CD As Pontes Feminino

A XOGADORA PONTESA RAQUEL RODRÍGUEZ ASCENDE A PRIMEIRA DIVISIÓN

Tras gañar o partido de onte ante o Atlético Torcal

A xogadora de raíces pontesas Raquel Rodríguez Ferreiro, conseguiu onte co seu equipo, o Castro FSF, de Castro de Rei, o ascenso á Primeira División do Fútbol Sala feminino español.

No día de onte xogaban entre si os campións dos catro grupos de Segunda, no seu caso, líder destacado do seu grupo 1 o Castro, con 71 puntos en 23 vitorias, dous empates, e tan só unha derrota, con 11 puntos de marxe sobre o Rodiles de Villaviciosa.

E enfrontabanse co Atlético Torcal de Málaga, gran equipo que xa estivera na Primeira División na 2021-22, ao que ganaron 3-1 remontando o tanto andaluz inicial e no que Raquel puxo a puntilla anotando o terceiro tanto.

No outro encontro polo ascenso o Les Corts de Barcelona venceu en Chiloeches 2-6 e os equipos galego e catalán son os dous ascendidos á espera da terceira praza que sairá dunha repesca, e que ocuparán as prazas dos descendidos Joventut d´Elx, Teldeportivo e Sala Zaragoza.

Este ano o equipo lucense formou un gran plantel coas brasileñas Luisa Mayara Da Silva, Daniele Fleitas, e sobre todo a gran Camila Gadeia, ex Campiona de Europa co Burela e de dúas Copas América coa selección de Brasil, ao que se sumou Raquel, ex A Fervenza.

A temporada 2023-24 será unha Primeira División de claro color galego con 6 dos 16 equipos, con Burela, Poio, Ourense, Marín, Viaxes Amarelle da Coruña e o Castro.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Fotos cortesía Xesús Ponte & El Progreso

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 2 – SDC ORDES 2

Partido este domingo á tarde no Poboado

O As Pontes rescatou un punto e impediu que un rival directo sumara tres mailo goal average gracias ao dobrete de Tijan no encontro celebrado hoxe en tarde moi fría no Campo do Poboado.

Pese ás maiores aproximacións locais chegouse 0-0 ao descanso, e na reanudación adiantábanse os visitantes tras un inocente penalti, ao que respostaba Tijan rematando sen deixar caer o balón un servicio de Rogerio rematando moi axustado ao pau.

Puido marcar a porta baleira Luis o 2-1 tras un pase do propio Tijan e na xogada posterior nunha indecisión entre un defensa e Valentín acabou rematando so dentro da área Pastur poñendo o 1-2 e o seu dobrete.

Pero outra vez Tijan tras un forte disparo dende fora da área puxo o 2-2 que foi definitivo para un As Pontes quinto pola cola con 46 puntos antes de rematar a Liga visitando ao colista Portomarín.

2 CD AS PONTES. Valentín, Criado, Mascareña, Barroso, Montes (Rogerio 60´), Felauto, Jandro (Martínez 60´), Alberto (Luis 73´), Josemi, Sergio, Tijan.

2 SDC ORDES. Manuel, Yago (Mateo 89´), Pablo Pastur, Brais, Antonio, Fidi (Adrián 69´), Hugo, Moisés, Raúl, Diego, Javier (Pablo 81´).

Goles: 0-1, Pablo Pastur, de penalti (53´), 1-1, Tijan (83´), 1-2, Pablo Pastur (88´), 2-2, Tijan (90´).

Árbitro: Rodríguez Delgado. Auxiliado por Estévez Blanco e Vázquez Álvarez. Amarelas a Alberto, Criado, Montes, Pablo Pastur, Moisés, Brais, Manuel, Hugo, Pablo.

Incidencias: Campo de O Poboado, uns 250 espectadores en tarde moi fría.

Nova cortesía Xose Ferreiro

COPA DE GALICIA DE RUGBI AS PONTES 2023

Tivo lugar este día 17 no Campo Artificial

Este mércores día das letras galegas tivo lugar no Evaristo Puentes durante todo o día a Copa Galega de Rugbi a sete en cinco categorías.

Participaron nos diferentes torneos Kaleido Vigo, Crat A Coruña, Santiago, Coreti Lalín, Pontevedra, Ferrol, Os Ingleses, Muralla, Mareantes, Zalaeta, Asterix de Viveiro, Unión do Norte, e Fendetestas.

Os equipos olívicos triunfaron nas categorías Senior Masculina e sub18. Na categoría Senior Feminina e sub16 o Crat A Coruña foi quen se impuxo, namentres que na sub14 foi o club vilagarcián os ingleses quen levou a victoria.

Nova cortesía Xose Ferreiro

I XCO VILA DE AS PONTES 2023

Disputouse esta tarde de sábado preto do Lago

Este sábado ao longo de toda a tarde celebrouse nas proximidades do Lago o primeiro circuito de Cross Country pontés en diversas categorías.

Na categoría Élite resultou vencedor Jorge Punzón (Cosmos), en Sub23 Anxo Carril (Coruxo) e Sofía Álvarez (Cambre), en Junior Alejandro García (Academia Postal) e Uxía Soto (Supermercados Froiz), mentres que nos Cadetes foron Mauro Vega (Coruxo) e Lorena Patiño (Santomé de Piñeiro).

Nos máis veteranos, en Máster 30 venceron Jose Ramón Villanueva (Código Bike) e Iria Nieto (Compostelano), Máster 40, Jorge Aguin (Moto Bike) e Silvia García (Bici Verde), Máster 50, Francisco Xavier López (MTC Team) e Máster 60, Manuel Dorrio (Cambre).

Nova cortesía Xose Ferreiro

II TORNEO FUTSAL FEMININO LAGO DE AS PONTES

Disputouse esta fin de semana no Pavillón Municipal

Este sábado e domingo ao longo de todo o día disputouse o torneo feminino de fútbol sala do Lago de As Pontes no Pavillón Municipal.

Nas categorías Xuvenil e Cadete vitorias do Cabreiroá Burela con terceiro posto do equipo do Lago en ambos torneos.

No categoría infantil gañou o Lugo Sala sendo o Lago quinto clasificado. As mellores novas chegaron co triunfo do Lago no torneo Alevín sendo elixida Adair Legaspi mellor xogadora.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s