CD As Pontes Feminino

NESTA 2023-24, CON BAXI FERROL, ENSINO LUGO, VALENCIA, FCB E CASADEMONT ZARAGOZA

Publicado en Outros deportes en As POntes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

JOSELU MATO SANMARTÍN EN AS PONTES

Acontecía nun partido xuvenil en Abril de 2008

Pois si, Joselu, o autor este mércores dos dous goles do Real Madrid que lle deron a vitoria 2-1 na súa eliminatoria de semifinais contra o Bayern de Munich alemán, e o pase á final na busca da súa decimoquinta, pasou no seu día por As Pontes.

Fora un 20 de Abril de 2008, nun As Pontes 1 – Celta de Vigo 4, última xornada de División de Honra Xuvenil, goles de Pablo Pillado, Joselu, Pablo Lede, Martín, e Víctor Iglesias o da honra para os locais. Joselu Mato Sanmartín, daquela na Selección Española Sub19 xunto a David Rochela, marcara o 0-2, con 18 anos recén cumpridos.

É outro máis dos moitos ilustres nomes que, a bote pronto e de memoria, algún día xogaron no noso querido O Poboado (Old Trafford), como Fran González, Michel Salgado, Juan Carlos Valerón, Javier Manjarín, Manuel Pablo, Sergio Canales, Esteban Cambiasso, Baltasar de Morais, Vicente Álvarez, Vladimir Gudelj, Diego Colotto, Milorad Ratkovic, Javier Maté, Jose Ramón, Rafa Berges, Pablo Couñago, Alex Bergantiños, Andrés Guardado, Jhony Castro, Rubén Blanco, Pablo Insúa, David Rochela ou Adrián López “Piscu”, entre outros.

Nova e foto cortesía Xose Ferreiro

LIGA DE FERROL CADETE. CD AS PONTES 1 – SDCR NARÓN O FREIXO B 0.

O As Pontes Campión de Liga tras un partido moi sufrido

Día glorioso da canteira pontesa o desta mañá no Campo Artificial pois o Cadete conseguiu o título de Liga de Ferrol, o mellor dos 26 equipos participantes, tras un triunfo moi sufrido 1-0 que non se celebrou ata que o árbitro pitou o final, cun solitario tanto de Iván Golpe de cabeza no inicio do segundo período.

O Portuarios fixo o seu traballo e gañou 0-2 en Caranza pero o triunfo azul fai que ambos equipos empaten a 61 puntos e pese a que os ferroláns teñen un saldo de goles de +73 por +48 dos ponteses, o 0-1 en Aneiros e o 0-0 no Evaristo Puentes fai que os ponteses gañen a Liga polo goal average particular entre ambos equipos.

Sensacional temporada do equipo pontés con 20 triunfos, un empate e unha única derrota en Caranza, con 66 goles a favor por apenas 18 en contra, o que menos. Na fase previa tamén tiñan un saldo de once vitorias por apenas dous empates ante Mugardos e Numancia, 35 puntos, con 56 goles a favor e 7 en contra. Polo que en total contabilizan 31 vitorias, 3 empates, 1 derrota, 122 goles a favor, 25 en contra, e 96 puntos.

Xogaron hoxe polos de Jose Luis García; Daniel, Lucas, Iago, Jose, Alex, Felipe, IvánG, Xavi, Xalo, Alexander, IvánR, e na segunda parte Martín, Xandre, Xoel, e Naúl.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Nova cortesía de Xose Ferreiro

COPA DE FERROL BENXAMÍN DE FÚTBOL SALA.

Tivo lugar este domingo en As Pontes

Este domingo e ao longo de todo o día puidose ver entre o Pavillón Municipal e o Monte Caxado a Copa Benxamín de fútbol sala, que reuniu a 20 equipos, con dous derbis nas semifinais entre Esteo e Lago, e dous equipos parrulos, resultando vencedor na final o Benxamín do Esteo que gañou 3-0 ao De Manuel O Parrulo A.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

SEMIFINAIS COPA DE FERROL XUVENIL. O ESTEO FS 6 – CARANZA FS 1.

Este venres á tarde no Pavillón Municipal

Vitoria do Esteo Xuvenil de fútbol sala que despois de gañar a Liga buscará o dobrete, previsiblemente outra vez ante o Parrulo Ferrol.

Na tarde deste venres vencía ao equipo caranceño por 6-1, 2-0 ao descanso, tantos de Diego Purriños (2), Eloy Pita (2), Sergio Cabarcos e Daniel Alén, anotando Raúl Leira o da honra para os ferroláns.

Xogaron polos de Manuel Sánchez; AlejandroR, Daniel, Diego, Sergio, Eloy; Manuel, AlejandroL e Joan.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

COPA PREMIUM. SERVICIO MÓVIL CB AS PONTES 89 – CB CAMBRE C 71.

Partido este sábado á tarde no Monte Caxado

Pulse o botón de subscribir e nunca perderás os novos artigos!Subscribete

Segundo triunfo do clube pontés de baloncesto na Copa este sábado á tarde no Monte Caxado tras gañar por 89-71 ao equipo coruñés do CB Cambre C.

O encontro foi máis igualado do que parece e o primeiro cuarto acabou 17-15 marchando ao descanso 39-38. No segundo tempo o clube local si puxo unha marcha máis e a falta de dez minutos xa gañaba 64-53, ventaxa que ampliou ata os 18 puntos finais.

O cadro pontés suma dúas derrotas ante Paiosaco (54-58) e Laracha (68-62), e dúas vitorias coa de hoxe e a semana pasada ante Arteixo (62-44), despedindo a competición coa súa visita ao Costa Ártabra no derbi.

Bon partido con 27 puntos de Iago Otero, superado polos 31 de Xian Fandiño.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PRIMEIRA GALICIA VETERANOS. CD AS PONTES 2 – BEMANTES QUERCUS 3.

Partido este sábado á tarde no Campo Artificial

Pulse o botón de subscribir e nunca perderás os novos artigos!

Mal día do As Pontes Veterano que ía gañando 2-0 cos goles de Iván Ferreiro e Javi González e viu coma nos últimos quince minutos o equipo de Miño, oitavo, lle daba a volta ao marcador 2-3, polo que con esta primeira derrota na casa se despiden do título de Liga, que queda en mans, outro ano máis, do Teke Teke Ordes. Segundos con 61 puntos visitan ao Victoria, terceiro con 58.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

COPA PONTESA VETERANOS 2024.

Celebrouse esta fin de semana os cuartos de final

Esta fin de semana celebraronse os cuartos de final da Copa de Veteranos. O resultado máis rotundo foi o 7-1 de Muebles Eume ante Jeycar, triunfos relativamente solventes os de Estanco Mari Carmen 4-2 ante A Cepa, e de Santaballés 3-1 ante MMYPEM.

O encontro máis igualado da xornada foi o empate a 2-2 entre Taberna de Pancho e GTC Lecar resolto a penaltis a favor do primeiro, que se enfrontará a Muebles Eume nas semifinais. A outra depara un duro Santaballés-Estanco Mari Carmen.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Felipe Mieres.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Felipe Mieres.

Publicado en Outros deportes en As POntes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 7– RACING DE MIERES FS 5.

Partido este sábado á tarde no Pavillón Municipal

Gran remontada a do Esteo este sábado á tarde no Pavillón Municipal co que suma tres vitais puntos e xogarase a salvación a domicilio ante o Unión Arroyo.

No partido deste sábado comezou adiantansoe o único equipo na categoría das maravillosas terras asturianas, que marchou ao descanso con un 1-4, pero soubo darlle a volta trala reanudación o equipo local, diante dun porteirazo coma Brais, con hat trick de Jandro, doblete de Troncho, Héctor e Costi.

O Esteo é agora mesmo undécimo con 29 puntos, e visita na última xornada ao equipo que marca a criba da salvación, o Unión Arroyo, que ten 26, e ao que se gañou na ida 8-5, polo que tería que gañar en casa mínimo por tres goles aos ponteses para superalos na clasificación.

ESTEO FS. Xeito, Costi, Héctor, Jandro, Troncho – Cokito, Sergio, Jhony, Paulo.

RACING DE MIERES. Brais, Miguel, Víctor, Izan, Roberto – Alfredo, Xavier, Juan.

GOLES. 0-1, Izan (7´), 0-2, Juan (8´), 0-3, Izan (9´), 1-3, Jandro (12´), 1-4, Víctor (16´). 2-4, Troncho (21´), 3-4, Héctor (24´), 3-5, Juan (25´). 4-5, Jandro, de penalti (27´), 5-5, Jandro (28´), 6-5, Troncho (34´), 7-5, Costi (38´).

Incidencias. Amarelas a Sergio, Jandro, Xavier. Expulsado con doble amarelo o visitante Víctor (38´). Uns 150 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – SD DUBRA 2.

Partido este domingo á tarde no Campo do Poboado

Non puido o As Pontes unha vez máis conseguir nada positivo no seu campo e so lle queda un encontro para non rematar este 2024 na Preferente sen triunfos na casa.

Adiantaronse os visitantes no segundo tempo cos tantos de Jose Rey e Borja Gándara, logrando recurtar distancias Dani. Próxima visita ao San Tirso, cuarto.

Xogaron Pita, Criado (Rivera 69´), Jandro, Vilela (Samuel 29´), Echávarri, Xoel (Vila 60´), Cayetano (Rafael 60´), Dani, Manso, David (Xandre 69´), Marcos.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

TERCEIRA GALEGA FEMININA. CD AS PONTES 3 – XUVENTUDE DE CRENDES CF 0.

