—

O PONTES ÁNTONIO POLO CAMPELLO, CAMPIÓN DE ESPAÑA EN SEVILLA
Tamén foi cuarto no K2 esta pasada fin de semana.
O sempiterno piragüista do Grupo Xuvenil As Pontes, Antonio Polo Campello, desprazouse a pasada fin de semana ata a capital sevillana para a disputa dos Campionatos de España de Inverno Máster.
Na categoría de 45-49 anos e sobre unha distancia de 5.000 metros resultou gañador, e xa van infinitas medallas de ouro, cun tempo de 22:10:80, apenas 48 milésimas máis rápido que o seu moitas veces compañeiro de fatigas, o viveirense Alberto Pigueiras (Urban Hotel) 22:11:28, e 84 sobre Ricardo Rodríguez (Durius Zamora), 22:11:64, nunha proba con ata 57 participantes.
A pesar de ir cara aos 47 animouse a participar en K2 no rango de 40-44 anos, proba na que xunto a Bruno Rodríguez foron cuartos por detrás da embarcación de Sevilla (Luis Castillo-Carlos Viñas), Ribadesella (Ramón Cerra-Javier Otero) e Urban Hotel (Francisco Vázquez-Alberto Pigueiras).
Foto cortesía Grupo Xuvenil. Nova cortesía XF.
—

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 3 – IES CORUXO FS 3
Partido este sábado á tarde que inauguraba a nova Fraga
Tras un ano e dez meses e medio, case dous anos, voltaba a xogar o Esteo no Pavillón da Fraga. Curiosamente fora o último equipo en xogar aló un 16-5-2021 nun Esteo 2 – Unión Arroyo 3, e o primeiro en estrear o novo pavillón.
Hoxe curiosamente que polo temporal á tarde noite resultaba imposible quitar fotos no Evaristo Puentes, ¿para cando un graderío no desprotexido campo artificial?. Por pedir.
No tocante ao partido, empate 3-3 ante o equipo coruxeiro da magnífica cidade olívica, que unha igualada 5-5 tamén fora o derradeiro resultado dos ponteses na casa ante Segosala, pero entremedias hai que resaltar dous importantes triunfos a domicilio, 5-6 en Pontevedra e 1-5 a semana pasada en Valladolid.
No partido de hoxe podese dar por bo o punto, indo a remolque todo o encontro e sobre todo cos poucos efectivos cos que contaba o conxunto local, cousa habitual por desgraza.
Adiantabanse os vigueses pero sobre a bocina poñía Cokito o 1-1 co que se chegaba ao descanso. No segundo período tras un centro lateral anotaba o seu segundo tanto Iago, pero respondía Troncho tras aproveitar un bo servicio de Jandro.
Este último xogador máximo goleador do equipo foi expulsado por dobre amonestación i en inferioridade tras un mal pase de Xeito aproveitaban os branquivermellos para poñer o 2-3, pero era nun balón morto que lle caeu nos pes a un desmarcado Cokito que non desaproveitaba para facer o 3-3 definitivo.
Os ponteses son duodécimos con 29 puntos, de momento cun colchón de catro puntos, antes de visitar A Estrada, noveno con 32 puntos.
O ESTEO FS. Xeito, Eloy, Héctor, Jhony, Jandro – Cokito, Troncho.
IES CORUXO FS. Antonio, Cristian, Bruno, Daniel, Alexis – Rodrigo, Pablo, Manuel, Iago, Enrique, Alejandro.
GOLES. 0-1, Iago (7´), 1-1, Cokito (19´). 1-2, Iago (30´), 2-2, Troncho (34´), 2-3 Alexis (35´), 3-3, Cokito (37´).
Incidencias. Amarelas a Jhony, Héctor; Adán, Alejandro, Lucas. Expulsado por doble amárela Jandro (33´). Uns 150 espectadores na Fraga.























































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

PRIMEIRA AUTONÓMICA. PINTURAS GRANDAL LAGO DVSPORT 1 – SD VILLESTRO 3
Partido este sábado á noite na Fraga
Tamén as cativas do Lago estiveron presentes na inauguración do novo Pavillón da Fraga e protagonizaron un encontro moi competido e curioso.
Si ben foron capaces de aguantar ata 45 minutos ao líder con pleno de 19 triunfos Villestro de Santiago, nos derradeiros cinco minutos adiantaronse as visitantes por medio de Carla, e pese a que igualaba a gran porteira Paula Baamonde, dous tantos consecutivos de Lidia e Aurora situaban o 1-3 definitivo.
Xogaron Paula, Uxía Cupeiro Nerea, Andrea, Carla; Natalia, Uxía Rodríguez, Carolina, Uxía Pico, Carol e Sara. Rematan a Liga na oitava posición con 20 puntos.


















































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—