CD As Pontes Feminino

O GOL 3.500 DO CD AS PONTES

Anotado no Saviñao, no 0-4 ao Atlético Escairón

Comezaba esta temporada 2021-22 o CD As Pontes con 3459 goles anotados en partidos oficiais, e rematada a longa primeira fase alcanzabanse os 3496, Lucki anotaba o 3497 en Santa Comba, e Toni de penalti facía o 3498 ante o Santaballés.

Había moitas posibilidades de alcanzar a cifra redonda en Escairón, e vaia si a houbo, que se conseguiron catro goles. Pero o destino fixo que non fora Moreda co primeiro, Iván co terceiro, nin Traba co cuarto. Na comarca de Lemos, foi o segundo, anotado por Lucki, o que supuxo o gol 3500, e o seu sexto tanto como azulón en 14 partidos.

Sucede asi o friolés Diego Fraga Fraga ao irmanísimo Javi Rochela, autor do gol 3.000. O gran lateral dereito non se prodigaba moito en tarefas ofensivas, e co primeiro equipo “so” anotou tres goles en cinco campañas, os tres na 2013-14. Fora o primeiro tanto anotado nun As Pontes 4 – Laracha 2, que se internou por banda dereita, batendo por baixo ao porteiro larachés, un 4 de Xaneiro de 2014, víspera de Reis, co que se alcanzou esa máxica cifra.

I é que os goles conmemorativos do As Pontes parecen ser cuestión de familia, de Javi, irmán de David, Campión Europeo e Subcampión Mundial Sub17, pasamos ao gran medio centro Edgar Alvariño “Edi”, gran parte da súa carreira no Somozas, que anotara o tanto 2.500 nun Sarriana 0 – As Pontes 1, xogado en 2005. Curiosamente o tanto 1.000 marcarao seu pai, o mítico Juan “Recemel”, nun Rápido de Neda 1 – Endesa 4, o terceiro gol desa tarde de 1978.

Outros tantos históricos, o 2.000, anotarao o bravo centrocampista coruñés Ramiro, un dos mellores xogadores da historia deste clube, nun 3-0 ao Deportivo B en 1995, o primeiro gol dese partido, no ano que se gañou a Liga de Terceira, a segunda trala de 1987, e se ascendeu a Segunda B.

O gol número 1.500 marcarao Aneiros, nun Endesa 3 – Lemos 0, o terceiro gol dese día, en 1986, ano da fatídica eliminatoria de ascenso a 2ªB co Polideportivo Almería, e o 500 fora nun Arcade 0 – Calvo Sotelo 7, o sexto dese encontro, aínda que non hai constancia dos goleadores dese partido de 1970. 

Nova cortesía XF e AF

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes, Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s