CD As Pontes Feminino

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 0 – SD SARRIANA 0

Partido este sábado á tarde no Poboado ante o líder

Rescatou un punto o As Pontes ante o sólido líder Sarriana nun encontro de poucas ocasións no que cabe salientar dous remates fora en boca de gol en cada tempo de Alex Pérez e Santín, e dous goles anulados aos lucenses, nunha semana longa na que, cuartos pola cola con 32 puntos toca visitar ao Pino o xoves e recibir ao segundo Noia o domingo.

0 CD As Pontes. Valentín, Criado, Mascareña, Martínez (Fernández 62´), Montes, Traba, Rogerio (Brais 53´), Alberto, Jaime (Samuel 87´), Tijan, Jandro (Jerome 67´).

0 SD Sarriana. Liz, Alex (Diego 64´), Ruchi (Brais 82´), Keko, Jacobo (Rey 64´), Marino, Pedro, Herrero (David 72´), Santin (Hamza 82´), Rivas, Marcos.

Árbitro: Rodríguez Campos (A Coruña). Auxiliado nas bandas por González Vázquez e Ramos López. Amarelas a Jacobo, Ruchi, Marcos, Pedro.

Incidencias: Campo de O Poboado. Unha gran entrada con máis de 200 espectadores en tarde soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA PREMIUM D1. CB AS PONTES 42 – MONTROVE 106

Partido este sábado á tarde no Pavillón Municipal.

Tamén o equipo local de baloncesto puido despedir a súa temporada como locatario “inaugurando” o renovado Pavillón Municipal.

Non o fixo da mellor maneira posible, pois perdeu con claridade 42-106 ante o equipo de Oleiros contra o que os de Javier Barcón xa perderan 125-52 no partido de ida.

Os visitantes xa marchaban ao descanso 24-57. Once puntos de Iago Gabeiras, o máximo anotador dos locais.

Trala axustada derrota a semana pasada 50-36 ante o Xerión, derradeiro partido da tempada despois da Semana Santa ante o Tigres Máis Descanso de Rábade.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 1 – SDCR NARÓN O FREIXO 3

Partido este sábado á noite no Pavillón Municipal

Outro dos equipos que “estreou” o renovado Pavillón Municipal foi o equipo do Lago masculino, pero non o puido facer con bo pe, noutro derbi ademais, pois perdeu 1-3 ante o Narón O Freixo.

Iván Pellón Funcasta “Pelu” foi o primeiro goleador do Lago no “novo” Pavillón Municipal, pero despois, Diego e Ismael antes do descanso, e Juan Manuel no reinicio, puxeron o 1-3 definitivo.

Abandonan o farolillo os de Narón para situarse antepenúltimos con 15 puntos, mentres os de Vinicius son undécimos con 35.

Xogaron Hugo, Jacobo, Diego, AdriánM, Dani; Pelu, AdriánB, e os rapaciños Destaw e Sergio.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA DE FERROL XUVENIL. CD AS PONTES 1 – FC ORTIGUEIRA 2

Partido esta mañá no Anexo José

Mal día do Xuvenil pontés, que caeu na casa ante o Ortigueira, equipo que marchaba quinto clasificado pola cola, e ao que no partido de ida lle gañaran 0-4.

Con baixas dalgúns xogadores importantes no cadro local, e con moitos xoves cadetes, adiantaronse os visitantes antes do descanso, e pese ao empate de Diego Lozano trala reanudación, a pouco do final os visitantes anotaban o definitivo e sorprendente 1-2.

Cuartos con 59 puntos. Xogaron Joel, Adrián, Ramil, Rey, David, Carlos, Mateo, Diego, Blanco, Xandre, Antón; Ángel, Antonio, Hermida, Tadios.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA GALEGA PREBENXAMÍN BRONCE. HC AS PONTES 3 – CH OLEIROS SANTA CRUZ 1

Partido este domingo á mañá en A Magdalena

Os máis pequenos do Hockey a Patíns pontés xogaban esta mañá o seu primeiro partido na casa ante o Oleiros.

A semana pasada perderon 3-2 ante o Borbolla, pero hoxe ganaron por tres períodos a un, con moitos goles de Xisco.

Xogaron Marieta de porteira, Xisco, Antón, Roi, Ander, Xose, Hugo e Martín.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s