Partido este sábado á tarde no Campo Artificial

Victoria 3-0 do feminino pontés no partido deste sábado á tarde no Evaristo Puentes ante o conxunto de San Tirso, noveno clasificado.

Os goles chegaron no inicio do segundo período por medio de Andrea Cruz, Paula Castro e Laura Paz.

Con dous partidos máis que os seus perseguidores son terceiras con 61 puntos, rematando a Liga recibindo ao Orillamar, cuarto con 59.

Xogaron Laura Pernas, Naia, Lucía, Salma, Noelia, Andrea, Tania, Laura Paz, Nerea, Patricia, Paula; Carol e Inés.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

LIGA DE FERROL XUVENIL. CD AS PONTES 5 – ADR NUMANCIA DE ARES 2.

Partido este sábado á tarde no Anexo Jose

Victoria do Xuvenil pontés no encontro desta tarde ante o equipo das terras do gran Marcelino por 5-2, ao descanso xa marchaban 5-0, tantos de Anxo Blanco (2), e hat trick de Antonio Graña.

Terceiros con 42 puntos, rematan a liga visitando ao xa Campión Narón O Freixo na xornada que pon fin á Liga.

Xogaron Xalo, Rey, Bruno, Sergio, Alejandro, Carlos, Antonio, Diego, Blanco, Xandre, Daniel; Yeray, Joel, Tadios, Antón, e Mateo.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Publicado en Novas equipo masculino C.D. As Pontes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

O PONTÉS ALEX CABARCOS ASCENDE A SEGUNDA RFEF

Fíxoo este sábado en Carballo

O futbolista pontés Alex Cabarcos Souto ven de ascender á Segunda RFEF, a cuarta categoría do fútbol español, co seu equipo, o Bergantiños, este sábado, en As Eiroas, tralo triunfo ante a UD Ourense, por 3-1.

Coma queira que quedan tres xornadas e nove puntos por disputar, e o Bergantiños suma 67 puntos, por 57 do seu perseguidor Gran Peña, xa é campión matemático.

O lateral esquerdo pontés xogou os 31 encontros disputados ata o de agora de titular, e ademáis anotou dous goles ante o Paiosaco e Pontevedra B.

Magnífico camiño o do equipo de Carballo, que leva 19 triunfos, por 10 empates, e con só dúas derrotas, ante o propio Gran Peña por 3-2, e a semana pasada, co obxectivo xa casi conquerido, 2-1 en Pontevedra.

Na súa traxectoria, ademáis de xogar no CD As Pontes, Alex pasou polo Racing de Ferrol Xuvenil, Narón Balonpé, Racing Vilalbés, tres últimas temporadas no Somozas, e agora Bergantiños.

Foi asiduo na Selección Galega Xuvenil, coa que quedou Subcampión de España 2012 tras perder nos penaltis ante a Comunidade Valenciana, e das seleccións ferrolás de categorías inferiores.

Nova cortesía XF

GALICIA SEMIFINALISTA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL.

Disputado esta fin de semana en Murcia

A Selección Galega infantil Sub14 integrada polo porteiro pontés de O Parrulo Lucas Purriños, e o xogador ferrolán do Lago DVsport Diego Pazos tivo unha gran actuación nos Campionatos de España de Fútbol Sala disputados esta pasada fin de semana en Murcia.

A Selección galega logrou a primeira praza do seu grupo, a única que daba acceso ás semifinais, tras gañar ás Illas Baleares (6-3), Extremadura (8-3), e Aragón (4-1).

Xa nas semifinais, nun disputado encontro perdían 5-6 ante Andalucía. No outro partido que daba acceso á final Cataluña vencía 3-1 á locataria Rexión de Murcia, e por 7-1 na gran final ante os andaluces, logrando o doblete Alevín Sub12 e Infantil Sub14.

Nova cortesía XF. Fotos cortesía Futgal.

PREMIO PONTE LAS PILAS Y RECICLA PARA O CLUBE DE VELA FLUVIAL AS PONTES.

Este sábado á mañá visitou As Pontes a doble Campiona Olímpica Theresa Zabell

Os nenos e nenas do Clube Fluvial de Vela de As Pontes foron premiados pola Fundación Ecomar e Fundación Ecopilas como gañadores do concurso “Ponte las pilas y recicla 2023”, no que participaron 55 clubes náuticos.

Trátase dunha iniciativa posta en marcha por Ecomar e Ecopilas, que dende 2015 levan reciclado dez toneladas de pilas. Os rapaces e rapazas do clube pontés recolleron 691 kilos destes residuos, quedando no segundo lugar o clube do Mar de Cariño con 585, e terceiro a Escuela Municipal Theresa Zabell con 392 kilos.

Na mañá deste sábado estiveron no Lago pontés representantes da Fundación Ecopilas, e tamén da Fundación Ecomar, asociación que busca protexer e restaurar os ecosistemas mariños, promovendo a biodiversidade e combatendo a contaminación, e neste 2024 cumpren 25 anos.

Hai que dar conta do luxo da visita dunha ex deportista como Theresa Zabell ao noso pobo. Si ben na lista hai cinco homes, Rafa Nadal, Saúl Craviotto, Gervasio Deferr, Joan Llaneras, e Luis Doreste, tratase da única muller española con dous ouros olímpicos, ademáis de cinco Mundiais e tres Europeos.

O Clube de Vela fluvial fíxolles entrega de diversos obsequios, así como ás Fundacións Ecomar e Ecopilas tamén entregaron libros, chalecos salvavidas, e un bote de vela. Tamén estiveron as recentes Campionas de España Alba Abril e María Lefler. Posteriormente xantaron no Mesón Martínez, onde Theresa contou múltiples anécdotas da súa vida deportiva e olímpica.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

LIGA GALEGA PREBENXAMÍN BRONCE. HC AS PONTES 4 – ADC OBRADOIRO AMARELO 2.

Partido este domingo á mañá na Magdalena

Sexta vitoria consecutiva do equipo prebenxamín de hockey pontés que suma cinco triunfos na casa, Liceo C (4-0), Compañía de María Branco (3-1), Ponteareas (3-1), Oleiros Santa Cruz (4-2), e hoxe ante o Obradoiro Amarelo (4-2), mailo triunfo a domicilio ante o Ponteareas (1-3).

Lideran con 18 puntos, por 13 do rival de hoxe, 9 de Ponteareas e Dominicos Branco, 6 de Oleiros Santa Cruz, 4 de Compañía de María Branco e pecha sen puntuar Liceo C. Xogaron Hugo, Xose, Martín, Antón, Roi, Ander e Cayetana.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

COPA PONTESA DE VETERANOS 2024

Disputouse esta fin de semana a cuarta xornada

Esta fin de semana celebrouse a cuarta xornada da Copa pontesa de Veteranos, e xa se clarificaron sete dos oito cuartofinalistas.

No Grupo A o Santaballés goleaba 5-0 Á Cepa e Jeycar 9-3 a As Pontes 74. Mentres, no Grupo B o Muebles Eume gañaba 4-0 ao Taberna de Pancho e o Campión de Liga Estanco Mari Carmen sufría para gañar 3-2 a MMYPEM.

Así as cousas no primeiro grupo Santaballés e GTC Lecar suman 7 puntos, 6 A Cepa, e 3 Jeycar. Estes catro equipos xogarán os cuartos quedando eliminado As Pontes 74 con menos un punto.

No Grupo C Muebles Eume ten 9 puntos, 7 a Taberna de Pancho, 4 Estanco Mari Carmen e con 3 MMYPEM, que ten moitos visos de clasificar, pois tería que gañar contundentemente Electricidad J&O, con cero puntos, ao campión de Liga.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Felipe Mieres.

LIGA DE FERROL CADETE. CD AS PONTES 0 – SRD PORTUARIOS 0.

Partido este mércores á tarde no Artificial

Partido moi disputado o deste mércores á tarde no Evaristo Puentes, con preto duns 200 espectadores, entre os dous primeiros clasificados de Liga, Portuarios e As Pontes, que empataron a 0-0, polo que ambos se manteñen con 55 puntos, aínda que os azuis co goal average gañado por vencer 0-1 en Aneiros.

Salientar que faltando pouco para o remate sufriu un desvanecemento o lateral esquerdo local Iago Blanco polo que o partido se detivo por un tempo, tendo que acudir incluso a ambulancia, afortunadamente sen males maiores. Logo reanudaronse os últimos minutos sen que o marcador se movera.

Dous grandes equipos con 18 vitorias e que so cederon un empate e unha derrota ao longo da tempada, de feito os ferroláns gañaron todo excepto os cinco puntos que perderon cos ponteses. Aos locais quedalles unha visita ao Val, sétimo, e recibir ao Narón O Freixo B, sexto. Xogaron Daniel, Lucas, Iago (Xoel 76´), Jose, Alex, Felipe, IvánG (Naúl 71´), Xavi, Xandre (Xalo 57´), Alexander (Martín 76´), IvánR.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Publicado en Outros deportes en As POntes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

O 30-3-2024 NO NOIA 6 – PALMA FUTSAL 1, CO CAMPIÓN DE EUROPA E CAMPIÓN INTERCONTINENTAL 2023

Publicado en Futbol Sala As Pontes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

XORNADAS PARA ADESTRADORES DE FÚTBOL SALA AS PONTES 2024

Tiveron lugar este luns día 15

Este luns desde as 5 tarde ata as 10 e media da noite tiveron lugar en As Pontes as “4ª xornadas de actualización e reciclaxe para adestradores de Fútbol Sala” con poñentes de prestixio como Íñigo Martínez, seleccionador español de categorías inferiores, Joel Rocha, adestrador do Braga Campeón da Copa portuguesa hai dúas semanas, e mención especial para Juanlu Alonso.

