O 24-8-2021, EN NARÓN, NO ARGENTINA 2 – JAPÓN 1, CON UNS CRACKS (2ª PARTE)









—
Pleno de quince puntos neste 2021
O equipo pontés feminino remata o 2021 cun pleno de cinco vitorias tras impoñerse hoxe sábado ao cadro de Cedeira por dous tantos a cero, goles de Paula Castro, e de Noelia, que aproveitaba un servicio de Nerea para encarrilar o encontro xusto antes do descanso.
A semana pasada venceran na Capela 0-1. Na segunda metade sobre todo controlaron a ventaxa, ainda asi resaltar un longueiro de Xeila, algunha contra cortada por Yoli e algunha parada de Nerea.
Pleno de quince puntos do cadro de Iván Rodríguez antes de recibir ao complicado Caranza xusto despois de Reis. Xogaron Xeila, Yoli, Indira, Noelia, Nerea, Paula Castro, Carlota, Carolina e Uxía.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
Partido hoxe á mañá no Campo Anexo José
Derrota do Xuvenil pontés no encontro disputado nesta mañá fría e soleada no Anexo José ante o Ribadeo por 1-3, equipo que xa o derrotara na xornada inaugural desta competición por 3-0.
Pronto se adiantaron os visitantes nunha xogada iniciada dende a banda esquerda na que número once lucense terminou rematando moi fácil. Nun balón que cabecea Samuel e se lle escapa ao gardamallas chegou o empate, pero dous tantos consecutivos, un rematando o primeiro período e outro no reinicio do segundo significaron a sentencia.
Son oitavos con nove puntos. A parte boa é que, ao contrario que o equipo senior, descansan un mes ata mediados de Xaneiro que visitan ao Val, que suma 7 puntos, de momento, no derbi.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
—
Importante triunfo do Esteo nas Somozas ante o segundo clasificado
Triunfo moi importante e sufrido do Esteo este sábado nas Somozas ante o segundo clasificado, o Guardo, por 6-3. Os ponteses van rematar 2021 habendo xogado por última vez en As Pontes un 17 de Maio cun 2-3 ante o Unión Arroyo.
Nada que ver este partido co encontro disputado a campaña pasada no que o conxunto palentino gañara 0-7 na Fraga asegurando o título de Liga.
A primeira metade rematou con táboas, pero no inicio da segunda, tras unha boa asistencia de Troncho marcaba Guillán, e pouco despois o propio xogador pontés marchaba só, e o seu disparo desviabao un defensa colándose por entre as pernas do porteiro visitante.
Pero os castelans leoneses trataron de recurtar distancias buscando que non se marchara moito na clasificación o histórico Santiago Futsal, e mediada a segunda parte empataron por medio de Beto, que logrou batir a Failde, que salvou moitas ocasións, incluso marcou un gol.
Pero dende o borde da área, revolveuse de espaldas a portería Cokito, e pese a desviar un pouco o porteiro o balón acabase colando pola escadra tras petar na cruceta. O propio Cokito servialle unha boa asistencia a Troncho para facer o 6-3 que resultou ser definitivo a pesar do perigoso xogo de 5 para 4 dos amarelos.
Nunha clasificación moi apretada por abaixo, O Esteo é noveno sumando 17 puntos antes do trascendental derbi ante o Cidade de Narón, que ten 12.
O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Héctor, Alberto, Troncho – Jhony, Jandro, Guillán, JFailde, Dani.
DEPORCYL GUARDO FS. Gómez, Beto, Iván, Corral, Raúl – Chefo, Beto, Chochi, Davicín.
GOLES. 1-0, MFailde (3´), 1-1, Davicín (4´), 1-2, Beto (5´), 2-2, JFailde (7´). 3-2, Guillán (21´), 4-2, Troncho (24´), 4-3, Beto (31´), 5-3, Cokito (36´), 6-3, Troncho (38´).
Incidencias. Amarelas a Jandro, Guillán, MFailde, Chochi, Iván. Uns 50 espectadores no Pavillón das Somozas.
Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández
—
Última xornada da primeira volta
Empate do Xuvenil pontés no encontro disputado esta tarde no Campo Anexo Jose ante o equipo de Abegondo.
Igualada que deixou un mal sabor de boca, pois os locais adiantaronse con tantos de Samuel e Xoel, e dispuxeron de ocasións, pero os verdes empataron nos últimos minutos.
Son oitavos con 9 puntos antes de comezar a segunda volta recibindo ao Ribadeo.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
Partido sábado á noite no campo artificial
Triunfo do equipo pontés de veteranos no encontro disputado este sábado xa de noite no Puentes Durán. O partido correspondía xogalo en Carnoedo pero por non haber disponibilidade de campo xogouse en As Pontes.
Triunfo plácido do equipo dirixido por Felipe Mieres con tantos, a metade de Iván Ferreiro (6), e tamén Púas, Berto, Rivas, Couso, Felipe e Alberto.
Tralo triunfo 3-2 na primeira xornada ante o Sigras, próxima visita ao outro Carnoedo do grupo, o Mariñas Sada.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
—
Agónico e vital triunfo do Esteo que anotou o 2-0 faltando tres segundos
Décimo segundo encontro do Esteo a domicilio, e vital triunfo ante un rival directo pola permanencia, o Racing de Mieres, único conxunto da categoría pertencente ás maravillosas terras asturianas.
Os de Marcos e Senen marchaban ao descanso con ventaxa tralo tanto de Cokito e no segundo tempo puido ampliar a ventaxa Alberto, pero o balón rebotoulle no corpo hacia fora, en lugar de cara a porta co porteiro xa vencido. Pero tamén resbalou Héctor e coa porta baleira un visitante enviaba o balón á cruceta.
