—

O PONTÉS ENRIQUE FORNOS ASCENDE A SEGUNDA DIVISIÓN
Tralo partido deste sábado na Malata
O futbolista pontés Enrique Fornos Domínguez ascendeu este sábado á Segunda División española, tras gañar o seu equipo, o Racing de Ferrol, 2-0, nun complicado partido ante o Celta B, con dous tantos nos últimos minutos de Jaume Jardí.
Enrique, con algún que outro contratempo físico ao longo da tempada, xogou 18 partidos, 15 deles de titular, e un total 1325 minutos, nos que anotou un tanto ante o Linares.
O Racing de Ferrol ascende de maneira directa tras quedar Campión do Grupo 1 con 75 puntos. Xogarán o play off Alcorcón (74), Real Madrid Castilla (69), Deportivo da Coruña (67), e Celta B (59).


Nova cortesía XF. Foto Muchacalidad.
—

PREFERENTE NORTE. CF PORTOMARÍN 0 – CD AS PONTES 1
Partido este domingo á tarde na Chao da Poza
Sufrida vitoria do As Pontes no último partido da temporada ante o colista Portomarín nun encontro no que se adiantou pronto tras unha cabezada de Traba cara atrás que pillou a contrapé ao porteiro, e pese a que dominou máis o encontro tivo que sufrir ata o final para manter os tres puntos.
Coma queira que o Sigueiro goleou 0-6 en Sofán e o Lemos 0-4 en Ribadeo o As Pontes conclúe quinto pola cola con 49 puntos.
Xogaron Valentín, Criado, Mascareña, Barroso (Rogerio 61´), Montes, Traba, Felauto, Alberto (Jandro 83´), Josemi, Sergio, Tijan.









































Nova cortesía Xose Ferreiro
—