O adestrador madrileño, actual do Manzanares revelación da Liga, e ex de Azkar Lugo, Burela, Torrejón, Peñíscola ou Benicarló, pero sobre todo os afeccionados ao fútbol sala recordamos o seu paso por Inter Movistar coa conquista da Copa de Europa 2009 nesa final gañada 5-1 ao Viz Sinara Ekaterimburgo con Amado, Schumacher, Torras, Gabriel, Betao, Neto ou Daniel Ibañes, entre outros varios títulos.

No evento tamén houbo tempo para homenaxear a destacados adestradores da Comarca de FerrolTerra. Un emocionado Pablo Prieto recolleu o premio pola súa traxectoria deportiva recoñecida entre O Parrulo, Azkar Lugo ou a Selección de Libia coa clasificación ao Mundial 2012 e gran papel pese a un grupo moi difícil con Brasil, Portugal e Xapón, pero moi famoso entre os afeccionados ponteses polo seu paso polo Autos Puentes de principios dos 90.

Outro dos homenaxeados foi o vilagarcián Luis César Sampedro, porteiro moitos anos do Racing de Ferrol, e ex adestrador do mesmo equipo, Tenerife, Albacete, Valladolid, Lugo ou Deportivo, conseguindo o ascenso a Primeira co Nastic de Tarragona.

Os tres ponentes sentaron cátedra na Casa Dopeso ata as 9 e media da noite, momento no que o centenar de asistentes se desprazaron cara o Polideportivo Municipal para unha hora de clase práctica coas rapazas do Lago Feminino coa que se puxo fin ao evento.

No acto puideronse ver mitos do futsal feminino como Bea Seijas, 28 temporadas consecutivas en Primeira División, a porteiraza Vane Barberá; a David González, ex xogador de Primeira e actual preparador físico da Selección Española, ou aos actuais adestradores de Burela e O Parrulo, David Rial e Nacho García, respectivamente, entre outros moitos.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 5 – SALA OURENSE 3.

Triunfo moi importante do equipo local este sábado á tarde no Pavillón Municipal

Partido trascendental e moi disputado na loita por eludir o descenso o que xogaron este sábado á tarde o Esteo e o cadro ourensán que rematou con triunfo local por 5-3.

O encontro foi un toma e daca constante porque nas tres veces que se situou por diante o cadro local respostou empatando o cadro ourensán.

Preto do final conqueriu dous goles de ventaxa o Esteo que soubo defender con porteiro xogador os visitantes.

O cadro de Fran Fernández queda décimo terceiro con 23 puntos, a tres da salvación que marcan Unión Arroyo e Parrulo B. Próxima visita ao IES Coruxo, noveno con 31 puntos.

ESTEO FS. Xeito, Sergio, Héctor, Jandro, Troncho – Marcos, Cokito, Jhony, Paulo.

SALA OURENSE. Fabián, Jose, Joel, Alexander, Iago – Andrés, Jorge, Adrián.

GOLES. 1-0, Héctor (3´). 1-1, Jandro, pp (23´), 2-1, Jhony (24´), 2-2, Iago (31´), 3-2, Jhony (31´), 3-3, Jorge (33´), 4-3, Iago, pp (36´), 5-3, Héctor (37´).

Incidencias. Amarelas a Troncho, Jandro, Joel. Expulsado con vermello directo o visitante Alexander faltando tres segundos. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – SD RESIDENCIA DE LUGO 1.

Partido este domingo á tarde no Campo do Poboado

Non hai maneira de que o As Pontes consiga un triunfo como local neste 2024, e nesta ocasión o tivo ben preto tras encarrilar o encontro cun tanto de Echavarri mediada a primeira metade.

Pero faltando un cuarto de hora, tras unha falta evitable ao borde da área, golpea moi ben o balón Daniel, o que fai que Jurado despexe moi apurado, e aproveitando o rexeite sen oposición Jorge mandou o balón ao fondo das mallas.

De ahí ao final ocasións para ambos equipos rematando o encontro nunhas táboas que non satisfacen a ningún dos dous equipos. Penúltimos con 28 puntos, próxima visita ao Lemos, décimo terceiro con 35.

Xogaron Jurado, Criado (Xoel 87´), Jandro, Vilela, Echavarri, Cayetano (Javi 81´), Dani, Manso, David (Rafael 70´), Xavier (Vila 81´), Marcos.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

TERCEIRA GALEGA FEMININA. CD AS PONTES 0 – SD O VAL B 1.

Partido este domingo á tarde no Evaristo Puentes

Non puido o feminino pontés no derbi deste domingo á tarde ante o Val B, décimo clasificado, que se impuxo cun tanto de Natalia mediada a primeira metade, tras unha boa xogada de equipo e un remate moi axustado ao segundo pau.

As de Cascudo son quintas con 55 puntos, descansando na vindeira xornada, e volvendo a actuar coma locais no primeiro fin de semana de Maio no que reciben ao Xuventude de Crendes, oitavo con 37 puntos.

Xogaron Laura Pernas, Naia, Lucía, Salma, Indira, Andrea, Laura Paz, Xeila, Tania, Patricia, Nerea, e no segundo tempo entraron Carol, Ainize e Inés.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 3 – COVIRÁN CONCELLO DE QUIROGA FS 2.

Partido este domingo á tarde no Pavillón Municipal

Voltou a colleitar un triunfo o Lago masculino que na tarde deste domingo logrou a vitoria ante o Quiroga, oitavo clasificado, por 3-2.

Poñendo fin a unha mala racha de nove derrotas consecutivas púxeronse por diante os locais por tres veces cos tantos de Borja, Pablo e Diego.

Décimo cuartos con 22 puntos, próxima visita ao CP Casás, quinto con 46. Xogaron Cal, Jacobo, Diego, Meizoso, Bellas; Borja, Mario, Santi, Pablo, Dani, Kevin.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

LIGA DE FERROL XUVENIL. CD AS PONTES 1 – CCRD PERLÍO 0.

Partido este sábado á tarde no Anexo Jose

Triunfo do Xuvenil pontés no duelo pola terceira praza ante o equipo de Fene por 1-0, tanto de Xandre faltando vinte minutos, nun encontro moi polémico.

Os de Joaquín Breijo son terceiros con 36 puntos, antes de visitar ao Portuarios B, sexto con 28.

Xogaron Xalo, Rey, Bruno, Sergio, Xavi, Carlos, Mateo (Antonio 36´), Diego, Blanco, Xandre, Daniel (Ángel 90´).

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

COPA PONTESA VETERANOS 2024

Disputouse esta fin de semana a terceira xornada

Esta fin de semana celebrouse a terceira xornada da Copa Pontesa de Veteranos, con resultados contundentes.

Muebles Eume gañaba 9-0 a Electricidad J&O, Santaballés vencía por 6-1 a As Pontes 74, GTC Lecar por 5-0 a Jeycar, sendo o resultado máis axustado o 2-0 da Taberna de Pancho a MMYPEM.

Así as cousas, GTC Lecar comanda o Grupo A con 7 puntos, 6 para A Cepa, 4 ten Santaballés, e semella que pola cuarta praza pelexarán Jeycar aínda sen sumar, e As Pontes 74 que ten un punto menos.

Nun competido Grupo B lidera Taberna de Pancho con 7 puntos, Muebles Eume ten 6, 3 para MMYPEM, un o Campión de Liga Estanco Mari Carmen, e descolgado sen puntuar e cun so encontro restante, Electricidad J&O.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Felipe Mieres.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Felipe Mieres.

Publicado en Futbol Sala As Pontes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

EN DOUS LICEO-FC BARCELONA, CON AMBOS EQUIPOS SUMANDO 28 COPAS DE EUROPA (6-22)

Publicado en Outros deportes en As POntes, Sin categoría | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMININA. PINTURAS GRANDAL LAGO DVSPORT 7 – EUME RODRICAR FS PONTEDEUME 1.

Partido este domingo á tarde no Pavillón Municipal

Decimo cuarto triunfo consecutivo do equipo de Diego Vinicius, que esta tarde venceu con claridade no derbi 7-1 a un Pontedeume que plantou cara todo o encontro cun so recambio.

Ao descanso xa se chegou co tanteo de 5-1. Goles de Patricia (2), Andrea Montero, Paula Castro, Aitana, Andrea Cruz e Carolina.

Lideran a táboa con 46 puntos, os mesmos que o Alto do Vento, que iso si ten un encontro menos, con próxima visita ao Meigas B, oitavo con 20 puntos.

Xogaron Paula Baamonde, Andrea Cruz, Paula Castro, Carla, Patricia; Aitana, Uxía, Carolina, Andrea Montero e Sara.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PRIMEIRA GALICIA VETERANOS. CD AS PONTES 4 – UD NARAHÍO 4.

Partido este domingo á mañá no Evaristo Puentes

Tropezo do As Pontes no derbi ante o Narahío, que marcha cuarto pola cola, na súa loita pola primeira praza, 4-4, nun partido no que un hat trick de Raúl Hermida, con dous tantos de penalti, o último co tempo cumprido, privaron aos azuis de dous moi importantes puntos.

O equipo visitante, no que xogaba o pontes Manel ou o gran ex cierre do Esteo Gerveno, igualou por tres veces o marcador, 1-1, 3-3 e 4-4, anotando os tantos locais Iván Ferreiro (2), Alberto, e Púas de penalti.

Os de Felipe Mieres son terceiros con 52 puntos, a tres de Teke Teke Ordes e Victoria, que non fallaron a domicilio, con próxima visita ao Relámpago coruñés, decimocuarto cos mesmos 24 puntos que o rival de hoxe.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

SEGUNDA FASE LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA. CD AS PONTES 2 – SD SOFÁN 0.