Picou o balón Cokito ante a saída do gardamallas asturiano pero o balón marchaba lamendo o poste, e despois quedaba só Alberto, pero foiselle o balón no intento de regate ao porteiro. Mentras, Failde desbarataba calquer opción visitante.
Nos últimos minutos susfriuse co 5 para 4 dos visitantes pero apenas faltando tres segundos Alberto roubaba o balón e dende media pista facía o 2-0 definitivo que daba tres puntos vitais ante un rival directo, que os sitúa con 14 puntos antes de recibir ao ex líder Guardo.
O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Alberto, Jhony, Troncho – Héctor, JFailde, Jandro, Dani, Eloy.
RACING DE MIERES FS. Santi, Fredi, Manu, Rober, Josu – Izan, Vilen.
GOLES. 1-0, Cokito (10´). 2-0, Alberto (40´).
Incidencias. Amarelas a Troncho e Alberto. Uns 100 espectadores no Pavillón das Somozas.
Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández
—
Fútbol feminino no Puentes Durán case 22 meses despois
Voltou o equipo feminino a xogar un partido oficial en As Pontes case 22 meses despois, en concreto o último fora un 15 de Febreiro de 2020, que o gran Óscar Freire cumpría 44, cun 1-4 ante o Galicia Caranza, e fixerono remontando nos últimos minutos ao histórico Maniños para impoñerse por 2-1.
Un gran remate de cabeza de Paula Castro tras saque de córner de Carlota facía o empate, e despois nunha magnífica xogada a capitana regateaba a unha defensa e colocaba moi ben o balón a onde non podía chegar a porteira visitante para facer o 2-1 definitivo.
Terceiro triunfo do equipo de Iván Rodríguez, que xa gañara nos partidos a domicilio contra Caranza (0-1) e Rosalía (1-4). Xogaron Iria, Yoli, Indira, Noelia, Nerea, Paula, Carlota, Silvia, Uxía e Xeila.
Resaltar a volta da gran Silvia Caaveiro, que fora central-lateral esquerdo no equipo feminino de fútbol-11 durante moitas temporadas, dun equipo feminino do que dos seus inicios so quedaba Carlota trala retirada de Leti.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
O As Pontes remata a primeira volta con 13 puntos
Reparto de puntos no encontro desputado este mércores no Campo de O Poboado, con dúas partes ben diferenciadas.
Na primeira de dominio lucense, por certo, co mítico Poratti aos seus 42 no campo, que se adiantaron cun bo tanto pola escadra de Xabi, de disparo dende o borde da área, e outro xogador visitante en posición inmellorable na área pequena colocou en exceso e o balón marchou a rentes do pau.
No segundo período foron os ponteses os que levaron o peso do partido e empataron por mediación de Aitor Moreda e cun cuarto de hora por diante buscaron o segundo nos minutos finais embotellando ao cadro visitante pero ao final houbo reparto de puntos.
O As Pontes remata a primeira volta con 13 puntos, e coa fusión dos dous grupos, momentáneamente estaría cinco puntos por riba dos seis descendidos. Próxima xornada reciben ao San Tirso de Abegondo, que suma 19.
Primeiro empate no Poboado entre ambos co referente do 5-0 da 2017-18. Xogaron Paco, David (Jaime 68´), Alberto, Vilela, Montes, Traba, Brais (Edgar 68´), Toni, Moreda, Sergio, Bellas.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
—
Triunfo de prestixio do As Pontes no último minuto
Vitoria de prestixio do As Pontes 2-1 ante o conxunto que era líder, a Sarriana, triunfo como local casi nove meses despois, nun partido con grandes ocasións pra ambos equipos. Os visitantes marcharon xusto no último suspiro co 0-1 ao descanso tras un penalti transformado polo mítico Gerardo, tras disparar Mitogo e rebotar o balón nas mans de David.
Pero no segundo período, tras un bo centro desde banda esquerda empala dentro da área Pajaro, e despois foi Sergio quen fixo dúas boas ocasións, un disparo que marcha a rentes do pau, e un forte lanzamento dende o medio do campo que non entra por pouco, e aínda máis clara foi a de Omar que cun trallazo dende fora da área estrelou o balón na cruceta.
Reclamaron unha man na área visitante os locais, pero foi nunha perda de balón cos vermellos con todo tentando buscar o gol da vitoria que lles mantivera o liderato unha semana máis que quedou so Sergio, recorreu o campo, prantase ante Liz e bateo picandolle o balón no último minuto (95´).
Vellos coñecidos no equipo contrario, o pontés Iván Parapar, Javi Liz, Óscar Rivas e Mitogo. Oito meses e 21 días despois, trala vitoria 3-2 ante o Fisterra un 7 de Marzo, volveu gañar o As Pontes no Poboado o día que era máis complicado. Próxima visita a vindeira semana ao Pepe Barrera contra o histórico Ribadeo.
Décimo triunfo pontés ante a Sarriana en partido oficial no Poboado, por un empate e un triunfo lucense. Repítese o 2-1 da 1980-81, 2005-06 e 2018-19. Son oitavos con 12 puntos. Xogaron Paco, David, Berto, Iván, Montes, Jaime (Rey 62´), Pájaro, Vilela, Moreda (Brais 62´), Sergio (Casas 95´), Bellas (Edgar 89´).
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
Partido esta mañá chuviosa de domingo no Evaristo Puentes Durán
Caeu o Fendetestas nesta mañá chuviosa de domingo ante o Zalaeta de Arteixo por 14-33, ao descanso 7-18, ensaios de Antonio e Toño Ferreiro e ambas transformacións de Alberto.
Xogaron Asier, Anxo, Martín, Carlos, Antón, Luis, Rafael, Senen, Alberto, Mariano, Antonio, Iván, Martínez, Guillermo, Toño, entrando despois Pablo, Xose, Borja, Leonardo e Jesús.
