CD As Pontes Feminino

PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 3 – OS MEIGALLOS FS 6

Partido disputado esta noite no Pavillón Municipal

Non puido este sábado o equipo do Lago ante os Meigallos de Sarria, equipo que marchou ao descanso 1-2 e na reanudación púxose 1-4, e pese a que se achegaron os azuis con tantos de Adrián Meizoso (2) e un en propia meta, redondearon ata o 3-6 definitivo.

Xogaron Sergio Cal, Jacobo, Diego, Adrián Meizoso, Dani; Pelu, Destaw, Rober, Sergio Vázquez, Adrián Bellas.

Quintos pola cola con 38 puntos restalles visitar ao cuarto clasificado, Covirán Quiroga.

Nova cortesía Xose Ferreiro

COPA. GRUPO A. PINTURAS GRANDAL LAGO DVSPORT 4 – ALTO DO VENTO GLASSDRIVE FS 1

Partido este venres á noite no Pavillón Municipal

Este venres ás 22h encaraban o Lago e o Alto do Vento o último encontro da fase previa da Copa.

Comezaron adiantándose as locais cun bo tanto de Andrea, pero as visitantes tiveron varias ocasións ben salvadas por Paula Baamonde antes do descanso.

Si empataron por medio de Olalla no reinicio do segundo período, pero nos últimos minutos tres goles consecutivos das Paulas e Uxía Cupeiro estableceron o 4-1 definitivo nun grupo que acaba con 18 puntos do Villestro, 9 de Cinco Coruña, 7 do Lago e 1 de Alto do Vento.

Xogaron Paula Baamonde, Uxía Cupeiro, Paula Castro, Andrea, Carla; Natalia, Nerea, Carolina, Carol e Zaira.

Nova cortesía Xose Ferreiro

FINAL COPA PONTESA DE VETERANOS 2023

Tivo lugar esta noite do sábado no campo artificial

Trala disputa a fin de semana pasada das semifinais, este sábado ás 8 disputouse a gran final da Copa Pontesa de Veteranos cos mesmos protagonistas ca do ano pasado pero distinto gañador.

Chegaban á final o Muebles Eume, tras gañar 2-1 a Electricidad J&O e 1-0 a MMYPEM. Máis folgado chegou Estanco Mari Carmen, que deixou na cuneta 1-0 ao campeón de Liga A Cepa, e goleou 6-1 en semifinais a Jeycar.

Na final de hoxe acabouse impoñendo o Estanco Mari Carmen 3-0 cos tantos de Rivas de penalti, Purriños e Anxo.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s