Partido este domingo á mañá no Evaristo Puentes

Triunfo do Alevín feminino pontés dirixido por Noelia Ameneiro, que na mañá deste domingo gañou por 2-0 ao Sofán de Carballo.

Os tantos foron anotados por Enma de forte disparo, e Ángela, que se aproveitou dun rexeite da gardamallas rival, ambos tantos no primeiro período.

Tralo empate 2-2 ante o Cerqueda, marchan terceiras con 4 puntos, antes de visitar ao Silva, que lidera con seis puntos.

Xogaron Alicia, Martina, Alejandra, Carlota, Ángela, Mariana, Enma, Andrea; Sofía, Noa, Lía, Sara, Rocío.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía XF

COPA GALEGA ALEVÍN FEMININA. SENSO LAGO DVSPORT 4 – RIBEIRA FS LIEDERS 0.

Partido este domingo á mañá no Pavillón Municipal

Vitoria do equipo Alevín Feminino do Lago por 4-0 ante o Ribeira no encontro disputado este domingo á mañá no Pavillón Municipal.

Este grupo Norte 2 acabou comandado polo Fisober de Cee, que venceu 1-4 en Ribeira e 5-1 na casa ante o Lago, polo que hoxe dirimíase o outro equipo que clasificaba para os oitavos de final, logrando a praza o equipo azul, que enfrontará ao Narón O Freixo.

Hat trick da alma mater do equipo, Adair Legaspi, e un cuarto de Clara Balsa. Xogaron Icía, Adair, Clara, Lucía Fabiola, Aroa; Cecilia, Alicia, Noa, Valentina, Nerea, Eva e Daniela.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

LIGA GALEGA BENXAMÍN PLATA B. HC AS PONTES 2 – TRAVESAS HC 7

Partido este domingo á mañá na Magdalena

O Benxamín pontés remataba este domingo á mañá a primeira volta da segunda fase recibindo ao Travesas, barrio da maravillosa cidade olívica, ante o que perderon por 2-7, goles de Unai e Olivia.

Rematan a primeira volta terceiros con nove puntos, con vitorias ante Liceo B (10-6), Compostela (6-3), Dominicos Rojo (4-7), e a derrota de hoxe e ante o líder Rolling Cambre (11-4).

Comezan a segunda volta rendindo visita ao rival de hoxe. Xogaron Sergio, Xisco, Mauro, Roque, Olivia, Xulia, Xos, Unai e Roi.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Publicado en Outros deportes en As POntes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 6 – GRUPO FORMAT VILALBA FS 8

Derbi este sábado á noite no Pavillón Municipal

Derrota do Esteo nun derbi moi intenso, que rematou co tanteo de 6-8, tras marchar 4-4 ao descanso.

Na segunda metade o experimentado conxunto vilalbés, con xente como Isma Vázquez, Kevin Chis ou Dani Quintela puxose 4-7, recurtaron os locais ata o 6-7, pero o 6-8 definitivo acabou con todas as esperanzas.

A parte menos mala é que outros resultados acompañaron, pero o Esteo, décimo cuarto con 20 puntos, debe buscar a vitoria ante o complicado Unionistas de Salamanca, quinto con 46 puntos e con opción de quitarlle a plaza de play off ao Albense.

ESTEO FS. Xeito, Héctor, Jandro, Jhony, Troncho – Costi, Marcos, Cokito, Sergio, Paulo.

GRUPO FORMAT VILALBA FS. Martín, Diego, Jorge, Isma, Chis – Antón, Iago, Diego, Dani.

GOLES. 0-1, Chis (4´), 1-1, Cokito (6´), 1-2, Antón (7´), 2-2, Cokito (10´), 3-2, Troncho (11´), 3-3, Isma (11´), 3-4, Dani (15´), 4-4, Cokito (19´). 4-5, Isma (24´), 4-6, Chis (31´), 4-7, Iago (33´), 5-7, Héctor (34´), 6-7, Jhony (38´), 6-8, Chis (39´).

Incidencias. Amarelas a Héctor, Jhony, Costi, Jandro, Sergio; Chis, Isma. Expulsado por doble cartón o visitante Jorge (23´) e con vermello directo Costi (33´). Uns 300 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 2 – HÉRCULES FS 7

Partido este sábado á tarde no Pavillón Municipal

Derrota do equipo do Lago ante o Hércules coruñés por 2-7, por desgracia a súa oitava consecutiva. O cadro herculino estaba capitaneado polo bo porteiro, ex do Esteo FS, Faílde.

Antepenúltimos con 19 puntos antes de visitar ao histórico Troula de Betanzos, quinto con 42 puntos.

Xogaron Sergio, Borja, Jacobo, Diego, AdriánM; Mario, Andy, Santi, Pablo, AdriánB, Dani, Kevin.

Antes do comezo do encontro fíxoselle un homenaxe ao Prebenxamín do Lago Campión de Liga de Ferrol.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

COPA GALEGA INFANTIL FEMININA. MARBLE LAGO DVSPORT 2 – BIQUIÑOS DOCES GADESPORT O PARRULO 1.

Partido este sábado á tarde no Pavillón Municipal

Vitoria do equipo feminino infantil do Lago 2-1 ante o Parrulo na primeira xornada da Copa Galega, na que comparten grupo aparte de co equipo ferrolán tamén co Narón O Freixo, que semellla o rival máis complicado, nunha liguiña que se xogará a doble volta.

Comezou adiantandose o equipo branco, pero dous goles azuis no segundo período deron a volta ao marcador. Xogaron polas de Jacobo Barro, Daniela Feal, Laura (1), Antía (1), Daniela Calvo, Sheyla; Emma, Noa, Ainara, Aroa, Candela, Paula e Sabela.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Publicado en Outros deportes en As POntes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

O 9-12-23, EN NOIA, CO MELLOR CLUBE DA HISTORIA, O INTER MOVISTAR.

Publicado en Futbol Sala As Pontes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

Publicado en Outros deportes en As POntes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 0 – EUME DEPORTIVO 2

Preferente Norte. CD As Pontes 0 – Eume Deportivo 2

Nova cortesía Xose Ferreiro

TERCEIRA GALEGA FEMININA. CD AS PONTES 1 – EIRÍS SD 3

Partido este domingo á mañá no Evaristo Puentes

Chegaba o equipo feminino de Cascudo e Alex ao partido deste domingo cun record logrado hai dúas semanas no último partido en casa, o de vencer e facer sumar a súa única derrota en 22 xornadas ao Sporting Burgo de Culleredo, nun partido que acabou 1-0, por desgracia nun día de gran choiva e molleira.

Sen embargo, o partido de hoxe ante o equipo coruñés do Eirís, segundo clasificado, non saiu nada ben, acabando 1-3, ante un conxunto visitante que prácticamente casi anotou en cada tiro a porta, por riba cun segundo gol con posible falta e as locais con dez xogadoras por estar atendendo a Salma (que gran central, por certo).

Sigue sendo moi boa a campaña do equipo feminino que marcha quinto, con 46 puntos, antes de visitar ao Torre SD coruñés, undécimo con 26. Xogaron Laura Pernas, Naia, Lucía, Noelia, Salma, Ainize, Patricia, Xeila, Paula (1), Laura Paz, Nerea; Indira, Carol, Silvia.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMININA. PINTURAS GRANDAL LAGO DVSPORT 4 – VALDETIRES FERROL FSF 2

Partido este sábado á noite no Pavillón Municipal

Triunfo do Lago feminino 4-2 no derbi disputado este sábado á noite ante o Valdetires ferrolán no Pavillón Municipal, goles de Andrea Montero (2), Andrea Cruz e Paula Castro.

O equipo de Diego Vinicius é segundo con 40 puntos, a tres do Alto do Vento, e un por riba do Rodeiro que ten un punto menos, con próxima visita ao Ventorrillo coruñés, quinto con 24 puntos.

Xogaron Paula Baamonde, Paula Castro, Andrea Montero, Carla, Patricia; Aitana, Andrea Cruz e Uxía.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

LIGA DE FERROL XUVENIL. CD AS PONTES 3 – SCRD ÁNIMAS 1

Partido este sábado á tarde no Evaristo Puentes

Triunfo do Xuvenil pontés este sábado á tarde no Campo Artificial ante o Ánimas por 3 goles a 1, tantos de Anxo Blanco (2) e Mateo Núñez.

Xogaron Xalo, Rey, Bruno, Sergio, Alejandro, Carlos, Mateo, Diego, Blanco, Xandre, Antón; Ángel, Daniel, Antonio, Yeray.

Terceiros con 27 puntos, próxima visita ao Val de Narón, decimo con 11.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PRIMEIRA GALICIA VETERANOS. CD AS PONTES 5 – ATLÉTICO CASTROS 3

Partido este sábado á tarde no Evaristo Puentes

Trepidante partido este sábado á tarde no Campo Artificial no que o As Pontes de Veteranos foi quen de superar ao equipo coruñés, undécimo clasificado, pese a que os visitantes lograron empatar 3-3 co tempo cumprido gracias a un hat trick de Alberto Seoane.

Pero dous goles consecutivos no desconto de Borja Pellón e Iván Benavente puxeron o 5-3 definitivo, sumados aos tantos anteriores de Santi Barro (2) e Alberto Fernández.

Os ponteses son líderes con 50 puntos, á espera do encontro do Teke Teke mañá, con próxima complicada visita ao Paiosaco, quinto con 41 puntos.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

CARREIRA DE SAN XOSÉ AS PONTES 2024

Disputouse este domingo á mañá

Este domingo á mañá disputábase en As Pontes, e con bastante bo tempo para o moito que choveu de madrugada, a tradicional carreira de San Xosé pontesa, nas súas diversas categorías.