Os verdes suman catro derrotas, a de hoxe, 0-55 ante o Crat, 96-0 ante o Ferrol, 59-17 ante o Muralla, por unha vitoria, a semana pasada, 22-32 en Santiago.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
Partido disputado este sábado á tarde no Anexo Jose
Segunda vitoria do Xuvenil pontés este sábado á tarde ante o Polvorín lucense por 2-0, goles de Xoel Purriños e Adrián Piñón no comezo da segunda metade. Os de Rivas son sétimos con 8 puntos antes da súa visita ao Marcos Gómez no derbi co Viveiro, que é quinto con tres puntos máis.
Nova cortesía Raimundo Carballo
—
O Esteo rescata un punto en Fene nos derradeiros instantes
Décimo encontro consecutivo do Esteo a domicilio, que nesta ocasión tivo que desprazarse nin máis nin menos que a Concello de Fene, que exerceu de acolledor anfitrión, ao coqueto Pavillón da Xunqueira en San Valentín.
Pese a comezar adiantandose cun tanto de Jhony, pronto empataban os vallisoletanos, e tras varias comprometidas perdas de balón en defensa, volteaban o marcador os visitantes antes do descanso, e gracias que Failde parou un man a man.
Na segunda metade os ponteses buscaron en todo momento rescatar algún punto e lograrono cun tanto de Jandro a dous minutos do final, facendo boa a importante vitoria a semana pasada 3-4 en Pontevedra.
Son cuartos pola cola con 11 puntos antes da importante visita ao Ribeira a vindeira semana.
O ESTEO FS. MFailde, Guillán, Héctor, Alberto, Troncho – Cokito, Jhony, Jandro, JFailde, Dani.
CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID. Rubén, Picolo, Javi, Antolín, Nacho – Aaron, Clemente, Víctor, Iván, Adrián.
GOLES. 1-0, Jhony (5´), 1-1, Antolín (8´), 1-2, Clemente (18´). 2-2, Jandro (38´).
Incidencias. Amarelas a Troncho e Víctor. Uns 50 espectadores no Pavillón da Xunqueira.
Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández
O 23-4-2021 EN FERROL, EN O PARRULO-FC BARCELONA
2 JESÚS NAZARET AICARDO
3 MATHEUS RODRIGUES
6 DANIEL SHIRAISHI
7 DYEGO HENRIQUE ZUFFO
10 LEANDRO ESQUERDINHA
16 OSCAR DE LA FAYA
18 MARCENIO RIBEIRO
21 DIDAC PLANA
99 GEVERSON XIMBINHA
—
Empate a 1-1 no encontro disputado esta mañá no Campo Anexo José.
Adiantabanse no primeiro período os lucenses pero os locais lograban rescatar un punto no principio do segundo, anotando ambos Yagos.
Cinco puntos suman os locais tralo brillante empate logrado a semana pasada na casa do líder Olímpico de Rutis, 2-2, antes de visitar ao complicado Galicia de Caranza.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
Derbi este sábado á noite no Pobado
Terceira derrota do As Pontes na casa, nesta ocasión no derbi ante o Galicia de Mugardos, dirixido por Fontao e Manel, dous vellos coñecidos da afección pontesa.
Na primeira metade resaltar dúas ocasións, de dous ex azuis, nunha Artai queda so ante Paco que desvía o xusto a córner co balón lamendo o pau, e unha cabezada moi clara de Alex López. Por parte local reclamaron un penalti que semellaba moi claro por derrubo a Dani Bellas.
Na segunda metade froito do maior dominio visitante, a falta dun cuarto de hora Yago anotou o tanto da vitoria para o conxunto pulpeiro que sobe aos 17 puntos mentres os locais apenas suman nove na sétima posición antes de visitar a complicada cancha de Monforte.
O Mugardos é un equipo histórico con bos resultados no Poboado, con sete triunfos co de hoxe, por seis empates e tres vitorias locais. Non gañaba nas Pontes, iso si, desde un 1-4 na tempada 1980-81.
Xogaron Paco, Criado (Berto 49´), Iván (Yáñez 75´), Javi (Jaime 80´), Montes, Traba, Julián, Toni, Vilela, Sergio, Bellas (Moreda 66´).
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
Partido oficial do equipo pontés case dous anos despois
Máis de vinte meses despois volvía a xogar o Fendetestas pontés un partido oficial no Campo artificial Evaristo Punetes Durán, o último fora a principios de Marzo de 2020, ante o Coreti Lalín, e facíao ante o histórico Crat coruñés nunha mañá de domingo solleiro.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
Importante vitoria do Esteo nas Somozas
Oitavo partido consecutivo de Liga do Esteo a domicilio no que se logrou un importante triunfo nas Somozas por 6-3 ante o Albense de Salamanca.
O cadro pontés xa marchaba 3-0 ao descanso con tantos de Jhony, Guillán, e Troncho, e ao pouco da reanudación, facía o cuarto Jandro a pase de Cokito.
Mediado o segundo período os visitantes quedaban cun menos e aínda que o Esteo non soubo sacar proveito dos dous minutos en superioridade, semellaba que sentenciaba Alberto que marcaba o 5-0 a porta baleira tras pase de Héctor faltando pouco.
Nada máis lonxe da realidade pois en pouco máis dun minuto fatídico os castelán leoneses poñíanse 5-3, tranquilizando Héctor co 6-3 definitivo cun tanto a porta baleira faltando poucos segundos.
Tres puntos de oxíxeno para o Esteo que escala á antepenúltima posición con 7 puntos antes de visitar ao perigoso Leis de Pontevedra, cuarto con 15 puntos.
