de Javier Barcón quedalles visitar ao Xerión, recibir ao Montrove, e visitar ao equipo de Rábade na derradeira xornada.


















































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 4 – FS PONTEDEUME 5
Derbi este domingo á tarde no Monte Caxado
Derrota do Lago este domingo á tarde ante o Pontedeume por un apretado 4-5
Co 1-1 chegouse ao descanso, e pese a que os de Diego Vinicius se poñían 2-1, remontaban os visitantes ata 2-4, que aínda que lograron igualar os locais 4-4 ao pouco do final, Alex Garea anotaba o seu póker de 4 goles no último minuto para establecer o ex xogador do Esteo o 4-5 definitivo.
Novenos con 35 puntos antes de visitar ao Cinco Coruña B, oitavo coa mesma puntuación.
Xogaron Hugo, Jacobo, Diego, A.Meizoso (2), Dani; Iván, Borja (1), Rober (1) e A.Bellas.








































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

30 CARREIRA DE SAN XOSÉ AS PONTES 2023
Celebrouse nesta mañá soleada nas Pontes
Este domingo á mañá celebrouse a tradicional Carreira de San Xosé pontesa despois da pandemia, e fíxoo con moi bo tempo. A proba ademáis da carreira popular facía de Campionato Galego de 5 kilómetros.
Na carreira absoluta impuxeronse Jorge Puig (Santiago) cun tempo de 14:57, e Zoe Cardin (Celta) con 17:21.
Segundos foron Víctor Puyuelo (Vicky Foods) e Sandra Mosquera (Comesaña), e terceiros Manuel Lorenzo (Pontevedra) e Zelinda Spencer (Oviedo).
Mellores ponteses foron Esteban Díaz, quinto, e sensacional o subcampión mundial junior de piragüismo Daniel Feijoo, noveno.
O mellor Máster 35 foi precisamente o pontés Esteban Díaz (Narón) e Zelinda Spencer (Oviedo), Máster 45, Emilio García (Compostela) e Rebeca Soto (Narón), e Máster 55, Jose González (Narón) e Loli Señor (Beny Gym).
Nas categorías máis pequenas os vencedores foron, en Sub18, Lucas Pena (Millaraio) e Andrea Díaz, en Sub16 Óscar De La Torre (Marín) e Eva Formoso (Triki Team), e en Sub14 o local Ariel Soto (Olympo) e Lara Fernández (Ferrol).
En Sub12 os gañadores foron Miguel Benasach (Ferrol) e Alba Figueira (Ferrol), en Sub10, Nicolás Amado (Sada) e Luna Seoane (Ferrol), e en Sub8, Esteban Rioseco (Ferrol) e a local Mireia Díaz (Olympo).




















































































































































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—