CD As Pontes Feminino

SAN SILVESTRE AS PONTES 2022

Celebrouse este venres de Reis á tarde

Este venres á tarde celebrouse a San Silvestre pontesa de 2022, que non se puido disputar o día 31 por mor do temporal, e fíxose este venres de Reis pola tarde.

Disputouse na categoría absoluta, con carreira de cinco kilómetros, con saída e chegada na Rúa Alexandre Bóveda, e tamén houbo andaina e proba sub12 e biberón.

Aínda que a intención era facer algo de deporte nestes días festivos e recuperar este evento atlético festivo anos despois da pandemia, resultou gañador absoluto o gran Esteban Díaz.

Houbo chocolate con roscón ao remate do evento para os preto de 200 participantes.  

Nova cortesía Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 0 – SD SOFÁN 0

Partido este domingo á tarde no Campo do Poboado

Reparto de puntos no encontro disputado este domingo á tarde no Campo de O Poboado. O primeiro encontro do ano que supoñía o debut de Pepe Mariño estivo marcado pola chuvia e a auga no campo que facía moi complicado o xogo.

Apenas resaltar polos locais un tiro cruzado de Luis que marcha rozando o pau (57´), e unha falta axustada de Brais. Polos visitantes unha ocasión moi clara de Iván que tras xogada de estratexia cabeceou fora en posición inmellorable (35´), e un remate moi axustado de Fabián que desvía a córner como puido Valentín.

Quintos pola cola con 16 puntos, próxima visita na penúltima xornada da primeira volta ao Ordes, decimoterceiro con 22, con 10 puntos nas últimas catro xornadas.

CD As Pontes. Valentín, Criado, David (Luis 23´), Martínez, Traba, Rogerio, Jandro, Jerome (Jaime 57´), Tijan, Brais (Fernández 70´), Samuel.

SD Sofán. Brais, Iván (Gallego 88´), Noé, Gody, Canedo (Alexandre 57´), Fabián, Pena (Eibe 67´), Dani, Pablo, Paulo (Taibo 76´), Bandera (Junio 60´).

Árbitro. Calviño Pensado. Auxiliado por Álvarez Cebreiro e Castro Liñares. Amarelas a Jandro, Traba, Luis, Valentín, Junio e Taibo.

Incidencias. Campo de O Poboado, en tarde fría e moi chuviosa. Uns 80 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 7 – DEPORCYL GUARDO FS 7

Gran empate do Esteo con tres goles nos últimos instantes ante o segundo clasificado

Sen moito tempo para a celebración navideña, sobre todo para os máis pequenos, voltaba o Esteo á competición apenas un día despois dos Reis, e facíao ante o gran equipo palentino do Guardo, segundo clasificado e campión das dúas últimas ligas regulares.

O equipo pontés foi sempre a remolque e apenas con dous recambios para todo o encontro ante un equipo tan poderoso que na primeira metade se chegou a poñer 0-1 e 1-3, pero empataron os locais con dous tantos consecutivos pouco antes do descanso.

A segunda metade semellaba polos mesmos derroteiros cando os visitantes se adiantaban ao pouco do reinicio nunha desafortunada xogada na que o balón peta no pau, escapalle a Xeito e marca Jorge, e despois tras unha falta evitable Cokito vía a segunda amarela e poucos segundos despois chegaba o 3-5, outra vez de Jorge.

Recurtaba distancias Troncho ao rematar dentro da área un pase de Jandro, pero voltaban a poñer terra de por medio os visitantes cun tiro cruzado de Jorge tras boa xogada de Jose, e o propio xogador era o que marcaba o 4-7 a porta baleira.

Os locais buscaban o gol co xogo de 5 para 4, pero co propio porteiro Xeito na área visitante ao non ter apenas recambios Senen, e so con Troncho dispoñible no banquillo.

Nuns minutos trepidantes locais, Jandro roubou o balón e fixo o quinto, e pouco despois o sexto tras un quiebro e axustar o balón ao pau. Faltando vinte segundos era Héctor o que empalaba un balón ao fondo das mallas tras saque de banda conseguindo un valiosísimo punto para os locais.

O Esteo pecha a primeira voita quinto pola cola, na criba do descenso, con 17 puntos, antes de iniciar a segunda recibindo ao Parrulo B, cuarto, no derbi. Moi ben o equipo e sobre todo Jandro con 4 goles, os mesmos que Jorge, e alcanza os 25 nesta campaña.

O ESTEO FS. Xeito, Cokito, Héctor, Jhony, Troncho – Jandro, Eloy.

DEPORCYL GUARDO FS. Diego, Antonio, Héctor, Jose, Cristian – Soufyane, David, Alberto, Álvaro, Adrián, Jorge.

GOLES. 0-1, Jorge (6´), 1-1, Jandro (8´), 1-2, Antonio (11´), 1-3, Álvaro (16´), 2-3, Jhony (18´), 3-3, Jandro (19´). 3-4, Jorge (22´), 3-5, Jorge (25´), 4-5, Troncho (26´), 4-6, Jorge (33´), 4-7, Jose (37´), 5-7, Jandro (38´), 6-7, Jandro (39´), 7-7, Héctor (40´).

Incidencias. Amarelas a Troncho, Jandro, Héctor, Xeito, Senen, Diego, David. Expulsados por doble amarela Cokito (25´). Uns 80 espectadores no Monte Caxado.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PRIMEIRA AUTONÓMICA. PINTURAS GRANDAL LAGO DVSPORT 2 – TCA INSTALACIÓNS PONTEDEUME FS 3

Partido este domingo á tarde no Monte Caxado

O equipo feminino do Lago voltaba á competición neste 2023 co estreno da segunda volta, e non puido facelo con bo pe, pois no derbi as de Pontedeume devolveron o 1-2 do partido da ida, que servía de inicio a esta Liga.

Este domingo comezaron adiantandose as visitantes cos tantos de Mónica e Candela, e pese a que as locais igualaron cos goles de Carolina, de penalti, e Carla, Candela coa súa segunda diana deu os tres puntos ás de Pontedeume.

Oitavas con 13 puntos, próxima xornada visita ao Aranga. Xogaron Paula, Natalia, Carolina, Carla, Carol; Nerea, Uxía, Sara e a xove Aitana.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CAMPUS LAGO DE AS PONTES 2022

Tivo lugar durante esta semana

Esta semana, de luns a xoves, en horario de mañá e tarde, celebrouse o Campus de Nadal do Clube Baloncesto As Pontes, nos Pavillóns de Monte Caxado e A Magdalena.

Na tarde deste xoves remataba o evento coa entrega dos diplomas aos 40 rapazas e rapaces participantes, con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos.

Entre outras autoridades estiveron presentes no acto o concelleiro Antonio Alonso e o presidente do clube pontés Juan Eladio Pico.

Tamén a cativería puido disfrutar onte á noite do partido da Primeira División Feminina entre o Ensino de Lugo e o Gernika, con triunfo das vascas por 58-65. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s