O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Héctor, Alberto, Troncho – Guillán, Jhony, Jandro, JFailde, Dani, Joan.
ALBENSE FS. Miguel, Sergio, Morales, Pinto, Jorge – Juan, Carlos, Roberto, Moreiro, Alex, Tejedor.
GOLES. 1-0, Troncho (4´), 2-0, Guillán (6´), 3-0, Jhony (17´). 4-0, Jandro (22´), 5-0, Alberto (35´), 5-1, Roberto (38´), 5-2, Morales (39´), 5-3, Morales (39´), 6-3, Héctor (40´).
Incidencias. Amarelas a Guillán, Alberto. Expulsado por dobre cartón o visitante Sergio Sánchez (29´). Uns 100 espectadores no Pavillón das Somozas.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e Moisés Fernández
O 11-5-2021, EN BURELA, CON EL POZO DE MURCIA
DON DIEGO GIUSTOZZI
7 FELIPE VALERIO
9 RAFA SANTOS
10 POL PACHECO
14 FERNANDITO AGUILERA
17 MARCEL DE MENDOÇA
23 DARÍO GIL
26 MATTEUS REINALDI
28 CHOLO SALAS
94 FELIPE PARADYNSKI
—
O cadro betanceiro ascende á segunda posición
Derrota do As Pontes no partido disputado na tarde noite chuviosa de hoxe. Os da terra do repolo, con Óscar ou Callón nas súas filas, xa puxeron terra de por medio na primeira metade con tantos de Toni Insua e Juan De Dora e pese a algún que outro intento dos azuis no segundo tempo, destacar unha ocasión moi clara de Jaime Leira nas postrimerías, o marcador no se moveu e o As Pontes é sexto con 8 puntos, antes de visitar ao Victoria coruñés.
Os ponteses polo momento saelles máis rentable xogar a domicilio, si ben na casa so suman un empate por dúas derrotas, todo o contrario de visitante con dúas vitorias e unha igualada. Xogaron Paco, Criado, Berto (Vilela 67´), Moreda, Montes, Traba (Iván 46´), Nieto (David Otero 67´), Toni, Yáñez, Sergio Otero (Jaime 79´), Bellas (Edgar 79´).
Nun duelo de históricos que viviron tempos mellores, cuarto triunfo betanceiro no Poboado por tres empates e once vitorias locais. Ultimo enfrontamento en 2017, con resultado de 4-1, e a última vitoria dos vermellos databa de 2012, 1-2, no ano en que ambos equipos se salvaron do descenso por arrastre da Terceira, clasificando 15º e 16º, uns polo ascenso do Ourense e outros pola desaparicion do antigo Montañeros. Máis igualado no García Irmáns, con oito vitorias locais, sete pontesas e dous empates.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
O As Pontes Xuvenil perdeu este sábado á mañá 1-2 ante o Eume. Dispuxo de moitas ocasións no primeiro período pero so conseguiu adiantarse cun bo tanto de Xoel Purriños. Pero antes do descanso os de Pontedeume marcaron un gol olímpico de córner tras petar o balón no pau e acabar entrando, e remontaron cun tanto de penalti na segunda metade.
Suma o equipo pontés unha vitoria ante o Val 1-0, e derrotas ante os de Pontedeume, Ribadeo (3-0), e Racing de Ferrol B (6-4), antes de visitar ao Olímpico de Rutis, en situación inversa, con tres triunfos por unha sola derrota.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
O Esteo gaña en Fene nun vibrante derbi
O Esteo logrou onte o seu primeiro triunfo, no derbi. Leva seis partidos xogando a domicilio e incluso no de onte os ferroláns o facían a un paso da Malata.
Tras chegar ao descanso con 2-2, con alternativas e ocasións para ambos, no segundo período adiantabanse os ponteses por medio de Guillan nunha xogada con un visitante no chan, e o propio Guillán conseguía o 4-2 de penalti engañando completamente a Ángel.
Anteriormente resaltar que noutro penalti, neste caso tirado polo cadro ferrolán cometido por Alberto, que tirou Naveira, estivo sensacional Failde, que sacou o balón co corpo, resultando vital vendo o axustado do marcador final.
Con xogo de 5 para 4 recurtaban distancias os brancos nun balón que acaba desviando un xogador local. O último minuto foi moi duro para o Esteo pois nunha rigurosa falta vía a segunda amarela Guillán, quedando cun xogador menos.
Pero a pesar de xogar os parrulos no perigoso xogo de 5 para 3 non conseguían marcar logrando os ponteses os seus tres primeiros puntos, abandonando o farolillo, pero penúltimos con 4 visitan a complicada cancha de A Estrada, que ten 7.
O ESTEO FS. MFailde, Guillán, Héctor, Alberto, Troncho – Cokito, Jandro, Jhony, JFailde.
O PARRULO B. Ángel, Naveira, Renatinho, Muri, Alonso – Dani, Caio, Cheski, Mario.
GOLES. 1-0, Guillán (1´), 1-1, Alonso (3´), 1-2, Cheski (7´), 2-2, Jhony (16´). 3-2, Guillán (22´), 4-2, Guillán, de penalti (28´), 4-3, Alonso (37´).
Incidencias. Amarelas a Cokito, Alberto, Troncho, Naveira, Alonso. Expulsado por dobre cartón o trigoleador Guillán (39´). Uns 100 espectadores no coqueto Pavillón de A Xunqueira de San Valentín (Fene).
Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández
COPA DO REI EN A CORUÑA. CON UNS CRACKS (3ª PARTE)
MARÍA DÍEZ “PEQUE”
CAMPIONA MUNDIAL CHILE 2016 & CHINA 2017 & BARCELONA 2019
CAMPIONA EUROPEO ALEMANIA 2011 & MIERES 2013 & ITALIA 2015 & PORTUGAL 2018
1 COPA DE EUROPA – 8 VECES PICHICHI
MÁXIMA GOLEADORA HISTÓRICA LIGA ESPAÑOLA
ANNA CASARRAMONA
CAMPIONA MUNDIAL CHILE 2016 & CHINA 2017 & BARCELONA 2019
CAMPIONA EUROPEO FRANCIA 2009 & ALEMANIA 2011 & MIERES 2013 & ITALIA 2015 & PORTUGAL 2018
3 COPAS DE EUROPA
GUILLEM TRABAL
CAMPIÓN MUNDIAL ARGENTINA 2001 & EEUU 2005 & SUIZA 2007 & VIGO 2009 & ARGENTINA 2011
CAMPIÓN EUROPEO SUIZA 2000 & ITALIA 2002 & FRANCIA 2004 & OVIEDO 2008 & ALEMANIA 2010
2 COPAS DE EUROPA
JORDI ADROHER MAS
CAMPIÓN MUNDIAL VIGO 2009 & ANGOLA 2013 &CHINA 2017
CAMPIÓN EUROPEO ALEMANIA 2010 & PORTUGAL 2012 & A CORUÑA 2018
2 COPAS DE EUROPA
1 PICHICHI ESPAÑA – 1 PICHICHI PORTUGAL
JOSEP MARÍA “MÍA” ORDEIG
CAMPIÓN MUNDIAL EEUU 2005 & SUIZA 2007 & VIGO 2009 & ARGENTINA 2011
CAMPIÓN EUROPEO FRANCIA 2004 & ITALIA 2006 & OVIEDO 2008 & ALEMANIA 2010
3 COPAS DE EUROPA
RAÚL MARÍN MARTÍN
CAMPIÓN MUNDIAL ARGENTINA 2011 & CHINA 2017
CAMPIÓN EUROPEO A CORUÑA 2018
4 COPAS DE EUROPA
4 VECES PICHICHI
JOSEP MARÍA “JEPI” SELVÁ
CAMPIÓN MUNDIAL SUIZA 2007 & ANGOLA 2013
ROMÁ BANCELLS
CAMPIÓN MUNDIAL VIGO 2009
CAMPIÓN EUROPEO ALEMANIA 2010 & PORTUGAL 2012
VÍCTOR AGRAMUNT
CAMPIÓN MUNDIAL ARGENTINA 2001
CAMPIÓN EUROPEO SUIZA 2000
SERGI MIRAS
3 COPAS DE EUROPA
ALEX RODRÍGUEZ
1 COPA DE EUROPA
1 VEZ PICHICHI
MARC JULIÁ
ORIOL VIVES
Empate no Poboado nun vibrante derbi
Reparto de puntos no “derbi” disputado hoxe no Campo do Poboado nunha mañá soleada entre o As Pontes e o Santaballés.
Pese á cercanía de ambas localidades, este era só o terceiro encontro oficial entre ambos conxuntos. Os dous equipos se enfrontaron na 2009-10, o ano do penúltimo ascenso do As Pontes a Terceira División.
Tamén fora na cuarta xornada, que o Santaballés lograra un meritorio 0-0 no Poboado, sendo o resultado de 0-4 no encontro disputado en terras lucenses, nunha magnífica segunda volta do cadro azul, que só cedera unha derrota en Betanzos, acabando por ascender acompañando ao Mesón do Bento, ambos con 84 puntos.
O equipo de Rafa Casanova foi a remolque todo o encontro, pois os vermellos adiantaronse por dúas veces, por mediación do pequeno e habilidoso Novas, que anotou un penalti ao pouco do comezo, e Hugo, apenas reiniciado o segundo período.
Pero a pesar de conseguir empatar en ambas ocasións por medio de Bellas e Moreda, non logrou culminar a remontada o equipo azul pese a levar o peso do partido todo o encontro ante un Santaballés ben ordenado atrás que buscaba algunha contra perigosa e que pasaran os minutos.
Cun forte disparo de Toni que milagreiramente desviou a córner Ivo, rematou o encontro, e con cinco puntos os locais, visitan ao Foz na vindeira xornada.
Xogaron Paco, Criado, Berto, Iván (Jaime 66´), Montes (Moreda 50´), Rey (David 50´), Julián, Vilela (Traba 69´), Yáñez (Sergio 50´), Toni, Bellas.
Polo bando visitante Ivo, Serra, Chechu, Ferreiro (Mito 61´), Jandro, Muñiz, Vérez, Diego, Palomo (Casas 77´), Novas (Fran 90´), Hugo (Martín 64´).
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
Perdeu O Esteo nas Somozas a falta de once segundos para o remate
Triste final no encontro disputado onte nas Somozas no que o Esteo perdeu 3-4 cun gol faltando once segundos.
Na primeira metade adiantabanse os ourensáns, pero empataba pouco despois Jandro. Voltaban a poñer terra de por medio os visitantes con dous goles consecutivos, pero recurtaba distancias co 2-3 Cokito antes do descanso.
Trala reanudación, os últimos tres minutos foron moi intensos, xa que o Esteo empatou aproveitandose dos dous minutos cun xogador menos por expulsión do número 20 dos visitantes, gracias a un gol de forte disparo do gran Jhony dende fóra da área.
Pero os ourensáns souberon aproveitar unha boa xogada de 5 para 4, na que rematou libre de marca chegando só ao segundo pau Raúl, que era o que facía de porteiro xogador, e aínda habendo desaproveitado antes unha falta directa. Colista cun punto visita a complicada cancha coruñesa do Ventorrillo.
O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Guillán, Héctor, Jhony – Jandro, JFaílde, Dani, Eloy.
SALA OURENSE. Dani, Raúl, Guerra, Bermejo, Arturo – Gus, Fer, Igor, Iago.
