CD As Pontes Feminino

O AS PONTES PECHA O SEU PLANTEL

Con dúas incorporacións a uns días de que comece a Liga

O CD As Pontes apuntalou estes últimos días o seu plantel con dúas novas incorporacións antes de comezar a competir nesta nova campaña 2020-21.

O clube pontés viu reforzado o seu fondo de armario con dúas xoves promesas chegadas da cidade departamental. Tratase do media punta Iñaki Leonardo e do dianteiro Alex Del Río, procedentes ambos do Racing de Ferrol Xuvenil de División de Honra.

O equipo azulón está inmerso na breve pretemporada previa ao inicio de Liga, con triunfo ante o Racing Xuvenil (4-0), empate en Viveiro (2-2) e derrota en Paiosaco (1-0), á espera de recibir o sábado ao Somozas.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

AMIGABLE. CD AS PONTES 4 – UD SOMOZAS 4

O As Pontes remonta e salva o derbi ante un gran Somozas

As Pontes e Somozas poñían este sábado fin á pretemporada antes do comezo da Liga a vindeira semana, na que os ponteses visitan ao Silva e os das Somozas reciben ao Deportivo B de Valerón. Os azuis viñan de un 4-0 ante o Racing Xuvenil, 2-2 en Viveiro, e 1-0 en Paiosaco co tempo cumprido. 

Moi cedo se poñían os visitantes por diante cando tras un pase en profundidade marchouse so Iago Blanco, regateou a Bugy, e marcou a porta baleira (2´). Empataban os locais tras un centro de Artai dende banda dereita, no que o balón rebota na man de Pacheco, sinalando o colexiado penalti, que transformou Mitogo anotando contra o seu ex equipo (33´).

Ao borde do descanso Pablo Rey estrelou unha falta no longueiro e no posterior saque de córner, era Pacheco quen conseguía controlar o balón co corpo dentro da área e bater a Bugy de forte disparo (45´). Na segunda metade ampliaban a ventaxa os visitantes tras un saque de falta lateral maxistralmente executado por Pablo Rey, un luxo para esta Terceira División, que se colaba pola escadra (59´).

Tras unha internada de Pardo, Barbeito derribao entrándolle por detrás, sinalando penalti o colexiado, pena máxima que transformaba Óscar Martínez apretando o marcador (68´), aínda que pouco duraba a ledicia local, porque nunha xogada por banda dereita Toni desfaise de Breijo, centra á área pequena, Luis anticípase a Paco e peitea o esférico ao fondo das mallas (73´).   

Pero nun arreón final os locais lograron salvar o derbi, e tras un pase en profundidade, cabalga Pardo, centra, e chegando só ao segundo pau anota Quique (77´). Posteriormente era o tanque de Ortigueira quen nunha gran xogada recibe un pase do seu ex discípulo no cadete pontés, Jandro, desfaise do seu marcador, regatea a un defensa, e dende o borde da área marca de tiro cruzado pegado ao pau (80´) situando o 4-4 definitivo.

4 CD As Pontes. Bugy (Paco 45´), Pajaro (Berto 45´), Moya (Edgar 78´), Alex López (Dani 45´), Pita (Breijo 45´), Adrián (David 45´), Gonzalo (Óscar 45´), Vilela (Pardo 45´), Iñaki (Jandro 78´), Artai (Quique 45´), Mitogo (Alex Del Río 45´). 

4 UD Somozas. David, Toni, Barbeito, Pacheco (Rafa 52´), Alex Cabarcos, Alberto, Bruno Bellas (Aldán 57´), Luis Nuño (Dani 45´), Marcos Álvarez (Luis Chacón 45´), Pablo Rey (Brais 60´), Iago Blanco (Rojo 45´).   

Goles: 0-1, Iago Blanco (2´), 1-1, Mitogo, de penalti (33´), 1-2, Pacheco (45´). 1-3, Pablo Rey (59´), 2-3, Óscar Martínez, de penalti (68´), 2-4, Luis Chacón (73´), 3-4, Quique (77´), 4-4, Rubén Pardo (80´). 

Incidencias. Campo de O Poboado. Máis de 150 espectadores.  

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s