CD As Pontes Feminino

COPA FERROL FEMININA. CD AS PONTES 1 – CULTURAL MANIÑOS SD 1

O equipo azul xogará a final co Galicia de Caranza

O equipo feminino pontés recibía este domingo á mañá no Evaristo Puentes ao Maniños na volta das semifinais da Copa de Ferrol, equipo mítico de Fene, gañador de moitas Copas e Ligas, incluida a deste ano, ao que xa vencera no Pote a semana pasada na ida por un gran 1-3, tantos de Paula (2) e Carlota.

No partido desta mañá adiantaronse as visitantes tras un un balón que botou no poste e na pelexa entre Iria e Rebeca esta última mandou a bola ao fondo das mallas. Xa mereceu marcar o cadro local nesta primeira parte pero foi no último tramo de partido que anotaba Paula Castro o empate dando algo de tranquilidade nos últimos minutos.

Difícil rival na loita polo título o Galicia de Caranza, que venceu á Capela na outra semifinal por 1-2 e 5-0, e no seu último enfrontamento na Liga hai tres semanas gañaron 5-1 . Xogaron Iria, Yoli, Silvia, Noelia, Paula, Carlota, Carol, Nuria e Uxía.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA GALEGA XUVENIL. CD AS PONTES 2 – CD CONXO B 4

Derrota no Campo do Poboado 

O Xuvenil pontés despediu este sábado á tarde a Liga con derrota 2-4 ante o equipo santiagués.

O equipo azul conseguiu empatar por dúas veces con ambos tantos de Xoel, pero os da capital galega lles conseguían gañar nos derradeiros minutos.

Remata a táboa clasificatoria con Boiro, 26 puntos, Racing B 16, Dumbría 14, Conxo B 13, e pecha As Pontes con 10.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo feminino C.D. As Pontes, Resto de CAtegorias C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s