GOLES. 0-1, Fer (4´), 1-1, Jandro (5´), 1-2, Gus (13´), 1-3, Arturo (14´), 2-3, Cokito (19´). 3-3, Jhony (38´), 3-4, Raúl (40´).
Incidencias. Amarelas a JFailde, Héctor, Jandro, Cokito, Dani, Gus, Raúl. Expulsados o adestrador Marcos Leal por vermella directa (39´) e o visitante Arturo por doble amarela (38´). Uns 100 espectadores en tarde soleada que coincidía cun Somozas-Bouzas.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
COPA DO REI EN A CORUÑA. CON UNHAS CRACKS (2ª PARTE)
BERTA TARRIDA
CAMPIONA MUNDIAL CHILE 2016 & CHINA 2017
CAMPIONA EUROPEO ALEMANIA 2011 &MIERES 2013 & ITALIA 2015
3 COPAS DE EUROPA
ADRIANA GUTIÉRREZ VALERO
CAMPIONA MUNDIAL PORTUGAL 2002 & ALEMANIA 2004 & ALCOBENDAS 2010 & FRANCIA 2014
2 COPAS DE EUROPA
NATASHA LEE SUÁREZ
CAMPIONA MUNDIAL JAPÓN 2008 & CHILE 2016 & CHINA 2017
CAMPIONA EUROPEO FRANCIA 2009 & ALEMANIA 2011 & MIERES 2013 & ITALIA 2015 & PORTUGAL 2018
6 COPAS DE EUROPA
SARA GONZÁLEZ LOLO
CAMPIONA MUNDIAL CHILE 2016 & CHINA 2017 & BARCELONA 2019
CAMPIONA EUROPEA ALEMANIA 2011 & MIERES 2013 & ITALIA 2015 & PORTUGAL 2018
4 COPAS DE EUROPA
LAURA PUIGDUETA
CAMPIONA MUNDIAL CHILE 2016 & CHINA 2017 & BARCELONA 2019
CAMPIONA EUROPEO ALEMANIA 2011 & MIERES 2013 & ITALIA 2015 & PORTUGAL 2018
1 COPA DE EUROPA
BERTA BUSQUETS
CAMPIONA MUNDIAL CHILE 2016 & CHINA 2017 & BARCELONA 2019
CAMPIONA EUROPEO ITALIA 2015 & PORTUGAL 2018
1 COPA DE EUROPA
LAURA VICENTE
CAMPIONA MUNDIAL CHILE 2016 & CHINA 2017 & BARCELONA 2019
CAMPIONA EUROPEO ITALIA 2015 & PORTUGAL 2018
1 COPA DE EUROPA
TERESA BERNADAS
CAMPIONA MUNDIAL CHILE 2016 & CHINA 2017 & BARCELONA 2019
CAMPIONA EUROPEA ITALIA 2015
2 COPAS DE EUROPA
MARTA GONZÁLEZ PIQUERO
CAMPIONA MUNDIAL CHILE 2016 & CHINA 2017 & BARCELONA 2019
CAMPIONA EUROPEO PORTUGAL 2018
1 COPA DE EUROPA
DAIANA YANET SILVA
CAMPIONA MUNDIAL ALCOBENDAS 2010 & FRANCIA 2014
CRISTINA “MOTXA” BARCELÓ
CAMPIONA MUNDIAL JAPÓN 2008
CAMPIONA EUROPEO FRANCIA 2009
6 COPAS DE EUROPA
AINA FLORENZA
CAMPIONA MUNDIAL BARCELONA 2019
1 COPA DE EUROPA
1 PICHICHI
VANESSA DARIBO
CAMPIONA MUNDIAL BRASIL 2012
CAMPIONA EUROPEO PORTUGAL 2005
LAURA BARCONS
CAMPIONA EUROPEO PORTUGAL 2018
—
Victoria nos últimos instantes do cadro coruñés ante un As Pontes cun xogador menos todo o segundo tempo
Trala complicada campaña anterior, debutaba o As Pontes esta tarde no Campo do Poboado ante un dos máis favoritos ao ascenso, xunto a Sarriana, o Montañeros, que conta con Herbert, Rubén Rivera, Lazcano, Toni, Kevin, ou o ex pontés Kata, entre outros.
Adiantabanse os locais cun tanto do ferrolán Julián Nieto, pero pronto empataban os visitantes por medio de Charly. Antes do descanso chegaba a xogada polémica do encontro, pois os locais reclamaron un penalti sobre Vilela, no que ademáis foi expulsado o xogador por protestar.
Tivo que remar a contra corrente o equipo azul todo o segundo tempo, e a piques estivo de salvar un punto, pero faltando dez minutos, nunha contra levada polo gran Rubén Rivera, despexa como pode Montes en primeira instancia, chega outro centro desde a zona de córner, nin Paco nin o visitante Toni atinan co balón, que queda morto na área, e o veciño xogador de Vilalba, Currás, marca a porta baleira o 1-2 definitivo.
Continúan cun punto os de Rafa Casanova antes de visitar ao Atletico Escairón, equipo que ten a mesma puntuación. Xogaron Paco, Otero (Criado 65´), Berto, Rey (Jaime 80´), Montes, Traba, Bellas, Vilela, Yáñez (Moreda 71´), Toni, Julián.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
Empate do Esteo no debut nas Somozas nun encontro no que dispuxo de moitas ocasións
O Esteo debutaba este sábado como local, o que é un dicir, pois o facía no Pavillón Municipal do Concello veciño de As Somozas. Tras perder 6-2 en Segovia, os ponteses recibían ao Coruxo da maravillosa cidade viguesa.
E marcharon ao descanso con ventaxa no marcador cun gol de Guillán mediadio o primeiro tempo, e puido ser máis pois un xogador olívico foi expulsado pero non souberon sacar rédito dos dous minutos cun xogador máis.