Os gañadores absolutos foron Hugo García (Portugalete), seguido de Pablo Bocelo (Gimnastica Pontevedra) e David De la Fuente, mentres que no feminino foi Tina Fernández (Compostela), seguida de Karyna Yevtushenko e Andrea Díaz (Ría Ferrol). Pola súa banda os mellores ponteses foron Esteban Díaz (Atletismo Narón), oitavo, e Isa Díaz (Trieume), décima.

Deronse cita persoeiros ilustres como o propio speaker, Terio Carrera, da Tvg, o mítico futbolista de Sigueiro, Juanito, aos seus 54 anos, ex Deportivo, Compostela, Racing Ferrol, Levante ou Betis, equipo este último co que marcou o gol que eliminou ao FC Barcelona na Copa do Rei 1993-94.

Por parte pontesa puidose ver ao futbolista do Arteixo, Chus Cañizares, ao que o Seleccionador debería haber convocado para a final Aragón-Galicia desta mañá, ou a mítica atleta ex Campiona de España, Susana Castro Pena.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Publicado en Novas equipo masculino C.D. As Pontes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

O 3-12-2023, NO LICEO-REUS, CON SEIS E OITO COPAS DE EUROPA RESPECTIVAMENTE

Publicado en Non todo vai ser fútbol ;) | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

ADAIR LEGASPI, SUBCAMPIONA DE ESPAÑA

Este fin de semana en Sanxenxo

A futbolista pontesa do Lago DV Sport, Adair Legaspi Bellas, proclamouse esta fin de semana en Sanxenxo Subcampiona de España Sub12 coa Selección Galega Alevín.

Magnífica actuación na que ademais marcou dous goles, un no segundo encontro, e outro moi importante nas semifinais.

A selección galega impúxose no seu grupo sucesivamente 3-0 a Castela A Mancha, 5-0 a Extremadura, e 2-1 a Aragón.

Nas semifinais gañou contra pronóstico a Comunidade de Madrid 3-2, caendo na gran final desta mañá ante outra gran potencia como Cataluña por 0-6.

No torneo Infantil Sub14 no cruce final entre as dúas favoritas tamén se impuxo Cataluña 4-2 a Comunidade de Madrid.

Fotos cortesía Futgal & Rfef Futsal.

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 7 – CAFES CANDELAS O PARRULO FS 4

Gran vitoria do equipo pontés no derbi

Bon triunfo do Esteo e tres vitais puntos ante un rival directo no derbi disputado este sábado á tarde no Pavillón Municipal ante o filial parrulo, co que os de Fran Fernández se sitúan máis preto da complicada salvación.

O encontro tivo constantes alternativas, marchou 2-2 ao descanso, e 4-4 mediado o segundo período, pero no tramo final os locais se marcharon ao definitivo 7-4 cos visitantes xogando xa co porteiro xogador, e incluso dispoñendo de varios dobles penaltis.

Goles do gran Jhony (2), Costi (2), Troncho, Sergio e Jandro. Os ponteses son cuartos pola cola con 20 puntos, a dous da criba da salvación, antes de visitar a complicada cancha do líder Lugo Sala, que so cedeu cinco puntos en toda a Liga.

ESTEO FS. Xeito, Costi, Jandro, Jhony, Troncho – Cokito, Sergio, Héctor, Paulo.

CAFES CANDELAS O PARRULO FS. Borja, Daniel, Iván, Miguel, Justo – Adrián, Asier, Aaron, Jesús, Brais.

GOLES. 1-0, Daniel (4´), 1-1, Jhony (7´), 2-1, Costi (9´), 2-2, Daniel (13´). 3-2, Troncho (21´), 3-3, Iván (24´), 4-3, Sergio (26´), 4-4, Brais (29´), 5-4, Jhony (32´), 6-4, Costi (36´), 7-4, Jandro (39´).

Incidencias. Amarelas a Cokito, Costi, Jandro, Sergio, Daniel, Brais, Justo. Expulsado por doble cartón o visitante Iván (39´). Uns 150 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 4 – BIGMAT LUCAS ALTO DO VENTO FS 7

Partido este sábado á noite no Pavillón Municipal

Derrota do equipo pontés do Lago ante o conxunto de Santiago por 4-7 no partido disputado este sábado á noite no Pavillón Municipal.

Os visitantes marcharon ao descanso 0-4, chegando a poñerse 1-6 mediado o segundo período, pero un voluntarioso equipo local recurtou ata o 4-7 definitivo, con hat trick do retornado Santi Fraga e un de penalti de Adrián Meizoso.

Os de Rober Paz son décimo cuartos con 19 puntos antes de visitar ao Emden coruñés, sétimo con 36. Xogaron Sergio, Jacobo, Diego, Santi, Dani; Borja, Mario, Adrián, Pablo.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA. CD AS PONTES-VICTORIA CF

Partido este sábado á mañá no Campo Artificial

Este sábado á mañá o equipo Alevín feminino do CD As Pontes xogaba o seu derradeiro partido na casa e facíao ante o líder con pleno de 17 triunfos, o Victoria coruñés, que gañou 0-8.

As de Noelia, e Carlota, son sextas con 21 puntos, en seis triunfos, tres empates, oito derrotas, con 30 goles a favor e 55 en contra, rematando a Liga a vindeira semana visitando ao Amistade, quinto con 25.

Xogaron Alicia, Martina, Alejandra, Carlota, Ángela, Mariana, Enma, Andrea; Sofía, Noa, Lía.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

O ESTANCO MARI CARMEN, CAMPIÓN DE LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2023-24

Partido esta mañá de domingo no Campo Artificial

O Estanco Mari Carmen proclamouse a semana pasada campión matemático da Liga de Veteranos pontesa 2023-24, e este domingo refrendou o seu liderato gañando 3-0 a MMYPEM alcanzando os 43 puntos.

Suman 14 vitorias por un empate e unha sola derrota. Na pasada xornada, a decimoquinta, Estanco Mari Carmen sumaba 40, por 30 de Santaballés, polo que restando tres xornadas ata a 18, e un máximo de 9 puntos a sumar, o equipo xa quedaba campión matemático.

Siguenlles na clasificación, aparte do mencionado Santaballés, A Cepa con 29, Muebles Eume 28, Taberna de Pancho 23, Lecar 22, Jeycar 16, MMYPEM 16, Electricidad J&O 3, e As Pontes 74 tamén con tres.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Publicado en Outros deportes en As POntes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 0 – SIGUEIRO FC 4

Partido este sábado á tarde no Campo do Poboado

Mal partido do As Pontes que por sensacións a día de hoxe casi está máis preto de competirlle a última praza ao Eume, que de intentar unha complicada salvación, con unha vitoria nos últimos vinte partidos, que se di pronto, tendo unha difícil visita a Ribadeo a vindeira semana.

Derrota clara ante un Sigueiro que foi superior en todo o encontro e que xa se adiantou nada máis comezar o partido con tanto de Yago, e xa no segundo período Hugo, Óscar e o propio Yago redondeaban un rotundo marcador.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PRIMEIRA GALICIA VETERANOS. CD AS PONTES 2 – CLUB XUVENTUDE DORNEDA 0

Partido este sábado á noite no artificial

Vitoria do equipo de Veteranos do CD As Pontes no encontro disputado este sábado á noite, no que a choiva apenas fixo acto de presencia.

O encontro foi moi sufrido pois Alberto adiantaba de penalti aos locais ao pouco do comezo, pero non foi ata o desconto final que Iván facía o 2-0 definitivo.

Os de Felipe Mieres seguen líderes con 47 puntos, á espera do que faga este domingo o equipo de Ordes. Próxima xornada visita ao AD Miño, undécimo con 23 puntos.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

LIGA GALEGA INFANTIL. MARBLE LAGO DVSPORT 1 – ADC LUGO SALA 7

Partido este domingo á mañá no Pavillón Municipal

Derrota do equipo infantil do Lago no encontro disputado este domingo á mañá no Pavillón Municipal ante o conxunto da capital lucense por 1-7.

Nunha Liga xa gañada polo Viaxes Amarelle da Coruña, as de Jacobo Barro son oitavas con 12 puntos, e pechan a Liga visitando ao Monterroso, un posto e un punto por encima.

Xogaron DanielaF, Laura, Paula, DanielaC, Sheyla; Carla, Ainara, Candela, Antía, Carolina, Beatriz e Sabela.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Publicado en Novas equipo masculino C.D. As Pontes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

O 22-12-2023, EN BURELA, NA FINAL DA COPA DE EUROPA ENTRE BENFICA E BITONTO, CON ESTAS CRACKS

Publicado en Futbol Sala As Pontes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

IAGO EXPÓSITO NO PROGRAMA FORMATIVO ACTA

Este sábado en Santiago

O colexiado pontés Iago Expósito Fraga estivo este pasado sábado 17 en Santiago de Compostela na primeira xornada do Programa formativo ACTA, nas que participaron 21 árbitros menores de 20 anos seleccionados polo Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol (CTGAF) coa finalidade de detectar aos árbitros con maior proxección dentro do fútbol base de cada delegación, coa intención de orientalos e formalos para alcanzar as maiores cotas posibles. Participaron no acto, entre outros, Bernardino González Vázquez e Julio Amoedo Chas.

Nova cortesía XF. Foto Futgal.

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 6 – DEPORCYL GUARDO FS 5

Gran vitoria do equipo pontés este sábado no Pavillón Municipal

Gran triunfo do Esteo no partido deste sábado á tarde no Pavillón Municipal ante o Guardo de Palencia, quinto clasificado, por 6 a 5.

