CD As Pontes Feminino

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 7 – RIBEIRA DE PIQUÍN FS 5

Partido este sábado á tarde no Pavillón Municipal

Importante vitoria do Esteo ante un rival directo como o Ribeira de Piquín nun duelo moi igualado que non se resolveu ata os últimos minutos.
Tras chegar ao descanso 3-2, despegouse un pouco o cadro local co 5-3, tras un golazo de Jandro pola escadra e un moi bo de Jhony que pica o balón ante a saída do porteiro.
Co porteiro xogador os visitantes ampliaron ata un 7-3 que parecía definitivo, Héctor aproveitou un balón morto dentro da área, e Jandro marca tras varios regates,
Pero nin moito menos estaba o partido resolto porque os lucenses recurtaron ata o 7-5 definitivo co cinco para catro, pero non houbo tempo para máis.
Os ponteses son quintos pola cola, o primeiro dos salvados, pero con 32 puntos e cun colchón de sete sobre o Sala Ourense, que ten un encontro menos a disputar este domingo, iso, si.

E terán que seguir sufrindo os de Senen e Fran cun plantel de apenas seis xogadores voluntariosos acompañados polos rapaciños da canteira. Jandro anotou hoxe o seu gol número 40 nesta Liga.
O ESTEO FS. Xeito, Héctor, Jhony, Jandro, Troncho – Cokito, Eloy,
Sergio.

RIBEIRA FS. Areñas, Carlos, Regueiro, Quintela, Aguadelo – Dani,
Rubas, Christian, Gabri.

GOLES. 1-0, Jhony (6´), 1-1, Aguadelo (10´). 2-1, Cokito, (12´), 3-1,
Jandro (18´), 3-2, Carlos (19´). 4-2, Jandro (27´), 4-3, Dani (28´), 5-3,
Héctor (30´), 6-3, Jhony (34´), 7-3, Jandro (35´), 7-4, Quintela (36´),
7-5, Gabri (39´).

Incidencias. Amarelas a Cokito, Jhony, Troncho, Fran; Rubas, Regueiro, David. Uns 150 espectadores no Pavillón Municipal, moitos visitantes.


Nova cortesía Moisés Fernández e Xose Ferreiro

COPA. GRUPO A. PINTURAS GRANDAL LAGO DVSPORT 3 – CINCO CORUÑA DUACODE B FS 1

Partido este sábado á noite no Pavillón Municipal

Gran triunfo 3-1 do equipo feminino do Lago, que remontou na segunda parte un gol de Antía, que quedou sola ante Paula Baamonde, pese as moitas ocasións locais neste primeiro período, incluido un tiro ao longueiro de Uxía Cupeiro.
No reinicio do segundo período anotou a gran Paula Baamonde, e no tramo final un gol Paula Castro e outro de Carol no último minuto situaron o 3-1 definitivo.
Trala derrota a semana pasada ante o líder intratable Villestro, 6-2, próxima visita ao Alto do Vento de Santiago para rematar a primeira volta.
Nas de Jacobo Barro xogaron Paula Baamonde, Natalia, Uxía Cupeiro, Andrea, Carol; Aitana, Uxía Rodríguez, Carolina, Paula Castro e Zaira.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA GALICIA VETERANOS. CD AS PONTES 5 – SILVA SD 0

Partido este sábado á tarde no Evaristo Puentes

Triunfo cómodo do equipo pontés de Veteranos ante o antepenúltimo coruñés do Silva este sábado á tarde no Campo artificial.
O encontro xa quedou sentenciado ao descanso cos tantos de Guille (2), Narciso e Alberto, redondeado co de Juan na reanudación.
Seguen moi ben os de Ffelipe Mieres na segunda praza con 49 puntos, a quince do intratable Teke Teke de Ordes, e cinco por riba da Capela.
Próxima visita ao Almeiras de Culleredo, duodécimo clasificado con 23.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA REXIONAL LUGO. SDC CABREIROS 2 – SDC ROUPAR 1

Derbi este domingo á tarde con moitos xogadores ponteses

O Cabreiros impúxose 2-1 ao Roupar no derbi vivido neste domingo soleado á tarde no Campo da Cea en Xermade.
Adiantou Dani Da Silva aos locais de cabeza, igualou Alex Ramos cun gol sorpresa nun balón que entrou, petou no pau de atrás e voltou ao campo, e preto do final Marcos Novo nunha xogada de estratexia botada por Chema establecía o 2-1 definitivo.
Vellos coñecidos ponteses ou que pasaron polo As Pontes houbo neste derbi, como, a bote pronto, Lino, David Otero, Cristian, Dani Da Silva, Marcos Novo, Chema, Sergio Cazás, Nesi, Sergio Fraga, Mateo, Brais Seoane; os xemelgos Carlos e Fernando, Santi Rouco, Alex Fresco, o mítico Diego Seco, ou Andrés Pita, entre outros moitos, con Paco López Rivera e Diego Dopico de adestradores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s