Trala reanudación voltou o Esteo a ter moitas ocasións, incluso reclamaron un penalti por man na área visitante, pero faltando tres minutos nunha acción na que se lesionou Guillán, seguiu o conxunto vermello a xogada logrando o empate de forte disparo Quique.
A pesar diso, antes do remate, aínda tivo dous disparos ao poste o conxunto de Marcos e Senén, pero nun partido no que O Esteo puido gañar ben, tivo que dar por bo o empate pois co tempo cumprido un atacante do Coruxo quedou so ante Failde afortunadamente mandando o balón por alto.
Primeiro punto do conxunto pontés antes de visitar ao Unión Arroyo de Valladolid.
O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Guillán, Héctor, Troncho – Jhony, Alberto, Jandro, JFaílde, Dani.
IES CORUXO. Toni, Berto, Iago, Quique, Alexis Papa – Bruno, Rodri, Parra, Camilo, Pablo, Cerve, Jorge.
GOLES. 1-0, Guillán (12´). 1-1, Quique (37´).
Incidencias. Amarela a Jandro. Vermello directo ao visitante Rodri (16´). Uns 100 espectadores no moi coqueto pero pequeño pavillón somocense.
Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández
—
COPA DO REI EN A CORUÑA. CON UNS CRACKS (1ª PARTE)
ALBERTO “BETO” BORREGÁN
CAMPIÓN MUNDIAL ARGENTINA 2001
CAMPIÓN EUROPEO SUIZA 2000 & ITALIA 2002 & FRANCIA 2004
9 COPAS DE EUROPA
4 VECES PICHICHI
MARC GUAL
CAMPIÓN MUNDIAL EEUU 2005 & SUIZA 2007 & VIGO 2009 & ARGENTINA 2011 & ANGOLA 2013
CAMPIÓN EUROPEO ITALIA 2006 & OVIEDO 2008 & ALEMANIA 2010 & PORTUGAL 2012
4 COPAS DE EUROPA
1 AITOR EGURROLA
CAMPIÓN EUROPEO ITALIA 2002 & FRANCIA 2004
11 COPAS DE EUROPA
4 MATÍAS PASCUAL
3 COPAS DE EUROPA
7 PABLITO ÁLVAREZ
4 COPAS DE EUROPA
4 VECES PICHICHI
8 PAU BARGALLÓ
CAMPIÓN MUNDIAL CHINA 2017
CAMPIÓN EUROPEO A CORUÑA 2018
1 COPA DE EUROPA
9 SERGI PANADERO
CAMPIÓN MUNDIAL EEUU 2005 & SUIZA 2007 & ARGENTINA 2011
CAMPIÓN EUROPEO ITALIA 2002 & FRANCIA 2004 & ITALIA 2006 & OVIEDO 2008
8 COPAS DE EUROPA
10 SERGI FERNÁNDEZ
CAMPIÓN MUNDIAL SUIZA 2007 & VIGO 2009 & ARGENTINA 2011 & ANGOLA 2013
CAMPIÓN EUROPEO ITALIA 2006 & OVIEDO 2008 & ALEMANIA 2010 & PORTUGAL 2012 & A CORUÑA 2018
3 COPAS DE EUROPA
24 NIL ROCA
CAMPIÓN MUNDIAL CHINA 2017
CAMPIÓN EUROPEO A CORUÑA 2018
33 IGNACIO ALABART
CAMPIÓN MUNDIAL CHINA 2017
CAMPIÓN EUROPEO A CORUÑA 2018
1 COPA DE EUROPA
44 SERGI LLORCA
78 HELDER NUNES
CAMPIÓN MUNDIAL BARCELONA 2019
CAMPIÓN EUROPEO PORTUGAL 2016
79 JOAO RODRIGUES
CAMPIÓN MUNDIAL BARCELONA 2019
CAMPIÓN EUROPEO PORTUGAL 2016
2 COPAS DE EUROPA
Varias Campionas Olímpicas e Mundiais estiveron este domingo á mañá en As Pontes
Este domingo á mañá As Pontes foi inicio da última etapa da Vuelta Ciclista a España Femenina, con final na capital galega, en Santiago de Compostela, igual que a dos homes que tamén rematou onte. Poucas veces se pode ver na nosa localidade un acto de tantísimo nivel, e xa non so pola envergadura do evento en si, senon pola calidade das participantes.
En As Pontes estiveron, entre outras, Anna Van der Breggen, actual Campiona do Mundo Imola 2020, tanto en Ruta como en Contrarreloxo, co seu maillot arco iris, tamén fora Ouro Olímpico en Río 2016, ou Annemiek Van Vleuten, a gañadora final desta Volta, Campiona Olímpica de Contrarreloxo en terras niponas hai apenas un mes, e tamén prata en Ruta en Tokio 2020 (sorprendeu a escapada da austriaca Kiesenhofer coa que ninguén contaba).
Tamén estiveron medallisas olímpicas e mundiais como Elisa Longo, Ellen Van Dijk, Amalie Dideriksen, Tatiana Guderzo, Lotte Kopecky, Lissa Brenauer, Katarzyna Niewiadoma, Elisa Balsamo, Marlen Reusser, ou as mellores españolas, como Mavi García, Ane Santesteban ou Sheyla Gutiérrez.
Despois de estacionar os buses, caravanas e demáis coches dos equipos na zona da Canle Catro entre as 8.30 e as 9:00, as ciclistas partiron cara a zona de saída, diante do Concello, onde foron presentados todos os equipos, saíndo as 143 participantes cara a Santiago un pouco antes das 10:00.