Pese a que se adiantaban os locais, os visitantes puxeronse moi rápido con 1-4, mal augurio tendo en conta que o último encontro na casa acabou con vitoria do Stellae 0-9 (equipo que hoxe ganou 5-14 na complicada Xove).

Pero os ponteses recurtaron distancias antes do descanso 3-4, e mediado o segundo período puxeronse 6-4, tantos de Jandro (3), Jhony (2) e Héctor, ventaxa que so foi reducida nos últimos instantes polo equipo de Castela León ata o 6-5 definitivo.

Vitoria que da tres valiosos puntos a un Esteo que é penúltimo con 16, a seis da salvación que marca o Parrulo B, antes da complicada visita ao Benavente.

ESTEO FS. Xeito, Costi, Jandro, Jhony, Troncho – Sergio, Marcos, Cokito, Héctor.

DEPORCYL GUARDO FS. AlejandroG, David, Víctor, Juan, AlejandroV – Ángel, Alberto, Felipe.

GOLES. 1-0, Jandro (9´), 1-1, Alberto (10´), 1-2, David (15´), 1-3, Juan (16´), 1-4, Ángel (17´), 2-4, Jandro (18´), 3-4, Jhony (19´). 4-4, Jandro (31´), 5-4, Héctor (34´), 6-4, Jhony (37´), 6-5, Ángel (40´).

Incidencias. Amarelas a Jhony, Víctor. Uns cen espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN CORUÑA-FERROL-LUGO. SERVICIO MÓVIL CB AS PONTES 65 – COSTA ÁRTABRA 61.

Victoria pontesa no derbi desta mañá no Pavillón Monte Caxado

Triunfo pontés no derbi vivido este sábado á mañá no Monte Caxado. Encontro moi igualado ante o líder no que os tres primeiros cuartos remataron 17-16, 33-34 e 50-52.

Pero no último cuarto o cadro local chegou a poñerse 62-54 faltando minuto e medio, pero os visitantes lograron achegarse 62-61 e con posesión do balón.

So co 65-61 anotado co tempo cumprido foi cando os ponteses celebraron a vitoria e, ao contrario que nalguns encontros anteriores, por fin resultaron triunfadores nun partido con final apretado.

Destacar os 28 puntos de Yago Otero, o 43% do conxunto pontés, ante o líder ferrolán que suma a súa segunda derrota e leva 11-2, si ben é certo que La Goleta de Betanzos está 10-0 con tres encontros menos.

Terceiro un As Pontes, con 6 vitorias e 7 derrotas, que na vindeira xornada visitará ao Laracha, cuarto clasificado.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 0 – ADC LUGO SALA B 3

Partido este sábado á noite no Pavillón Municipal

Derrota do Lago no partido deste sábado á noite no que recibía ao filial do Lugo Sala, segundo clasificado, por 0-3.

O equipo lucense amosou en todo momento a súa posición na táboa, pechando atrás aos de Rober Paz.

So as paradas de Sergio sostiveron ao equipo, ata que mediado o segundo tempo Iago facía o primeiro gol, e xa no final, con porteiro xogador, Martín e Teo, sentenciaban o encontro.

Décimo cuartos con 19 puntos, próxima xornada visita no derbi ao Pontedeume, undécimo con 25.

Xogaron Sergio, Borja, Manuel, Bellas, Dani; Jacobo, Mario, Meizoso, Andy, Xavi, Pablo.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Publicado en Outros deportes en As POntes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

MALENA MIERES COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB23

Para dous partidos ante Inglaterra e Noruega

A futbolista pontesa Malena Mieres García ven de ser convocada pola Seleccionadora Laura Del Río para dous partidos amistosos a disputar a finais deste mes coa Selección Española Sub23.

Serán ante dous rivais de tronío no fútbol feminino, Inglaterra en Marbella o día 22, e Noruega en Puertollano o 27. Malena comparte portería con Adriana Nanclares e Sandra Estévez.

As 23 convocadas son as seguintes:

ATHLETIC BILBAO: Nerea Nevado, Paula Arana, Ane Elexpuru, Clara Pinedo, Adriana Nanclares.
REAL SOCIEDAD: Ana Tejada, Mirari Uría, Alejandra Bernabé
MADRID CFF: Itziar Pinillos, Lucía Pardo, Aida Esteve
FC BARCELONA: Bruna Vilamala, Ariana Arias
SEVILLA FC: Teresa Mérida, Inma Gabarro
ATLÉTICO DE MADRID: Sonia Majarín
VALENCIA CF: Ascensión Martínez
VILLARREAL CF: Claudia Iglesias
AS ROMA: Oihane Valdezate
TENERIFE EGATESA: Paola Hernández
GRANADA CF: Sandra Estévez
FC LEVANTE LAS PLANAS: Elena Julve
REAL BETIS BALOMPIÉ: Malena Mieres García

Nova cortesía XF. Foto Real Betis Féminas

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – CD SOFÁN 1

Partido este domingo á tarde no Campo do Poboado

É incapaz o As Pontes de estrear o seu casilleiro de vitorias neste 2024, e xa é penúltimo, ademáis de ser o equipo con menos triunfos, catro (tres no inicio de Liga), so superado polo Eume, con un e de mal recordo.

Hoxe pese a adiantarse antes do descanso con gol de Cayetano sufriu moito nunha segunda metade onde os de Carballo empataron de cabeza tras saque de córner, estrelaron un balón na cruceta, e tiveron algunha que outra ocasión moi clara en boca de gol.

Salvado un punto milagreiro, con 21, na vindeira xornada complicada visita á Pedreira no derbi ante o Galicia de Mugardos.

Xogaron Jurado, Criado, Maxi (Javi 81´), Martín, Vilela, Rivera (Xavier 68´), Cayetano, Manso, David (Echavarri 68´), Rafael (Xoel 88´), Marcos.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

TERCEIRA GALEGA FEMININA. CD AS PONTES 4 – UNIÓN CAMPESTRE 1

Partido este domingo á tarde no Campo Artificial

Vitoria do equipo azul ante colista, nun partido no que remontou o tanto inicial visitante, e marchou 2-1 ao descanso con tantos de Paula e Nerea.

Moi cómoda segunda metade na que redondeou o marcador ata o 4-1 definitivo con doblete de Andrea Cruz ante o cadro de Montrove que sufriu dúas rigurosas expulsións antes do descanso, entre elas a da súa porteira.

Decimo terceiro triunfo xa do equipo de Cascudo e Alex, que suma 40 puntos na quinta posición e que na vindeira xornada recibe ao líder invicto Sporting Burgo.

Xogaron Laura, Ainize, Lucía, Noelia, Salma, Andrea, Nerea, Xeila, Paula, Patricia, Carol, e despois Silvia, Naia, Indira, Inés e María Jose.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMININA. PINTURAS GRANDAL LAGO DVSPORT 8 – NARÓN FUTSAL 3

Partido este sábado á noite no Pavillón Municipal

Clara vitoria do Lago Feminino no derbi ante o Narón por 8-3 no partido disputado este sábado no Pavillón Municipal, e que xa chegou ao descanso con 4-0.

Dous goles da pequena Sara Meizoso e Andrea Cruz, e un de Patricia Adega, Uxía Cupeiro, Carla Franco e a gran porteira Paula Baamonde.

Terceiras con 28 puntos, próxima visita ao segundo clasificado, Cogal Rodeiro, que suma 33.

Xogaron Paula Baamonde, Andrea Cruz, Paula Castro, Carla, Patricia; Aitana, Uxía Cupeiro, Uxía Rodríguez, Andrea Montero e Sara.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

LIGA GALEGA BENXAMÍN NORTE 2. HC AS PONTES – 0 – DOMINICOS 2013 – 3

Partido ante o líder este sábado á mañá na Magdalena.

Gran partido do Benxamín pontés ante o líder, que so puido gañar en As Pontes por 0-3 no partido disputado este sábado á mañá no Pavillón de A Magdalena.

Rematan a Liga visitando a vindeira semana ao Escola Lubiáns en Carballo. Xogaron Mauro, Xisco, Roque, Olivia, Xulia, Xos, Unai, Roi e Sergio.

Dominicos e Oleiros con 24 puntos, 16 Santa María del Mar, 9 As Pontes, 7 Escola Lubiáns e sen puntuar o Liceo C.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Publicado en Outros deportes en As POntes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

O 12-10-2023, NO LAGO DE AS PONTES, CON GRANDES ESTRELAS DO CICLOCROSS

Publicado en Outros deportes en As POntes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

AMIGABLE. MARBLE LAGO DVSPORT INFANTIL 2 – SELECCIÓN GALEGA ALEVÍN 7

Partido este mércores á tarde no Pavillón Municipal

Este mércores á tarde enfrontabanse nun amistoso a Selección Galega Alevín, que vai participar no Campionato de España, e o equipo Infantil feminino do Lago.

Partido que rematou co tanteador de 2-7, ao descanso 1-5, con moi boa actuación de Adair Legaspi Bellas, que marcou un gol e deu unha asistencia, boas paradas de Daniela, os regates de Laura, e goles de Antía e Sheyla.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL DE FERROL. O ESTEO FS 2 – O PARRULO FERROL FS B 1

Título de Liga Xuvenil para o Esteo este domingo á noite no Pavillón Municipal

O Esteo Xuvenil de fútbol sala logrou este domingo á noite nun Pavillón Municipal ateigado de espectadores o título de Liga tras impoñerse ao Parrulo de Ferrol por 2 goles a 1.

Nun encontro moi igualado, mediado o segundo tempo, un Esteo ao que lle valía o empate, puxo terra de por medio con dous tantos consecutivos de Sergio Cabarcos e Eloy Pita.

