—

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 2 – VICTORIA FC 1
Importante triunfo do As Pontes nos últimos minutos
Bo triunfo do As Pontes ante o equipo coruñés tras remontar o encontro nos derradeiros minutos.
Mal se lle poñían as cousas aos locais cando ao borde do descanso Raña batía a Kike de tiro cruzado (42´), pero no inicio do segundo período, tras unha falta lateral botada por Bellas e tras varios disparos locais e rexeites visitantes dentro da área, acaba facendo Lucki o empate (55´).
Despois resaltar un disparo de Mau moi preto da escadra, e sobre todo tras un córner sacado por Sergio cabecea Lucki ao longueiro.
Pero o maior empeño do As Pontes polos tres puntos, fixo que nunha xogada na que un xogador branquinegro quixo saír regateando en lugar de despexar o balón, roubou Vilela que dun disparo dende fora da área desviado por un defensa anotou o tanto do triunfo (85´).
O As Pontes situase con 27 puntos antes de visitar ao Galicia de Mugardos nun derbi moi importante para ambos equipos.
2 CD As Pontes. Kike, Criado, David, Jaime (Rey 73´), Montes, Traba, Lucki (Edgar 88´), Vilela, Moreda (Brais 83´), Sergio (Iván 90´), Bellas (Pájaro 63´).
1 Victoria CF. Jano (Lucas 20´), Mandayo, Plaza, Sergio, Javi, Raña, Mau (Carlos 85´), Iago (Padín 76´), Seo, Adri, Pipo.
Goles: 0-1, Raña (42´), 1-1, Lucki (55´), 2-1, Vilela (85´).
Incidencias. Campo de O Poboado. Máis de 100 espectadores en tarde moi chuviosa.
Árbitro: Rodríguez Munín (Santiago). Auxiliado por Álvarez Cebreiro e García Liste. Amarelas a Montes, Javi, Mau, Seo, Adri.





























































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-VENTORRILLO FS (7-6)
Importante vitoria do Esteo que o deixa moi preto da salvación
Valiosos e sufridos tres puntos os logrados polo Esteo na tarde de hoxe ante un rival directo coma o Ventorrillo, co que xa alonxa o descenso en nove puntos.
No noveno partido do Esteo en Somozas, máis dous en Fene, marchaba ao descanso con 2-4 o equipo coruñés dos ex ponteses Martín, Matos e Aitor.
Pero na segunda metade o Esteo foi un vendaval, recurtaba distancias Cokito tras aproveitar un balón morto no segundo pau, e logo era Guillán quen aproveitaba un pase do mesmo xogador para establecer o empate.
Logo foi o experimentado Jhony o que facía un golazo pola escadra, e poñía distancia de por medio o cadro pontés tras picar un balón Guillán ante a saída do porteiro, e logo era Alberto o que facía o 7-4 que parecía definitivo.
Pero os coruñéses venderon cara a derrota e a piques estivo de botar de menos o Esteo un poste de Jhony e un longueiro de Jandro neste segundo tempo.
Tras algúns balóns perdidos en defensa o equipo branquizaul recurtaba distancias por medio de Marcos a falta de medio minuto e logo era Martín o que anotaba faltando tan so un segundo, incluindo anteriormente varios paradóns de Failde.
Sen tempo para máis o Esteo queda nunha magnífica quinta praza con 32 puntos antes de visitar no derbi ao Parrulo, que suma 28.
O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Guillán, Jhony, Troncho – Alberto, Jandro, Héctor, JFailde.
VENTORRILLO FS. Óscar, Martín, Matos, Hugo, Meirelas – Marcos, Kevin, Brais, Alex, Aitor.
GOLES. 1-0, Troncho (2´), 1-1, Matos (6´), 2-1, Jandro (7´), 2-2, Alex (8´), 2-3, Martín (9´), 2-4, Marcos (18´). 3-4, Cokito (22´), 4-4, Guillán (24´), 5-4, Jhony (30´), 6-4, Guillán (32´), 7-4, Alberto (33´), 7-5, Marcos (39´), 7-6, Martín (40´).
Incidencias. Amarelas a Jhony e Marcos. Uns 50 espectadores no Pavillón das Somozas.

































































Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández
—