Nova cortesía Raimundo Carballo e XF
Celebrouse do 5 ao 16 de Xullo
Durante dez días, agás sábado e domingo, celebrouse en As Pontes o Campus Multideporte no que preto de 50 cativos e cativas disfrutaron de diversas actividades deportivas, e extradeportivas, aparte do propio fútbol. Recibiron a visita, entre outros, de Malena Mieres, Campiona de Europa Sub19 en Suiza 2018, e que esta tempada conseguiu manterse en Primeira División coa SD Eibar, xogando vinte un partidos aos seus 21 anos. Tamén estiveron, do Racing de Ferrol, Heber Pena, e o ex internacional español sub17 pontés Quique Fornos.
Este venres, como remate do evento, os participantes recibiron os seus diplomas a cargo de Juan Rodríguez de O Esteo, Suso Fernández e Iván Rodríguez do CD As Pontes, e dos Concelleiros Chicho Tembrás e Antonio Alonso, entre outras persoas. Destacar por parte da Federación Galega ao gran Pablo Prieto, que fora adestrador do mítico Autos Puentes, O Parrulo e Azkar Lugo en División de Honra, e tamén estivo no Mundial de Tailandia 2012 como Seleccionador de Libia.
Nova cortesía Raimundo Carballo Durán e XF
O futbolista pontés Alejandro Montero Peteira ven de quedar na tarde deste domingo en Santa Comba Campion Galego Cadete co Deportivo de A Coruña, que se impuxo na gran final ao Celta de Vigo, na quenda de penaltis, tralo 0-0 final.
Anteriormente o conxunto herculino derrotara na primeira fase a Atlético Coruña Montañeros CF (0-6 e 2-0), Victoria CF (2-0 e 1-2), CD Calasanz (0-8 e 4-2) e Ural Español CF (3-1 e 0-4). Na segunda fase o Deportivo gañou 5-0 ao Arousa SC, empatando 2-2 co San Tirso SD e 1-1 co propio Celta.
Xa na definitiva rolda de semifinais, venceron o venres ao CD Lugo 2-1 (no que xoga o tamén pontés Sergio Cabarcos Montero), mentres o Celta se desfacía do Pavillón Ourense na quenda de penaltis tralo 1-1 final. Alex, que tamén adestra co Xuvenil que hoxe se proclamou Campión de España, aínda sendo Cadete, anotou catro goles no torneo, un hat trick ao Arousa e outro gol ao Calasanz.
Nova cortesía XF. Fotos cortesía Pablo Montero
Partido moi intenso e con moitos afeccionados visitantes
A UD Ourense non puido conseguir o seu obxectivo de manter a categoría, tras empatar esta tarde en O Poboado 1-1. Os ourensáns necesitaban gañar si ou si nas Pontes, e unha derrota do Barco en Arzúa, pero os de Valdeorras acabaron empatando in extremis no campo de O Viso.
Pero aínda así non conseguiron facer os seus deberes os de Fernando Currás, aos que xa se lle complicaron as cousas desde o inicio, pois tras un pase en profundidade, Óscar Martínez intérnase só por banda esquerda, pica o balón ante a saída de Atanes e acaba marcando cunha bonita vaselina (5´).
Os visitantes foron rápido a polo empate, mesmo destacar un centro chut desde banda dereita de Raúl que acabou no poste (10´), pero a pesar dos intentos visitantes os azuis conseguiron chegar ao descanso con vantaxe no marcador.
Trala continuación seguírono tentando os vermellos, que hoxe eran maioría en O Poboado. Destacar dous remates seguidos de Alfredo, e a dobre intervención de Brais (57´). Máis clara a tivo Raúl, nunha ocasión na que quedou só ante a saída de Brais, pero fíxose un lío co balón, e o seu remate postreiro acábao sacando Moyá de cabeza baixo paus (70´).
A pesar de todas as aproximacións o único gol visitante chegou tras un inocente penalti que transforma Champi enganando a Brais (65´). Incluso os ourensáns fóronse desinflando no tramo final e puido anotar o tanto da vitoria local Pardo.
Tras unha cabalgada na que se marcha só, encara picando o balón ante a saída de Atanes que toca o xusto para que o esférico marche a córner rozando o pau (90´). O propio xogador de Ortigueira rematou de tacón na área pequena atallando sen problemas o gardameta visitante (92´). Asubío final con tristeza para ambos equipos, que se despiden da categoría.
1 CD AS PONTES. Brais, Berto, Pajaro, Dani, Mitogo (Artai 44´), Óscar (Pardo 75´), Vilela (David 55´), Del Río (Quique 75´), Moya, Adrián, Iñaki
1 UD OURENSE. Atanes, Varo, Alfredo, Corzo (Durán 82´), Vieytes, Sanin, Hugo (Cabanyes 63´), Raul (Isi 82´), Viti, Tiago, Vila (Champi 27´).
Goles: 1-0, Óscar (5´). 1-1, Champi (65´).
Árbitro: Adrián García Rodríguez (A Coruña). Auxiliado por López Fernández e Vázquez Veiras. Amarelas a Moya, Mitogo, Vieytes, Sanin, Alfredo, Viti, Cabanyes, Tiago. Xa sustituido viu a segunda amarela no descanso Mitogo (45´)
Incidencias. Campo de O Poboado. Uns 250 espectadores, a maioría de Ourense, en tarde moi chuviosa.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
O As Pontes Xuvenil pechou a temporada cunha sorprendente derrota 4-5 ante o equipo da Estrada, sobre todo despois de haber chegado ao descanso cunha goleada de 4-0, cos tantos de Pablo Novo (2), Xoel Puriños e Jandro López.
O equipo acaba pontés este torneo con dúas derrotas na casa, 1-4 ante o campión Calasanz B e a de onte, e un empate en Boiro 1-1.
Nova cortesía XF e Raimundo Carballo