Co xogo de 5 para 4, tras unha falta pola escadra recurtaron os ferroláns por medio de Antón, pero xa sen tempo para máis o Esteo celebrou o título de Liga.

A falta dunha xornada, na que O Esteo descansará, os ponteses son campións matemáticamente con 32 puntos, con pleno de dez triunfos e apenas dous empates.

O Parrulo B 25, Narón Futsal 19, Cidade de Narón 16, Pontedeume 16, e pechan Caranza e A Solaina con 3.

Xogaron polos de Manuel Sánchez, Alejandro Romero, Diego, Sergio, Eloy, Antonio; Joan, Daniel, Antón, Manuel e Alejandro Leal.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 0 – STELLAE VALGA FS 9

Contundente derrota ante un dos mellores equipos que pasou polo Municipal

Clara vitoria do cadro “santiagués” do Stellae Valga, que foi un dos mellores que pasou polo Pavillón Municipal, nun encontro de claro color visitante no que incluso houbo moitos postes e paradas de Xeito.

Dirixido por Santi Valladares Jr, que xogara no Santiago Futsal cinco tempadas en Primeira, e no Parrulo de Segunda, fillo do adestrador do mesmo nome do Peñíscola de Primeira División, e que fora compañeiro do porteiro pontés Fernando Bouza na Selección Española de finais dos 80.

O Stellae é segundo con 46, e os locais dan un paso atrás, decimo cuartos con 13, cunha final na vindeira xornada ante o histórico Leis Pontevedra, un punto por riba.

ESTEO FS. Xeito, Héctor, Jandro, Jhony, Troncho – Costi, Marcos, Cokito, Sergio, Catalin.

STELLAE VALGA FS. Alberto, Alan, Manuel, Cley, Mario – Jaime, Sergio, Nicolás, Alejandro.

GOLES. 0-1, Nicolás (6´), 0-2, Alan (8´), 0-3, Nicolás (19´). 0-4, Mario (31´), 0-5, Jaime (32´), 0-6, Mario (34´), 0-7, Jaime (35´), 0-8, Cley (37´), 0-9, Cley (39´).

Incidencias. Amarelas a Jandro, Héctor, Alan, Cley, Manuel, Valladares. Uns cen espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

CUARTOS DE FINAL COPA FERROL FEMININA. CD AS PONTES 0 – SD O VAL 5

Partido este sábado á tarde no Evaristo Puentes

Este sábado á tarde pontesas e valexas xogaban por unha praza nas semifinais da Copa departamental; nun duelo desigual, pois as naronesas están na Primeira Galega, dúas categorías por riba, e ademáis marchan cuartas clasificadas; polo que as branquivermellas acabaron vencendo por 0-5.

Para o equipo de Cascudo, toca centrarse na Liga, na que van moi ben clasificadas, pois son quintas e na vindeira xornada reciben ao Unión Campestre. Partido arbitrado por Julen Martínez Galego no que xogaron Laura Pernas, Naia, Lucía, Noelia, Salma, Andrea, Laura Paz, Ainize, Paula, Patricia, Nerea, e despois Carol, Xeila, María Jose e Silvia.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 1 – CONCELLO DE FRIOL FS 3

Partido este sábado á noite no Pavillón Municipal

Derrota do Lago no partido deste sábado no que recibía ao líder, ao que prantou cara, adiantandose os visitantes no segundo período por medio de Diego, tanto que igualaba Pellón, pero que nos derradeiros instantes os goles de Guillermo e Adrián daban os tres puntos aos visitantes.

O Friol é líder con 46 puntos, namentres que os ponteses son decimo cuartos con 19 puntos, con próxima visita aos Meigallos de Sarria, oitavos con 27 puntos.

Xogaron Kevin, Jacobo, Diego, Pablo, Bellas; Andrew, Mario, Xoan, Meizoso, Manuel, Dani, Sergio.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

LIGA DE FERROL XUVENIL. CD AS PONTES 3 – SCDR GALICIA DE CARANZA B 1

Partido este sábado á mañá no Evaristo Puentes

Vitoria do Xuvenil pontés 3-1 ante o Galicia de Caranza B, sétimo clasificado, no encontro disputado este sábado á mañá no campo artificial.

Os locais adiantaronse no primeiro tempo con goles de Mateo Núñez e Alejandro Leal, recurtaban distancias os visitantes xusto antes do descanso por medio de Iago, ata que preto do final do encontro Anxo Blanco anotou o 3-1 de penalti.

Segundos con 21 puntos, na vindeira xornada visitan á terra do gran Marcelino, ao complicado Numancia de Ares, cuarto con 17 puntos.

Xogaron Xalo, Daniel, Bruno, Alejandro, David, Carlos, Mateo, Diego, Anxo, Ángel, Antón, e despois Rey, Antonio, Yeray e Sergio.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

COPA DE GALICIA ABSOLUTA DE WATERPOLO

Disputouse esta fin de semana en As Pontes

Esta fin de semana disputouse na Piscina Climatizada de As Pontes a Copa de Galicia Absoluta de Waterpolo, tanto en categoría masculina coma feminina, coa presencia de 11 equipos, de sete clubes das sete grandes cidades galegas.

Tres femininos, e na cita masculina deronse lugar oito conxuntos xogando a final o Santiago e o Rías Altas de Coruña, gañando os da capital galega por 12-9.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Publicado en Outros deportes en As POntes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

TERCEIRA DIVISIÓN CORUÑA-FERROL-LUGO. SERVICIO MÓVIL CB AS PONTES 53 –CB PARQUE EUROPA DRAGONS 55.

Partido este domingo á mañá no Monte Caxado

Voltou a perder o As Pontes por un suspiro, como acontecera a semana pasada a domicilio, por apenas dous puntos.

Con 13-20 e 28-31, se chegou ao descanso, os locais conseguían poñerse por diante ao final do terceiro cuarto, 45-39, pero un mal último cuarto fixo que os coruñeses se acabaran impoñendo co 53-55 definitivo.

Dante Varela 19 puntos e Sergio López 16. Con cinco victorias e seis derrotas próxima visita ao colista Basket Xiria.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

LIGA GALEGA BENXAMÍN NORTE 2. HC AS PONTES 4 – CH OLEIROS ESPIÑEIRO 8

Partido este domingo á mañá no Pavillón de A Magdalena

Disputado partido o desta mañá na Pista de A Magdalena, onde o cadro pontés marchou con ventaxa de 3-1 ao descanso, pero no segundo período os coruñeses acabaron remontando ata o 4-8 definitivo, e sitúanse colíderes.

Quedan dúas xornadas nas que teñen que recibir ao líder Dominicos 2013, e visitar ao Escola Lubiáns. Xogaron Xos, Roque, Mauro, Xulia, Sergio (3), Roi, Olivia e Unai (1).

Comandan Dominicos e Oleiros con 21 puntos, 10 Santa María del Mar, 9 As Pontes, 7 Escola Lubíáns, e pecha sen puntuar o Liceo C.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Publicado en Outros deportes en As POntes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

O 6-9-2023, O MELLOR EQUIPO ESPAÑOL DA ÚLTIMA DÉCADA, O PERFUMERÍAS AVENIDA DE SALAMANCA, E O BAXI FERROL, EN AS PONTES.

Publicado en Outros deportes en As POntes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

ESTEBAN DÍAZ CAMPIÓN GALEGO DE PISTA CUBERTA

O atleta pontés acadou dúas medallas nos campionatos galegos.

O gran atleta pontés Esteban Díaz Pérez ven de ter unha formidable actuación nos Campionatos Galegos Master en Pista Cuberta levados a cabo esta fin de semana en Ourense.

O atleta do Club Atletismo Narón competiu en dúas probas, en Master 40. Nos 800 metros foi segundo clasificado e medalla de prata cun tempo de 2:12:83. Por diante quedou Amador Pena (SD Compostela) con 2:11:57, e completou o podio Miguel Álvarez (Ourense), con 2:14:93.

Sensacional rendemento tivo nos 3.000 metros, nos que gañou o ouro sobradamente cun tempo de 9:07:17. Lonxe dos seus rexistros completaron o podio o propio Miguel Álvarez (9:44:95), e Alejandro López (9:51:04), ambos do Ourense Atletismo.

Nova XF. Fotos Esteban Díaz.

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 0 – ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 2

Partido este domingo á tarde no Campo do Poboado

Mal partido do As Pontes ante o Montañeros, que gañou 0-2 cos tantos de Lucas, e Andre co tempo cumprido.

Bon equipo o coruñés pero algo lonxe do gran Montañeros de campañas anteriores con futbolistas de renombre, ante o que o cadro local foi incapaz de sacar nada positivo.

Nas últimas 16 xornadas so houbo un único triunfo ante o San Tirso, con apenas 15 goles, o que fai que o equipo azul xa sexa terceiro pola cola con 20 puntos, e teña unha final na vindeira xornada ante o Cidade de Ribeira, dous puntos por riba.

Xogaron Pita, Esteban, Maxi (Xoel 80´), Traba (Echavarri 45´), Vilela, Rivera (Xavier 45´), Dani, Manso, David (Cayetano 65´), Rafa (Samuel 65´), Marcos.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN CORUÑA-FERROL-LUGO. SERVICIO MÓVIL CB AS PONTES 53 – LA GOLETA 91.

Partido este domingo á noite no Monte Caxado

Doble derrota do equipo pontés de baloncesto nesta fin de semana, sendo a máis dolorosa, non a de hoxe ante o líder betanceiro da categoría con pleno de triunfos, senon a de onte sábado ante o Maristas da Coruña por un axustado 61-59 nun encontro que foron dominando ata o tramo final.

