CD As Pontes Feminino

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 4 – CD JUVENTUD DEL CíRCULO CATÓLICO 1

O equipo pontés certificou a permanencia tras gañar ao equipo burgalés

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo certificou a súa estancia unha campaña máis na Segunda División B do fútbol sala español, na que será a súa undécima campaña consecutiva desde 2013.

Marcharon ao descanso 2-0 os de Senén nos últimos minutos cun tanto de Troncho e outro desafortunado, e na segunda metade aguantaron as embestidas burgalesas, ata que con porteiro xogador marcou Troncho de vaselina, e Héctor desmarcado diante de Javier, mentres que recurtou distancias para os visitantes Pablo só dentro da área.

Coma queira que no Lugo Sala-Sala Ourense os locais tamén gañaron 4-1, os ponteses, undécimos, suman 36 puntos e cinco de marxe sobre o cuarto pola cola, o equipo ourensán, polo que faltando unha xornada na que visitarán ao Guardo xa están salvados.

Moito mérito do equipo dirixido por Senén e Fran dado que o cadro pontés si se pode considerar de servicios mínimos, nas últimas semanas con apenas seis xogadores do primeiro plantel, e hoxe eran cinco, axudados polo xuvenil Sergio Cabarcos, os que lograron o obxetivo.

O ESTEO FS. Xeito, Cokito, Héctor, Jhony, Troncho – Sergio.

CD JUVENTUD. Javier, Ismael, Javier, Oliver, Pablo – Daniel, Israel, Pablo.

GOLES. 1-0, Troncho (15´), 2-0, Ismael, propia meta (19´). 3-0, Troncho (35´), 3-1, Pablo (37´), 4-1, Héctor (39´).

Incidencias. Amarelas a Troncho e Oliver. Uns 200 espectadores no Pavillón Municipal.

Nova cortesía Xose Ferreiro

COPA. GRUPO A. PINTURAS GRANDAL LAGO DVSPORT 1 – SD VILLESTRO 4

Partido este venres á noite no Pavillón Municipal

O equipo do Lago feminino recibía este venres ao líder do grupo, mellor equipo da Liga, Villestro, ante o que perdeu por un claro 1-4. As visitantes avanzaronse con tantos de Aurora, Nerea, Carla e Raquel, e Paula Castro anotou o da honra para as locais.

As de Jacobo Barro suman dúas derrotas ante o equipo de Santiago, a outra 6-2, un empate en Alto do Vento 1-1, e unha vitoria ante o Cinco Coruña 3-1, quedandolle visitar ao equipo coruñés, e recibir ao de Santiago.

Xogaron Paula Baamonde, Paula Castro, Andrea, Carla, Zaira; Uxía Cupeiro, Carol, Carolina e Aitana.

Nova cortesía Xose Ferreiro

 —

SEGUNDA GALICIA VETERANOS. CD AS PONTES 2 – CD SIGRAS 2

Partido este domingo á mañá no Evaristo Puentes

Empate que deixou mal sabor de boca entre os dous equipos que protagonizaron o ascenso a campaña pasada.

Os azuis poñían o encontro de cara con dous tantos ao principio e final da primeira parte a cargo de Iván Benavente e Borja Pellón.

Pero no segundo período dous tantos de Diego Martínez situaron o 2-2 definitivo, que deixa aos de Cambre novenos con 33 puntos e aos de Felipe segundos con 53.

Nunha Liga moi longa, onde a estas alturas aínda quedan sete partidos, próxima visita ao Atlético San Pedro, duodécimo con 27.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

COPA PONTESA DE VETERANOS

Este sábado disputáronse os cuartos de final con algunha sorpresa

Antepenúltima rolda da Copa pontesa de Veteranos e entre os favoritos continúa Estanco Mari Carmen, que na eliminatoria da xornada venceu 1-0 ao campión de Liga A Cepa. Máis sufrido foi o triunfo do Muebles Eume de Basoa, que perdía faltando pouco tempo pero acabou gañando 2-1 a Electricidad J&O.

A gran sorpresa foi a derrota de La Galaxia Venus 3-1 ante Jeycar, e o equipo que no seu momento tivo media Liga no peto acabou desinflándose nas última semanas. No outro encontro da xornada era MMYPEM o que clasificaba a semis vencendo 4-2 ao Bar Encanto.

Na penúltima rolda Muebles Eume enfrontará a MMYPEM e Estanco Mari Carmen a Jeycar.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s