—

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – SD RESIDENCIA DE LUGO 0
Partido este domingo á mañá no Poboado
Importante vitoria do As Pontes 1-0 no partido disputado este domingo
chuvioso á mañá no Campo de O Poboado ante o Residencia de Lugo.
Rápido se adiantaron os locais a través dunha xogada por banda esquerda
de Tijan, que lle cede o balón a un desmarcado Brais, que bate por baixo a
Diego (12´).
A partir de ahí o As Pontes adicouse a conservar a ventaxa buscando as
contras e os lucenses foron a polo empate pero sen moito perigo.
Destacar unha aproximación visitante onde o seu capitán Txiki remata so,
e salva Valentín (25´), ou un disparo do mítico Poratti en posición franca
que vai por riba do longueiro (75´).
Por parte local resaltar un remate alto de Felauto preto do longueiro que
desvía in extremis o porteiro (85´) e nos derradeiros minutos tamén
reclamaron os azuis dous penaltis por un derrubo a Tijan e un empurrón a
Rogerio.
Neste momento o As Pontes é sexto pola cola con 38 puntos, tentando
buscar algo positivo no derbi ante o Mugardos.
CD AS PONTES. Valentín, Criado, Mascareña, Martínez, Montes, Traba,
Jandro, Felauto, Jaime (Rogerio 65´), Tijan, Brais (Luis 78´).
RESIDENCIA SD. Diego, Teri (Jorge 83´), López, Martín, Sfagio, Txiki, Rasi
(Pedro 64´), Poratti, Renda (Gabi 88´), Buján (Artai 70´), Yeray.
Goles: 1-0 Brais (12´)
Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Auxiliado por Miño Rojas e Rey
Rodríguez. Amarelas a Brais, Valentín, Montes, Rogerio, Criado, Sfagio.
Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores en mañá
chuviosa.

















































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 4 – JOFAGAN ORDES FS 2
Partido este domingo á noite no Pavillón Municipal
Importante triunfo do Lago no partido disputado este sábado á noite ante
o Ordes por 4-2.
Os visitantes dispuxeron de varias ocasións no primeiro tramo salvadas
por Sergio incluso por Jacobo que conseguiron deixar o casilleiro a cero,
acompañado por dous golazos de Dani, un de tacón e outro de forte
disparo co que se marchaba 2-0 ao descanso.
Mediado o segundo período os visitantes conseguían empatar 2-2, pero
preto do final dous goles salvadores de Diego Pellón daban tres puntos
vitais aos de Diego Vinicius, aos que, sextos pola cola con 38 puntos lles
queda visitar a Vilalba B e Quiroga e recibir a Os Meigallos.
Xogaron Sergio Cal, Jacobo, Diego, Adrián Meizoso, Dani; Pelu, Destaw,
Sergio Vázquez, Adrián Bellas.


























































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

LIGA DE FERROL XUVENIL. CD AS PONTES 5 – CEDEIRA SD 2
Partido este sábado á tarde no Anexo José
Vitoria do Xuvenil do As Pontes no encontro disputado nesta tarde do
sábado ante o Cedeira por 5 goles a 2.
Adiantou Antón Varela aos locais, e Xoel Purriños e Anxo Blanco marcaron
no inicio do segundo período, pero dous tantos consecutivos visitantes
poñían o 3-2 no marcador.
Preto do final un tanto en propia meta e outro de Sergio Hermida daban
os tres puntos aos locais.
Xogaron Joel, Adrián, Bruno, Samuel, David, Carlos, Xoel, Xandre, Blanco,
Ángel, Antón, e despois Rey, Ramil, Hermida e Borja.
Quintos con 66 puntos, na vindeira xornada reciben ao San Pedro, colista
con 7 puntos.
























































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
—

AMIGABLE. MARBLE LAGO DVSPORT INFANTIL-SELECCIÓN GALEGA ALEVÍN
Partido este martes á tarde no Pavillón Municipal
Este martes á tarde disputouse un encontro amigable de preparación da Selección Galega Alevín dirixida por Pili Costa, de O Parrulo, de cara ao Campionato de España, contra o equipo Infantil do Lago, que rematou co resultado de 0-15 pese ao voluntarioso equipo de Jacobo Barro e ás paradas de Daniela.
















































































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

COPA VETERANOS. ELECTRICIDAD J&O – 2 (3) – AS PONTES 74 – 2 (2)
Partido este domingo á mañá no Evaristo Puentes
Nun día chuvioso e sen graderío no Evaristo Puentes xogouse a repesca
dos dous equipos últimos clasificados por unha praza nos cuartos de final,
que logrou Electricidad J&O nos penaltis 3-2 ante o As Pontes 74.
Coma queira que o grupo A acabou da seguinte maneira, A Cepa (9), Bar
Encanto Lecar 712 (6), Jeycar (2) e As Pontes 74 (0), mentres que o grupo
B con Muebles Eume (9), La Galaxia Venus (9), MMYPEM (6), Estanco Mari
Carmen (6) e Electricidad J&O (0).
Os enfrontamentos nos cuartos de final serán un interesante A Cepa-
Estanco Mari Carmen, Bar Encanto-MMYPEM, La Galaxia-Jeycar e Muebles
Eume-Electricidad J&O.



































Nova cortesía de Xose Ferreiro.
—