No encontro de hoxe os experimentados visitantes foron aumentando a súa ventaxa ao paso de cada cuarto, 12-22, 20-47, 41-65, ata o definitivo 53-91. Sergio Gómez con 18 puntos e Alex Pardo con 14 foron os máximos anotadores.

Terceiros con cinco victorias e cinco derrotas voltan a xogar na casa por terceira semana consecutiva ante o Parque Europa Dragons.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

TERCEIRA GALEGA FEMININA. CD AS PONTES 2 – UDJ ALMEIRAS 1

Partido este domingo á noite no Evaristo Puentes

Novo triunfo do feminino pontés que no partido desta noite se sobrepuxo ao gol inicial das visitantes, segundas clasificadas, remontado con tantos de Laura Paz e Andrea Cruz antes do descanso, e incluso fallando un penalti entremedias.

No segundo tempo mantiveron o marcador contra as de Culleredo, e as de Cascudo e Alex son quintas con 34 puntos antes de visitar no derbi ao Estrella de Narón, decimo terceiro con 10 puntos.

En partido arbitrado polo pontés Julen Martínez Galego, xogaron, Laura Pernas, Naia, Lucía, Noelia Castro, Salma, Andrea, Tania, Laura Paz, Paula, Noelia Ameneiro, Patricia e no segundo tempo entraron Ainize, Indira, Nerea e Xeila.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

CAMPIONATO GALEGO DE WATERPOLO CADETE MIXTO

O equipo pontevedrés impúxose ao conxunto vigués

Apenas uns días despois de que as Seleccións Españolas conseguiran o ouro masculino e a prata feminina nos Campionatos de Europa, disputouse na piscina climatizada de As Pontes o Campionato Galego Cadete.

Na gran final impúxose Pontevedra 15-4 ao conxunto do RCN de Vigo, levándose o bronce o Marina de Ferrol. Tamén participaron no torneo Lugo, Santiago e dous equipos de Coruña.

Ao remate do evento entregaron as medallas aos tres primeiros clasificados o Alcalde Valentín González Formoso e a Concelleira de Deportes Elena López.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Publicado en Novas equipo masculino C.D. As Pontes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – CF NOIA 1

Partido este domingo á tarde no Poboado  

Bo empate do As Pontes ante o líder Noia no partido disputado na tarde deste domingo no Poboado.

Ambos goles chegaron nos primeiros minutos e tras saque de córner, un primeiro visitante desafortunado, nun remate entre o ex azul Adrián Maroñas e un xogador local, e un segundo cabeceado por Dani ao fondo das mallas.

Caso curioso o do As Pontes que foi quen de sacar catro puntos ante o líder, o que compensa sufrir a única vitoria do Eume na Liga. Cuartos pola cola con 20 puntos, toca recibir ao Atlético Montañeros, sexto con 31.

Estivo polo Poboado o mítico dianteiro burelao portugués Adriano, que xogara no As Pontes o ano do ascenso a Terceira, 2009-10, e tamén no Fabril, Langreo, Bergantiños, Viveiro, Vilalbés, Arteixo ou Ordes, entre outros.

Xogaron polos de Mariño; Pita, Esteban, Maxi, Traba, Jandro (Cayetano 69´), Echavarri (Michel 80´), Dani, Manso (Samuel 89´), David (Vilela 69´), Rafa, Marcos.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 6 – PIENSOS DURÁN ALBENSE FS 5

Triunfo glorioso do Esteo este domingo á mañá no Pavillón Municipal

Gran vitoria do Esteo este domingo á mañá no Pavillón Municipal, no partido que significaba o inicio desta segunda volta, recibindo a un dos mellores conxuntos que pasou por As Pontes, o terceiro clasificado, Albense, de Salamanca.

Nun encontro ante un dos grandes da categoría, cunha gran intensidade e presión no seu xogo, os locais foron sobrevivindo con grandes paradas de Diego, e sobrepuxeronse a un perigoso 2-4 nunha segunda metade que foi un toma e daca e que acabou caendo do lado local no último suspiro cun tanto de Jandro.

Segunda vitoria consecutiva dun Esteo que suma 13 puntos, cuarto pola cola, na criba do descenso, e que na vindeira xornada visita ao gran plantel do Xove, cuarto e en postos de play off.

ESTEO FS. Xeito, Héctor, Jandro, Jhony, Troncho – Costi, Marcos, Cokito, Sergio, Juan.

PIENSOS DURÁN ALBENSE FS. Carlos, Daniel, Jose, Jesús, Sergio – MarcosH, Álvaro, Diogo, Jorge, Angus, MarcosM.

GOLES. 0-1, Álvaro (6´), 1-1, Jhony (8´), 2-1, Troncho (14). 2-2, Jorge (22´), 2-3, Jesús (23´), 2-4, Jesús (24´), 3-4, Costi (25´), 4-4, Cokito (26´), 5-4, Jhony (29´), 5-5, Jorge (34´), 6-5, Jandro (39´).

Incidencias. Amarelas a Costi, Marcos, Sergio, Jhony, Jandro, Héctor, Cokito; MarcosH, Jesús, Diogo. Expulsados por doble cartón os visitantes Daniel e Carlos, ambos no 39´. Uns cen espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 3 – CINCO CORUÑA B FS 1

Partido este sábado á noite no Pavillón Municipal

Bo triunfo do equipo pontés do Lago 3-1 ante os coruñeses cos goles no segundo tempo do cadete Xavi, Mario, e Adrián Meizoso.

Escalan á decimo terceira posición con 18 puntos, antes de visitar ao Jofagan Ordes, noveno con 21.

Xogaron polos de Rober Paz; Sergio, Borja, Jacobo, Diego, Meizoso, Mario, Xavi, Bellas, Dani e Kevin.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMININA. PINTURAS GRANDAL LAGO DVSPORT 7 – FC MEIGAS B 3

Partido este sábado á tarde con gran remontada local

Partidazo este sábado no Pavillón Municipal no que o Lago Feminino goleou ao Meigas B por 7-3, pese a comezar perdendo 0-3.

I é que o equipo de Ames se puxo con tres goles de ventaxa pese a que as de Diego Vinicius puideron marcar algún gol entremedias.

A reacción chegou nos últimos 30 segundos do primeiro período onde as locais fixeron dous goles, e xa no segundo tempo igualaron, e logo puxeron terra de por medio cunha gran actuación de Patricia Adega, que fixo catro goles, por dous de Andrea Cruz, e un da gran porteira Paula Baamonde.

Son segundas con 19 puntos, visitando á Gaiola B de Santiago, sexto con 12 puntos. Xogaron Paula Baamonde, Andrea Cruz, Paula Castro, Andrea Montero, Patricia, Aitana, Uxía, Laura e Estefanía.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

SEGUNDA GALEGA RUGBI. CR FENDETESTAS 103 – BARBANZA CR 3.

Partido este domingo á mañá no Evaristo Puentes

Contundente triunfo do Fendetestas pontés de Rugbi ante un batallador conxunto de Rianxo que prantou cara durante todo o encontro pese a so poder presentar a once xogadores.

O partido marchouse ao descanso 29-0, rematando co abultado 103-3 con ata 17 ensaios locais, cinco de Vladi e Antonio, dous de Miguel, e un de Joel, Harold, Edgardo, Bojang e Claudio.

Os locais, á espera da última visita ao Mareantes pra rematar a Liga, suman a súa sétima vitoria consecutiva, con 31 puntos. Lalín ten 19, Santiago 16, Mareantes de Pontevedra 5, e pecha Barbanza con 4.

Xogaron Anxo, Edgardo, Harold, Pablo, Rafael, Ansumana, Joel, Claudio, Antonio, Senen, Iván, Vladi, Mariano, Roberto, e saíron Adrián e Carlos.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN CORUÑA-FERROL-LUGO. SERVICIO MÓVIL CB AS PONTES 62 – IDEFIC IMATIA BASQUET CORUÑA 44.

Partido este sábado á tarde no Monte Caxado

Gran triunfo, o quinto da temporada, do equipo pontés de baloncesto, que este sábado gañou ao conxunto coruñés do Idefic por 62-44, con 15 puntos de Alejandro Pardo.

Con 18-11 e 32-18 acabaron os dous primeiros parciais, e pese a que os herculinos achegaronse 45-35 ao remate do terceiro cuarto, a ventaxa definitiva foise ata os 18 puntos.

Son terceiros con trece puntos e a vindeira fin de semana visitan ao Maristas da Coruña e reciben ao invicto La Goleta.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

LIGA GALEGA BENXAMÍN NORTE 2. HC AS PONTES 1 – SANTA MARÍA DEL MAR AZUL 8

Partido este sábado á mañá en no Pavillón de A Magdalena

Partido complicado hoxe o do Benxamín pontés que enfrontaba a unha das catro mellores canteiras coruñesas xunto a Liceo, Dominicos e Compañía de María, o Santa María del Mar, que venceu por 1-8, tanto da honra de Xos.

Próximo partido a vindeira semana ante o Liceo C. Lidera o Dominicos con quince puntos, doce para Oleiros, dez Santa María del Mar, sete Escola Lubiáns, seis As Pontes e aínda sen puntuar o Liceo C. Xogaron Xose, Xisco, Roque, Mauro, Xulia, Roi, Olivia, Xos e Unai.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Publicado en Outros deportes en As POntes | Deixar un comentario

CD As Pontes Feminino

E QUE MELLOR MANEIRA DE DARLLE A BENVIDA AO 2024, ANO OLÍMPICO, QUE CON ADRIÁN BEN E ÓSCAR HUSILLOS, CERVO, 31-10-2023.

Publicado en Non todo vai ser fútbol ;) | Deixar un comentario