CD As Pontes Feminino

JOSELU MATO SANMARTÍN EN AS PONTES

Acontecía nun partido xuvenil en Abril de 2008

Pois si, Joselu, o autor este mércores dos dous goles do Real Madrid que lle deron a vitoria 2-1 na súa eliminatoria de semifinais contra o Bayern de Munich alemán, e o pase á final na busca da súa decimoquinta, pasou no seu día por As Pontes.

Fora un 20 de Abril de 2008, nun As Pontes 1 – Celta de Vigo 4, última xornada de División de Honra Xuvenil, goles de Pablo Pillado, Joselu, Pablo Lede, Martín, e Víctor Iglesias o da honra para os locais. Joselu Mato Sanmartín, daquela na Selección Española Sub19 xunto a David Rochela, marcara o 0-2, con 18 anos recén cumpridos.

É outro máis dos moitos ilustres nomes que, a bote pronto e de memoria, algún día xogaron no noso querido O Poboado (Old Trafford), como Fran González, Michel Salgado, Juan Carlos Valerón, Javier Manjarín, Manuel Pablo, Sergio Canales, Esteban Cambiasso, Baltasar de Morais, Vicente Álvarez, Vladimir Gudelj, Diego Colotto, Milorad Ratkovic, Javier Maté, Jose Ramón, Rafa Berges, Pablo Couñago, Alex Bergantiños, Andrés Guardado, Jhony Castro, Rubén Blanco, Pablo Insúa, David Rochela ou Adrián López “Piscu”, entre outros.

Nova e foto cortesía Xose Ferreiro

LIGA DE FERROL CADETE. CD AS PONTES 1 – SDCR NARÓN O FREIXO B 0.

O As Pontes Campión de Liga tras un partido moi sufrido

Día glorioso da canteira pontesa o desta mañá no Campo Artificial pois o Cadete conseguiu o título de Liga de Ferrol, o mellor dos 26 equipos participantes, tras un triunfo moi sufrido 1-0 que non se celebrou ata que o árbitro pitou o final, cun solitario tanto de Iván Golpe de cabeza no inicio do segundo período.

O Portuarios fixo o seu traballo e gañou 0-2 en Caranza pero o triunfo azul fai que ambos equipos empaten a 61 puntos e pese a que os ferroláns teñen un saldo de goles de +73 por +48 dos ponteses, o 0-1 en Aneiros e o 0-0 no Evaristo Puentes fai que os ponteses gañen a Liga polo goal average particular entre ambos equipos.

Sensacional temporada do equipo pontés con 20 triunfos, un empate e unha única derrota en Caranza, con 66 goles a favor por apenas 18 en contra, o que menos. Na fase previa tamén tiñan un saldo de once vitorias por apenas dous empates ante Mugardos e Numancia, 35 puntos, con 56 goles a favor e 7 en contra. Polo que en total contabilizan 31 vitorias, 3 empates, 1 derrota, 122 goles a favor, 25 en contra, e 96 puntos.

Xogaron hoxe polos de Jose Luis García; Daniel, Lucas, Iago, Jose, Alex, Felipe, IvánG, Xavi, Xalo, Alexander, IvánR, e na segunda parte Martín, Xandre, Xoel, e Naúl.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Nova cortesía de Xose Ferreiro

COPA DE FERROL BENXAMÍN DE FÚTBOL SALA.

Tivo lugar este domingo en As Pontes

Este domingo e ao longo de todo o día puidose ver entre o Pavillón Municipal e o Monte Caxado a Copa Benxamín de fútbol sala, que reuniu a 20 equipos, con dous derbis nas semifinais entre Esteo e Lago, e dous equipos parrulos, resultando vencedor na final o Benxamín do Esteo que gañou 3-0 ao De Manuel O Parrulo A.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

SEMIFINAIS COPA DE FERROL XUVENIL. O ESTEO FS 6 – CARANZA FS 1.

Este venres á tarde no Pavillón Municipal

Vitoria do Esteo Xuvenil de fútbol sala que despois de gañar a Liga buscará o dobrete, previsiblemente outra vez ante o Parrulo Ferrol.

Na tarde deste venres vencía ao equipo caranceño por 6-1, 2-0 ao descanso, tantos de Diego Purriños (2), Eloy Pita (2), Sergio Cabarcos e Daniel Alén, anotando Raúl Leira o da honra para os ferroláns.

Xogaron polos de Manuel Sánchez; AlejandroR, Daniel, Diego, Sergio, Eloy; Manuel, AlejandroL e Joan.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

COPA PREMIUM. SERVICIO MÓVIL CB AS PONTES 89 – CB CAMBRE C 71.

Partido este sábado á tarde no Monte Caxado

Pulse o botón de subscribir e nunca perderás os novos artigos!Subscribete

Segundo triunfo do clube pontés de baloncesto na Copa este sábado á tarde no Monte Caxado tras gañar por 89-71 ao equipo coruñés do CB Cambre C.

O encontro foi máis igualado do que parece e o primeiro cuarto acabou 17-15 marchando ao descanso 39-38. No segundo tempo o clube local si puxo unha marcha máis e a falta de dez minutos xa gañaba 64-53, ventaxa que ampliou ata os 18 puntos finais.

O cadro pontés suma dúas derrotas ante Paiosaco (54-58) e Laracha (68-62), e dúas vitorias coa de hoxe e a semana pasada ante Arteixo (62-44), despedindo a competición coa súa visita ao Costa Ártabra no derbi.

Bon partido con 27 puntos de Iago Otero, superado polos 31 de Xian Fandiño.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PRIMEIRA GALICIA VETERANOS. CD AS PONTES 2 – BEMANTES QUERCUS 3.

Partido este sábado á tarde no Campo Artificial

Pulse o botón de subscribir e nunca perderás os novos artigos!

Mal día do As Pontes Veterano que ía gañando 2-0 cos goles de Iván Ferreiro e Javi González e viu coma nos últimos quince minutos o equipo de Miño, oitavo, lle daba a volta ao marcador 2-3, polo que con esta primeira derrota na casa se despiden do título de Liga, que queda en mans, outro ano máis, do Teke Teke Ordes. Segundos con 61 puntos visitan ao Victoria, terceiro con 58.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

COPA PONTESA VETERANOS 2024.

Celebrouse esta fin de semana os cuartos de final

Esta fin de semana celebraronse os cuartos de final da Copa de Veteranos. O resultado máis rotundo foi o 7-1 de Muebles Eume ante Jeycar, triunfos relativamente solventes os de Estanco Mari Carmen 4-2 ante A Cepa, e de Santaballés 3-1 ante MMYPEM.

O encontro máis igualado da xornada foi o empate a 2-2 entre Taberna de Pancho e GTC Lecar resolto a penaltis a favor do primeiro, que se enfrontará a Muebles Eume nas semifinais. A outra depara un duro Santaballés-Estanco Mari Carmen.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Felipe Mieres.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Felipe Mieres.

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar un comentario