—

LIGA DE FERROL XUVENIL. CD AS PONTES 5 – SD O VAL B 0
Partido este sábado á tarde no Anexo Jose
Contundente triunfo do Xuvenil pontés no partido disputado no Anexo José este sábado soleado e frío á tarde.
E iso que lle custou marcharse ao equipo local, pois se foi ao descanso 1-0 tralo gol de Antón Varela, quen aproveitou un balón morto na área nunha indecisión visitante.
No inicio do segundo período anotou Anxo Blanco, e xa no último cuarto, outro tanto de Antón Varela e outros dous dos curmáns Ángel Purriños e Xoel Purriños deu os tres puntos e a clara vitoria aos de Joaquín Breijo.
Os azuis son cuartos con 44 puntos antes de visitar ao Meirás, décimo con 32. Xogaron Joel, Adrián, Bruno, Samuel, Mario, Carlos, Mateo, Xandre, Hermida, Ángel, Antón e despois Anxo, David, Xoel e Ramil.


























































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA. CR FENDETESTAS 36 – MAREANTES RC 17
Partido este domingo á mañá no Evaristo Puentes
O equipo pontés do Fendetestas venceu este domingo nunha mañá soleada e fría no Evaristo Puentes ao Mareantes de Pontevedra por 36-17.
O equipo verde leva gañados tres partidos na casa, este de hoxe, 31-6 ao Santiago, e 21-0 ao Zalaeta por incomparecencia, e dúas derrotas, 18-21 ante Muralla e 5-33 ante Campus Ourense.
Fora o rexistro é incluso mellor, pois salvo o 32-0 en Lugo, os verdes gañaron 25-32 en Arteixo, 7-36 en Pontevedra, e 3-49 en Rianxo.
A falta de tres encontros, próxima visita ao líder con pleno de triunfos Campus Ourense, que lidera con 44, por 39 do Muralla e 30 do Fendetestas.
Por detrás, Zalaeta ten 20, Mareantes 12, Santiago 9 e pecha Barbanza con 5.





















































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

TERCEIRA DIVISIÓN GALEGA CORUÑA – FERROL – LUGO. GRUPO B. CB AS PONTES 69 – MONTROVE 91
Partido este domingo á mañá no Monte Caxado
O CB As Pontes de baloncesto pechou este domingo á mañá a súa participación na Liga, no que os partidos na casa se refire, cunha derrota ante o Montrove, cuarto clasificado, por 69-91.
Pese ao desempeño dos rapaces de Javier Barcón, o equipo de Oleiros foise marchando no marcador conforme pasaban os cuartos, 17-22, 36-50 ao descanso, 53-71, ata o definitivo 69-91.
Destacar como máximo anotador do partido ao local Alejandro Pardo con 28 puntos. Os ponteses pecharán a Liga visitando ao ADFRO, terceiro.
















































































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

PRIMEIRA AUTONÓMICA. PINTURAS GRANDAL LAGO DVSPORT 3 – ALTO DO VENTO GLASSDRIVE FS 2
Partido este sábado á tarde no Monte Caxado
Importante vitoria do cadro feminino pontés do Lago no encontro disputado este sábado á tarde no Monte Caxado ante o Alto do Vento de Santiago.
Sobre todo tendo en conta que o cadro de Jacobo Barro foi sempre a remolque, pois se adiantaban as visitantes no primeiro período cando quedaron dúas xogadoras soas e Laura bateu de tiro cruzado a Paula.
Aínda así o cadro local puido empatar antes do descanso nun penalti sobre Paula Castro pero a propia xogadora mandou o balón por riba do longueiro.
Iniciado o segundo tempo si marcou un segundo penalti Paula Baamonde que mesmo fai paradas que marca goles como facía no Poboado.
A pouco do final voltaron a adiantarse as visitantes, por medio de Begoña, pero nuns grandes últimos minutos do cadro azul, un tanto de Carol e outro en propia meta daban os tres puntos ás locais.
Sétimas con 20 puntos próxima visita ao Meigas “B” de Bertamiráns, que suma 7. Xogaron Paula Baamonde, Uxía, Paula Castro, Andrea, Carol, Natalia, Nerea, Carla, Icía.






































































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

LIGA GALEGA BENXAMÍN GRUPO NORTE 1. HC AS PONTES 7 – HC LICEO A CORUÑA B 11
Partido este domingo á mañá en A Magdalena
Este domingo á mañá visitaba As Pontes o histórico Liceo da Coruña das seis Copas de Europa, na súa versión benxamín.
Nun partido moi disputado remataba vencendo por 7-11 o cadro herculino nun gran encontro do equipo lcocal, con seis goles de Sergio Balsa e un de Manuel Soto, e grandes paradas de Mauro Meizoso.
Terceiros con nove puntos, próxima visita ao Dominicos Rojo, con pleno de cinco triunfos. Xogaron Mauro, Xisco, Roque, Xulia, Manuel, Olivia, Sergio, Unai e Xos.
















































































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—